{"id":8387,"date":"2010-05-03T07:55:00","date_gmt":"2010-05-03T05:55:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:58:36","modified_gmt":"2024-11-12T13:58:36","slug":"consolidacion-musical","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/05\/03\/consolidacion-musical\/","title":{"rendered":"Consolidaci\u00f3n musical"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEirnk2NDuim8KmWRbVHTVJ3WwR0ihuCXgstHXKJz3YDG7hxy-XsitQBh9FZ2DThd3SRdUP__V-H6PtvOBaO8fm2rbbqtqEz8rDp6UltE02et5_zLsklWaJ0Eca0H2EdB4oup7ZzSQ\/s2048\/logo+certame+Hern%C3%A1n+Naval.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEirnk2NDuim8KmWRbVHTVJ3WwR0ihuCXgstHXKJz3YDG7hxy-XsitQBh9FZ2DThd3SRdUP__V-H6PtvOBaO8fm2rbbqtqEz8rDp6UltE02et5_zLsklWaJ0Eca0H2EdB4oup7ZzSQ\/s2048\/logo+certame+Hern%C3%A1n+Naval.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nDende hai tempo, Ribadeo \u00e9 un pobo con moita relaci\u00f3n coa m\u00fasica. Esta relaci\u00f3n de hai tempo ten pasado diversos avatares. Est\u00e1 documentada no per\u00edodo de <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Carlos_%C3%81lvarez_Fern%C3%A1ndez-Cid\">Carlos Cid<\/a>, a ra\u00edz do libro &#8220;<a href=\"http:\/\/www.mcu.es\/webISBN\/tituloSimpleDispatch.do;jsessionid=F8FD7AB8A0C1A91637FF24CEAC21546C\">Cincuenta a\u00f1os de m\u00fasica en Ribadeo: biograf\u00eda musical de Carlos \u00c1lvarez y Fern\u00e1ndez-Cid<\/a>&#8220;, realizado por Carlos \u00c1lvarez Lebredo, pero nin o per\u00edodo anterior nin o posterior que surcou case en solitario a Coral Polif\u00f3nica ata a creaci\u00f3n da Banda de M\u00fasica, encargo de Amadores da M\u00fasica a <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Hern%C3%A1n_Naval\">Hern\u00e1n Naval<\/a>, nin o correspondente \u00f3 decenio longo que Hern\u00e1n desenvoltou a s\u00faa labor en Ribadeo, na banda e no ensino, nin o posterior ata os nosos d\u00edas co que coido que se pode chamar dalg\u00fan xeito &#8216;escola musical de Ribadeo&#8217; ou &#8216;escola de Hern\u00e1n&#8217;, est\u00e1n documentados como deberan.<br \/>\nEste \u00faltimo per\u00edodo, no tocante \u00f3 que corresponde \u00e1 m\u00fasica instrumental, Ribadeo ten sufrido diversas situaci\u00f3ns que botar\u00edan \u00f3 traste con este tipo de m\u00fasica, de non sere polo coidado posto por un grupo de xente dentro de Amadores primeiro, como logo por separado despois e con renovado \u00edmpetu no novo grupo <a href=\"http:\/\/musiqueandoribadeo.blogspot.com\/\">Musiqueando<\/a>, tendo procurado e conseguido nesta \u00faltima etapa apoio institucional.<br \/>\nAs\u00ed chegamos \u00e1 actualidade, na que a realizaci\u00f3n do II Certame de int\u00e9rpretes mozos Hern\u00e1n Naval (ver nota de prensa na parte final da entrada) entre s\u00e1bado e domingo pode dicirse que consolidou a calidade desta convocatoria \u00f3 tempo que redondeou a s\u00faa coidada preparaci\u00f3n, do folleto \u00e1 limitaci\u00f3n de prazas en d\u00faas categor\u00edas ou \u00e1 regulaci\u00f3n de entrada (libre) de p\u00fablico, por enumerar alg\u00fan aspecto visible.<br \/>\nDeixo en <a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/\">publicado en Ribadeo<\/a>, a car\u00f3n do<a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/I+Certame+de+Int%C3%A9rpretes+Mozos+Hern%C3%A1n+Naval\"> folleto da 1\u00aa edici\u00f3n<\/a>, o correspondente a <a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/II+Certame+de+Int%C3%A9rpretes+Mozos+Hern%C3%A1n+Naval\">este II Certame de int\u00e9rpretes mozos Hern\u00e1n Naval<\/a>, onde aparecen as biograf\u00edas dos int\u00e9rpretes (folleto principal), as\u00ed como as condici\u00f3ns de inscrici\u00f3n e o desenvolvemento do primeiro e segundo d\u00eda do certame (follas escaneadas en conxunto, pero que constit\u00faen documentos aparte), a\u00ednda sen co\u00f1ecer o resultado do xurado [ver comentario posterior].<br \/>\nNon apunto nomes, que de seguro me esquecer\u00eda de alg\u00fan, nin traxectorias, tan diversas unhas das outras, pero cando falo de &#8216;escola musical de Hern\u00e1n&#8217; non me estou referindo s\u00f3 a un grupo de novos m\u00fasicos, que tam\u00e9n, sen\u00f3n a un grupo de xente entusiasmada coa m\u00fasica, entusiasmo que naceu a traverso do contacto cunha persoa que llo fixo nacer, Hern\u00e1n Naval. Xente amigos entre si, de idade parella, o que facilita que o seu xeito de obrar se acomode a unha sinerxia que da un rendemento que salta \u00e1 vista xa no presente, no que est\u00e1 a\u00ednda iniciando as s\u00faas actividades.