{"id":8448,"date":"2010-03-20T18:56:00","date_gmt":"2010-03-20T17:56:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:00:17","modified_gmt":"2024-11-12T14:00:17","slug":"20100315-pleno-e-iv","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/03\/20\/20100315-pleno-e-iv\/","title":{"rendered":"20100315, pleno (e IV)"},"content":{"rendered":"<p>&#8230; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010\/03\/20100315-pleno-iii.html\">a terceira parte<\/a> e agora, a \u00faltima.<\/p>\n<p>Punto 4 da orde do d\u00eda, Ordenanza Municipal de protecci\u00f3n contra a contaminaci\u00f3n ac\u00fastica.<\/p>\n<p>Interviu primeiramente UPRi, que reservou a decisi\u00f3n do seu voto para unha nova rolda. Lembrou Francisco Rivas a s\u00faa intervenci\u00f3n no 2001 na ordenanza municipal que trataba entre outros o tema do ruido, cualificou a ordenanza que se presentaba como extempor\u00e1nea e aludiu a que deberan existir zonas de especial sensibilidade ac\u00fastica.<\/p>\n<p>Despois falou Balbino P\u00e9rez polo PSOE, que anunciou o seu voto contrario, cualificou a ordenanza f\u00f3ra de lugar, lembrou e xactouse de que existan dous implicados do seu grupo (el mesmo, un deles) nun auto xudicial relacionado co tema e que pode supo\u00f1er a inhabilitaci\u00f3n para cargos p\u00fablicos, e dixo que non houbera comunicaci\u00f3n co sector afectado.<\/p>\n<p>O PP dixo estar de acordo en que \u00e9 necesaria unha OMPCA, pero que lle estra\u00f1aba a premura para a aprobaci\u00f3n (a lembrar que a aprobaci\u00f3n primeira foi anos atr\u00e1s, coa votaci\u00f3n favorable dos grupos) e que non entend\u00eda por que ti\u00f1a que ser m\u00e1is restritiva que a regulaci\u00f3n auton\u00f3mica. Cualificou asemade a orde de inaplicable, lanzando a proposta de que quedara sobre a mesa, unha an\u00e1lise da clasificaci\u00f3n e unha nova letura para axustarse \u00e1 normativa.<\/p>\n<p>O BNG acusou \u00f3s outros grupos de xogo de c\u00e1lculo electoral no momento por riba do interese xeral de Ribadeo (a sala estaba con moitos propietarios de locais), lembrando que ACISA non alegou, e que a ordenanza proposta ven sendo copia de outras, adem\u00e1is de non entender como quen a propuxo no seu momento e non introduxo ningunha proposta nas alegaci\u00f3ns, votaba agora en contra.<\/p>\n<p>Na segunda rolda, Francisco Rivas xuntouse \u00e1 opini\u00f3n de que ter\u00eda moitos problemas para aplicarse, e comentou de pasada que tampouco pasaba nada por pagar unha indemnizaci\u00f3n m\u00ednima (60 \u20ac\/mes, polo momento). Seguiu asemade unha pequena serie de intervenci\u00f3ns sobre estratexia pol\u00edtica e a non actividade durante un ano (dende a anterior tentativa de presentaci\u00f3n no pleno)<\/p>\n<p>Houbo un receso de 5 minutos despois do que o equipo de goberno decidiu por coherencia pol\u00edtica non retirar a presentaci\u00f3n da ordenanza, e na votaci\u00f3n, o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010\/03\/20100315-pleno.html\">antedito resultado de 4 a favor e 9 en contra<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8230; a terceira parte e agora, a \u00faltima. Punto 4 da orde do d\u00eda, Ordenanza Municipal de protecci\u00f3n contra a contaminaci\u00f3n ac\u00fastica. Interviu primeiramente UPRi, que reservou a decisi\u00f3n do seu voto para unha nova rolda. Lembrou Francisco Rivas a s\u00faa intervenci\u00f3n no 2001 na ordenanza municipal que trataba entre outros o tema do ruido, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[98,13,9],"class_list":["post-8448","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-acisa","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8448","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8448"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8448\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8448"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8448"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8448"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}