{"id":8402,"date":"2010-04-22T07:32:00","date_gmt":"2010-04-22T05:32:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:59:01","modified_gmt":"2024-11-12T13:59:01","slug":"mirando-cara-fora-as-multas-ductis","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/04\/22\/mirando-cara-fora-as-multas-ductis\/","title":{"rendered":"Mirando cara f\u00f3ra: as multas d\u00factis"},"content":{"rendered":"<p>Comeza (quiz\u00e1is m\u00e1is ben contin\u00faa) a ser frecuente que aparezan novas nas que un sector produtivo pide menos severidade na aplicaci\u00f3n da lei para o seu beneficio. O \u00faltimo caso na vici\u00f1anza \u00e9 o de Navia, hoxe <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2010\/04\/22\/0003_8434431.htm\">nova porque o comercio critica \u00e1 polic\u00eda local polo celo nas multas<\/a>. O motivo da queixa \u00f3 fin v\u00e9se que non \u00e9 que se po\u00f1an moitas ou poucas multas, sen\u00f3n que as multas poden facer fuxir clientes. \u00c9 dicir, a mentalidade \u00e9 a de que as multas deben adecuarse ad-hoc, que deben po\u00f1erse \u00e1 conveniencia do comercio.<br \/>\nO corporativismo \u00e9 algo moi visto, a defensa dos intereses dun conxunto definido como se fora un s\u00f3 ser, asumindo que unha parte pode facer mal as cousas pero &#8216;\u00e9 a nosa parte&#8217;. Algo as\u00ed como se unha persoa estivera enferma do coraz\u00f3n pero o resto do corpo asumira que como o coraz\u00f3n \u00e9 parte integrante do corpo, haber\u00eda que defender a maldade do coraz\u00f3n. Coido que \u00e9 il\u00f3xico, pero \u00e9 algo corrente, que a nivel empresarial vai un pouco m\u00e1is al\u00f3, algo as\u00ed como se para garantir que algu\u00e9n este\u00f1a mellor relativamente, outra persoa debe ser obrigada a enfermar.<br \/>\nPara iso non co\u00f1ezo un nome parello \u00f3 de &#8216;corporativismo&#8217;, pero non por iso deixa de estar tanto ou m\u00e1is desenvolta unha tradici\u00f3n nese sentido, dende a contaminaci\u00f3n (tentando de rebaixar niveis para permitir excesos, ou rendibilidade para alg\u00fans a conta de enfermidade do que \u00e9 de todos) \u00e1 nova de hoxe, onde o que se pretende \u00e9 modelar a aplicaci\u00f3n da lei para beneficio dun colectivo.<br \/>\nPara rematar, unha cousa a ter en conta: dase a t\u00f3dolos niveis con diferentes temas. Exemplos? Dende &#8216;Am\u00e9rica para os (norte)americanos&#8217; ou &#8216;o que \u00e9 bo para a General Motors \u00e9 bo para Am\u00e9rica&#8217; para abaixo, os que se queiran.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Comeza (quiz\u00e1is m\u00e1is ben contin\u00faa) a ser frecuente que aparezan novas nas que un sector produtivo pide menos severidade na aplicaci\u00f3n da lei para o seu beneficio. O \u00faltimo caso na vici\u00f1anza \u00e9 o de Navia, hoxe nova porque o comercio critica \u00e1 polic\u00eda local polo celo nas multas. O motivo da queixa \u00f3 fin [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,9],"class_list":["post-8402","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8402","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8402"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8402\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8402"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8402"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8402"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}