{"id":8405,"date":"2010-04-20T07:40:00","date_gmt":"2010-04-20T05:40:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:59:06","modified_gmt":"2024-11-12T13:59:06","slug":"plans-e-informacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/04\/20\/plans-e-informacion\/","title":{"rendered":"Plans e informaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>En Ribadeo hai censadas unhas 10 000 persoas, das que son maiores de idade unhas 8 000. Canta xente sabe que \u00e9 o POL en Ribadeo? E canta lle botou unha ollada?<br \/>\nQuen lembra a estas alturas que o PXOM est\u00e1 en tr\u00e1mite de revisi\u00f3n de alegaci\u00f3ns? Coido que m\u00e1is ou menos todo o mundo sabe que \u00e9 e que o Plan Xeral de Ordenaci\u00f3n Municipal, tratando cuesti\u00f3ns relacionadas co urbanismo, segue en tramitaci\u00f3n. Pero a falta de novas sobre o tema fan que desapareza da memoria. No seu momento, moveuse abondo porque afecta a propiedades e pr\u00e1cticamente \u00e1 totalidade de familias do municipio, e todo o mundo quer\u00eda saber aquelo de &#8216;que hai do meu?&#8217;. Unha vez m\u00e1is ou menos fixada ou alegado o que sexa que corresponda \u00e1 parcela particular, parece que remata o tema. Pero non \u00e9 as\u00ed: o &#8216;tema&#8217; afecta a todos en conxunto, a parte das propiedades particulares de cada quen: a ordeaci\u00f3n xeral non se fai, non se pode facer, de xeito independente unha parecela da outra. E non s\u00f3 est\u00e1 por rematar, sen\u00f3n que parece que o seu remate se alonga no tempo cada vez m\u00e1is, e tam\u00e9n se complica o cami\u00f1o. Unha mostra do primeiro, o alonxamento no tempo, \u00e9 que aparentemente falta tanto para dar carpetazo \u00f3 PXOM como faltaba hai un ano. En canto \u00f3 segundo, a complicaci\u00f3n que conleva, p\u00f3dese dicir &#8216;nestas estabamos cando chegou o POL&#8217;. A\u00ednda con todo eso, o PXOM segue desaparecido, e mesmo tendo en parte esa desaparici\u00f3n a protecci\u00f3n legal do segredo que leva consigo a tramitaci\u00f3n, para que non haxa privilexios informativos.<br \/>\nO POL, Plan de Ordeamento Litoral, foi presentado pola Xunta a comezos de ano e p\u00f3dese acceder a diversa informaci\u00f3n sobre o mesmo (por exemplo, en <a href=\"http:\/\/www.blogger.com\/Plans%20e%20informaci%C3%B3n\">http:\/\/www.ilux.es\/es\/POL<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.xunta.es\/litoral\/web\/index.php\/descargables\">http:\/\/www.xunta.es\/litoral\/web\/index.php\/descargables<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.xunta.es\/litoral\/web\/index.php\/cartografia\">http:\/\/www.xunta.es\/litoral\/web\/index.php\/cartografia<\/a>), \u00f3 tempo que o periodo inicial de contestaci\u00f3n e presentaci\u00f3n de alegaci\u00f3ns ou propostas dos concellos foi ampliado de dous a tres meses. Nese tempo, en Ribadeo un (&#8216;1&#8217;) partido con representaci\u00f3n no concello fixo varias charlas para difundir esa mesma informaci\u00f3n. E &#8230; e m\u00e1is nada. As propostas? Nos d\u00edas xusto de sa\u00edda, cr\u00edticas a traverso da prensa, pero que lembre, non propostas de variaci\u00f3n en firme, apoiadas por datos e con xu\u00edzo. Dende aquela, e xa en datas de remate de prazos para resposta dos concellos, nada &#8230; e o POL ven con alg\u00fans cadros (espazos para obxectivos, acci\u00f3ns, etc) que s\u00f3 especifican &#8216;A completar tras a fase de participaci\u00f3n p\u00fablica e consultas&#8217;. Por algo ser\u00e1.<br \/>\nAs\u00ed as cousas, parecer\u00eda que o POL non afecta moito a Ribadeo. Mais con s\u00f3 ver que ten catro unidades paisax\u00edsticas separadas para a r\u00eda de Ribadeo e outras tres na costa cant\u00e1brica, todas elas en terreo administrado polo concello de Ribadeo, e abranguendo polo interior as zonas tratadas en planos ata puntos como o Comado, \u00e9 dif\u00edcil dubidar da s\u00faa importancia para o municipio e da conveniencia de prestarlle un pouco m\u00e1is de atenci\u00f3n e de informar \u00e1 xente de se hai ou non propostas dende o concello para a s\u00faa modificaci\u00f3n.<br \/>\nPor certo, o POL, de sere rematado antes que o PXOM (cousa moi probable), obrigar\u00e1 a redibuxar aspectos do plan xeral, pois ter\u00e1 que aterse \u00e1s normas deste, o que a\u00ednda alongar\u00e1 m\u00e1is a data na que podamos ter un PXOM do s\u00e9culo XXI en troques dun vetusto PXOM con 33 anos e fac\u00e9ndose m\u00e1is vello. Anos nos que Ribadeo cambiou abondo e outros Ribadeo foron posibles.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Ribadeo hai censadas unhas 10 000 persoas, das que son maiores de idade unhas 8 000. Canta xente sabe que \u00e9 o POL en Ribadeo? E canta lle botou unha ollada? Quen lembra a estas alturas que o PXOM est\u00e1 en tr\u00e1mite de revisi\u00f3n de alegaci\u00f3ns? Coido que m\u00e1is ou menos todo o mundo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,9],"class_list":["post-8405","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8405","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8405"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8405\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8405"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8405"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8405"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}