{"id":8422,"date":"2010-04-08T07:22:00","date_gmt":"2010-04-08T05:22:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:59:33","modified_gmt":"2024-11-12T13:59:33","slug":"os-cans-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/04\/08\/os-cans-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Os cans de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj02QCBdaxyxj0F70LR8VwAohEnV9lF4gYqnX6n8Tz9xKlwsVr7iTUQW7eFQy9mFpZDZ6NG7AoRhma3KPlPtPZbR63Udx3iFklTqOeqObQX94gFCj3OZ4-c-0EFmdmfuAcDzea2nA\/s2048\/cans.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj02QCBdaxyxj0F70LR8VwAohEnV9lF4gYqnX6n8Tz9xKlwsVr7iTUQW7eFQy9mFpZDZ6NG7AoRhma3KPlPtPZbR63Udx3iFklTqOeqObQX94gFCj3OZ4-c-0EFmdmfuAcDzea2nA\/s2048\/cans.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nRemata de facerse p\u00fablico un bando sobre as obrigas dos propietarios de cans en relaci\u00f3n \u00e1s deposici\u00f3ns na v\u00eda p\u00fablica dos animais compa\u00f1\u00eda.<br \/>\nEn relaci\u00f3n co tema, lembrei un posto de aviso en Porto \u00f3 que hai alg\u00fan tempo lle fixen unha foto, que adxunto. No seu momento, chamoume a atenci\u00f3n o lema no seu letreiro, \u201cnon deixe no noso chan o que \u00e9 s\u00f3 do seu can\u201d. E \u00e9 que o can \u00e9 do seu dono, pero o pobo \u00e9 de todos.<br \/>\nAqu\u00ed l\u00e9vase falado varias veces, e tomado medidas en teor\u00eda outras tantas, para evitar que as beirar\u00faas e os parques sexan un perigo para os zapatos ou para os nenos. Quiz\u00e1is sexa lembrando esas iniciativas previas que na nota de prensa se fale de &#8216;este novo aviso&#8217; e que se indique que a Polic\u00eda Local \u201cfar\u00e1 o seu traballo e sancionar\u00e1\u201d \u00f3s propietarios que leven o can sen bozal ou non recollan as deposici\u00f3ns correspondentes. Posiblemente se a poboaci\u00f3n estivera afeita (\u00e9 dicir, todos n\u00f3s estiveramos afeitos) a que despois dun per\u00edodo prudencial de adaptaci\u00f3n as normas hai que cumprilas, non far\u00eda falta o &#8216;novo aviso&#8217;, a advertencia de sanci\u00f3n, etc.<br \/>\nO feito \u00e9 que en Ribadeo hai xa dende alg\u00fan tempo atr\u00e1s postos para subministrar bolsas e recoller as cagadas, e xente que o fai. A primeira vez que o vin, mirei entre asombro e curiosidade: coller unha cagada do chan, e dun can&#8230; Hoxe, a\u00ednda que a experiencia siga a ser limitada, xa non \u00e9 raro ver que algu\u00e9n recolle as feces do seu can ou cadela. E hai algo que non podemos esquecer: a merda que se recolle \u00f3 momento non se ve; a que se deixa, vese ata que se recolle. E segundo o horario, sitio e dem\u00e1is, pode ser vista por moita xente. Se se recolle, en certo xeito \u00e9 como se o can deixara o espazo libre, mentras que se queda a cagada, o espazo est\u00e1 ocupado, f\u00e1is visble a s\u00faa ocupaci\u00f3n, e de mal xeito. \u00c9 dicir, \u00e9 moito m\u00e1is doado ver a merda que estimar a limpeza. Por iso tam\u00e9n, e para compensar, debera haber alg\u00fan medio de facer visibles as persoas que cumpren coa recollida<br \/>\nQu\u00e9dome con parte da cita final do alcalde: &#8220;vivimos nun mundo no que tratamos de ser o m\u00e1is civilizados posible, tentamos ter unha cordialidade entre todos para compartir o medio que nos rodea\u201d. Para iso soe ser necesario un pouco de vontade e de bondade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Remata de facerse p\u00fablico un bando sobre as obrigas dos propietarios de cans en relaci\u00f3n \u00e1s deposici\u00f3ns na v\u00eda p\u00fablica dos animais compa\u00f1\u00eda. En relaci\u00f3n co tema, lembrei un posto de aviso en Porto \u00f3 que hai alg\u00fan tempo lle fixen unha foto, que adxunto. No seu momento, chamoume a atenci\u00f3n o lema no seu [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-8422","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8422","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8422"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8422\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8422"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8422"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8422"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}