{"id":8450,"date":"2010-03-18T07:29:00","date_gmt":"2010-03-18T06:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:00:19","modified_gmt":"2024-11-12T14:00:19","slug":"20100315-pleno-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/03\/18\/20100315-pleno-2\/","title":{"rendered":"20100315, pleno (2 &#8230;)"},"content":{"rendered":"<p>Continuando co <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010\/03\/20100315-pleno.html\">pleno<\/a> en Rogos e Preguntas, entre outras, preguntouse polo coidado do parque dos indianos, a mellora de uso da web do concello, o n\u00famero de empresas e aut\u00f3nomos que solicitan intereses de demora, a altura m\u00e1xima das naves do pol\u00edgono, un escrito de vici\u00f1os das r\u00faas Barcia Trelles e Rosal\u00eda de Castro sobre un conxunto de m\u00e1quinas expendedoras, ou o convenio co bispado polo centro de Alzh\u00e9imer, e se ben o n\u00famero de preguntas coido que foi algo inferior a outras veces, a relevancia das mesmas enviar\u00edaas en xeral a outro lugar e non \u00f3 pleno.<br \/>\nF\u00f3ra de pleno, as <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2010\/03\/preguntas-para-o-pleno-de-20100315.html\">d\u00faas preguntas de O Tes\u00f3n<\/a>, sendo respondidas que estivera vendo o cadro de Su\u00e1rez Couto a t\u00e9cnica do Museo Provincial (en outubro de 2009), estimando o seu estado favorable, pero non emitindo un informe en profundidade por ser necesario para eso un estudo asemade en profundidade. Para o cambio de lugar, non hai moitos sitios no concello que o podan acoller, pero a dificultade est\u00e1 no traslado, que requerir\u00eda o desmonte, polo que de pronto seguir\u00e1 na biblioteca. \u00c9 dicir, est\u00e1 mirado, pero faltan soluci\u00f3ns.<br \/>\nEn canto \u00f3 listado de obras cedidas \u00f3 concello, foi reclamado xa \u00e1 persoa encargada e esp\u00e9rase dispo\u00f1er del con prontitude, momento no que ser\u00e1 presentado.<br \/>\nSobre os puntos 11 a 19, foron moci\u00f3ns diversas, como xa dixen noutra entrada, \u00e1s veces repetidas, con diferente sorte e axustadas cando era o caso \u00e1s directrices de partido a nivel estatal ou galego, como se pode comprobar, e con m\u00e1is ou menos debate segundo o \u00e1nimo concreto do momento m\u00e1is que segundo o contido da propia moci\u00f3n:<br \/>\nA primeira (punto 11), sobre a permanencia do ISM en Ribadeo, aprobada por 10 contra 3 (PSOE), e \u00e1 que se incorporaron a oficina de Capitan\u00eda Mar\u00edtima e o servizo veterinario. Como referencia para enterarse do tema, recomendo este <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2010\/02\/00283-la-continuidad-del-ism-en-ribadeo.html\">artigo<\/a>.<br \/>\nA moci\u00f3n sobre as corridas de touros contou o rexeitamento por 4 (BNG) a favor, 6 en contra e 3 abstenci\u00f3ns (PSOE)<br \/>\nA defensa das Unidades de Xesti\u00f3n Forestal, UXFOR, foi aprobada por 9 a favor contra 4 (PP).<br \/>\nOs puntos 14 e 15 presentaban moci\u00f3ns xemelgas de UUAA (Uni\u00f3ns agrarias) e o SLG (Sindicato labrego galego) en relaci\u00f3n coa defensa das explotaci\u00f3ns e as axudas para as mesmas. A indicar aqu\u00ed que explotaci\u00f3ns semellantes, con terras de monta\u00f1a semellante en Ribadeo e na Fonsagrada, por exemplo, quedar\u00e1n sen subvenci\u00f3n e con subvenci\u00f3n respectivamente segundo os criterios actuais. Foi aprobado por 8 votos (por ausencia moment\u00e1nea dunha concelleira) contra 4 (PP), dando lugar a un dos exabruptos do pleno, coa indicaci\u00f3n do portavoz do PP de que &#8216;non te\u00f1en nin pu\u00f1etera idea de que est\u00e1n a falar&#8217; (referido a concelleiros e concelleiras en defensa das moci\u00f3ns).<br \/>\nA moci\u00f3n sobre o retraso de cobro do IVA \u00f3s aut\u00f3nomos ata o cobro efectivo das facturas recibiu o apoio un\u00e1nime.<br \/>\nAs moci\u00f3ns de BNG e PP sobre a fusi\u00f3n das caixas (puntos 17 e 18) tiveron 8 votos a favor de ambos grupos e 5 abstenci\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Continuando co pleno en Rogos e Preguntas, entre outras, preguntouse polo coidado do parque dos indianos, a mellora de uso da web do concello, o n\u00famero de empresas e aut\u00f3nomos que solicitan intereses de demora, a altura m\u00e1xima das naves do pol\u00edgono, un escrito de vici\u00f1os das r\u00faas Barcia Trelles e Rosal\u00eda de Castro sobre [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-8450","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8450","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8450"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8450\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8450"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8450"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8450"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}