<br \/>\nAlghunha cousa anterior relacionada:<br \/>\n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/07\/i-certame-de-intrpretes-mozos-hernn.html\">Nota de prensa do I Certame<\/a><br \/>\n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/07\/arquivo-hernn-naval-sada-do-alcalde.html\">Sa\u00fada do alcalde<\/a><br \/>\n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/07\/das-reseas_07.html\">D\u00faas rese\u00f1as<\/a><br \/>\nUn comezo: <a href=\"http:\/\/ribadeo.webcindario.com\/HN\/listaHN.html\">Arquivo dixital hern\u00e1n Naval<\/a><br \/>\n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search\/label\/Hern%C3%A1n%20Naval\">\u00daltimos artigos no blog sobre Hern\u00e1n<\/a><br \/>\n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/12\/2-entrada-de-hoxe-biografa-de-hernn.html\">Biograf\u00eda de Hern\u00e1n<\/a><br \/>\n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/12\/hernn-hernn-naval-escritos-e-prensa.html\">Hern\u00e1n Naval, Escritos e prensa<\/a> (listado que foi seguido en meses seguintes de m\u00e1is de media centea de artigos relacionados con Hern\u00e1n reproducidos no blog, cada un cunha pequena ficha introductoria)<br \/>\n\t<meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title> \t \t<meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 3.1  (Linux)\"> \t  <span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:180%;\"><strong>Bota a cami\u00f1ar a II edici\u00f3n do Certame de Int\u00e9rpretes Mozos \u201cHern\u00e1n Naval\u201d de Ribadeo<\/strong><\/span><\/span> <\/p>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:130%;\">O \txurado est\u00e1 formado por tres reco\u00f1ecidos profesionais de \tdiferentes especialidades.<\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:130%;\">A \tfase final dar\u00e1 comezo esta tarde \u00e1s 18.00 horas.<\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><strong>Redacci\u00f3n. Ribadeo. <\/strong><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span style=\"font-weight: normal;\">Na tarde de onte deu comezo no Auditorio Municipal \u201cHern\u00e1n Naval\u201d de Ribadeo a segunda edici\u00f3n do Certame de Int\u00e9rpretes Mozos \u201cHern\u00e1n Naval\u201d de Ribadeo. Esta iniciativa musical est\u00e1 organizada pola Asociaci\u00f3n Cultural Musiqueando coa colaboraci\u00f3n da Concellar\u00eda de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo, a Vicepresidencia Primeira da Excma. Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo, a Asociaci\u00f3n Amadores da M\u00fasica e m\u00e1is a Escola Municipal de M\u00fasica e Danza de Ribadeo. <\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Antes do inicio da actividade musical, \u00e1s 13.00 horas, no sal\u00f3n de plenos da Casa do Concello de Ribadeo, f\u00edxose a presentaci\u00f3n oficial do certame na que se deu a co\u00f1ecer o nome das persoas que integran o xurado. A violinista Beatriz Rodr\u00edguez, o pianista e director do Conservatorio Profesional de M\u00fasica \u201cXan Via\u00f1o\u201d de Ferrol, Jos\u00e9 Manuel Ya\u00f1ez Carballeira as\u00ed coma o clarinetista Francisco San Ram\u00f3n ser\u00e1n os encargados de avaliar as actuaci\u00f3ns das dezaoito mozas e mozos que participan nas d\u00faas categor\u00edas, profesional e superior do certame. Suso L\u00f3pez, presidente da Asociaci\u00f3n Musical Musiqueando, agradeceu \u201ca disposici\u00f3n das persoas que integran o xurado para estar presentes en Ribadeo e valorou, sobre todo, a s\u00faa versatilidade, pois os tres combinan valores que para n\u00f3s son moi importantes: a experiencia docente, interpretativa e a s\u00faa aposta pola innovaci\u00f3n pedag\u00f3xica, algo que Hern\u00e1n mantivo vivo ao longo da s\u00faa carreira \u00e1 fronte da Escola e m\u00e1is a Banda de Ribadeo\u201d. <\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">No acto tam\u00e9n interviron o alcalde ribadense, Fernando Su\u00e1rez, a presidenta de Amadores da M\u00fasica, Teresa Gonz\u00e1lez, e m\u00e1is o deputado-delegado da \u00e1rea de Cultura da Excma. Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo, Antonio Veiga Outeiro. Nas s\u00faas intervenci\u00f3ns destacaron o papel que Hern\u00e1n Naval xogou no desenvolvemento musical de Ribadeo e ratificaron o seu compromiso coa celebraci\u00f3n dun certame que \u201cmant\u00e9n vivo o esp\u00edrito co que Hern\u00e1n traballou ao longo da s\u00faa vida, sempre ao car\u00f3n das mozas e mozos que se adican ao mundo da m\u00fasica ou da cultura, facilit\u00e1ndolles un espazo no que amosar os seus co\u00f1ecementos, espazo que agora representa este certame\u201d. <\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Logo da semifinal de ambas e d\u00faas categor\u00edas que se celebrou onte, ser\u00e1 hoxe cando se decidan as ou os premiados no certame. A final comezar\u00e1 \u00e1s seis da tarde con cinco participantes en cada unha das categor\u00edas. Unha vez rematadas as s\u00faas actuaci\u00f3ns o xurado retirarase para proceder \u00e1 deliberaci\u00f3n e posterior proclamaci\u00f3n de ga\u00f1adoras\/es. Esta segunda edici\u00f3n do certame reparte un total de 1.700 euros en premios.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Durante a final actuar\u00e1 tam\u00e9n o grupo de danza da Escola Municipal de M\u00fasica e Danza de Ribadeo dirixido por Mar\u00eda Justo. As actuaci\u00f3n son gratuitas e de libre acceso para todas aquelas persoas que desexen asistir a elas.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><strong>A continuaci\u00f3n adxuntamos un dossier no que figuran o curr\u00edculum v\u00edtae tanto das persoas participantes no mesmo coma das que integran o xurado.<\/strong><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><strong>CURR\u00cdCULUMS  XURADO<\/strong><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><strong>FRANCISCO SAN RAM\u00d3N CALVO<\/strong><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"left\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Naceu no pobo valenciano de Llombai e al\u00ed, na sociedade musical do seu lugar de nacemento comezou o seu contacto co mundo da m\u00fasica. Formouse nos Conservatorios Superior de Madrid e m\u00e1is da Coru\u00f1a obtendo na cidade herculina o t\u00edtulo de profesor superior. Realizou cursos e clases maxistrais de clarinete con nomes coma Vicente Pe\u00f1arrocha, Andrew Mariner, Michel Arrignon, Jejuda Gilad, Enrique P\u00e9rez Piquer ou Carlos Casad\u00f3, entre outros. Al\u00e9n disto ten unha praza como clarinetista, da que actualmente est\u00e1 en excedencia voluntaria, no Corpo de M\u00fasicos Militares onde acadou a Cruz do M\u00e9rito Naval con Distintivo Branco. Destaca pola s\u00faa labor pedag\u00f3xica form\u00e1ndose e traballando arreo neste eido. Como creador e impulsor do Grupo de C\u00e1mara de Ferrol participou nos concertos did\u00e1cticos para escolares \u201cVenres Musicais\u201d. As\u00ed mesmo, forma parte do cuarteto de clarinetes \u201cMare Nostrum\u201d de Ferrol e m\u00e1is do quintento de vento \u201cCidade de Ferrol\u201dcos que ten actuado por diferentes localidades da xeograf\u00eda galega. Como docente impartiu aulas nas escolas de m\u00fasica de Pontedeume, no Liceo Rubia Barcia de Ferrol, na asociaci\u00f3n cultural Sementeira de Nar\u00f3n, no Conservatorio de M\u00fasica de Fingoi ou na Escola Municipal de M\u00fasica e Danza de Ribadeo. Como director dirixiu a banda de m\u00fasica da Escola de M\u00fasica Charamela de Pontedeume, e na actualidade \u00e9 director da Banda Infantil Sementeira e da Xoven Banda de Nar\u00f3n. Tam\u00e9n foi director de diferentes formaci\u00f3ns corais. A s\u00faa vocaci\u00f3n innovadora levouno a participar en diferentes actividades acad\u00e9micas que mesturan o ensino musical e m\u00e1is as novas tecnolox\u00edas, actuando como po\u00f1ente no I Curso de Iniciaci\u00f3n \u00e1 Inform\u00e1tica do Conservatorio de Ferrol.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><strong>BEATRIZ RODRIGUEZ CARIDAD<\/strong><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">No conservatorio da s\u00faa Coru\u00f1a natal realizou estudos superiores de viol\u00edn que combinou cos de m\u00fasica de c\u00e1mara no Conservatorio Superior de Oviedo, rematando ambas e d\u00faas especialidades cun premio de Honra Fin de Carreira. Completou a s\u00faa formaci\u00f3n con mestres coma Manuel Guill\u00e9n, Thijs Kramer, Ruggiero Ricci, F\u00e9lix Ayo, M. Khommitzer ou Rainer Sonne, entre outros. Ao longo da s\u00faa traxectoria musical ten actuado coa Orquestra Iberoamericana en Venezuela, coa Joven Orquesta Nacional de Espa\u00f1a e como viol\u00edn principal na Rotterdam Young Philarmonic holandesa. Participou na fundaci\u00f3n da Orquestra de C\u00e1mara Galega coa que ten actuado por diferentes pa\u00edses tanto en Europa coma en America Latina ou Norteam\u00e9rica.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Acompa\u00f1ada polo pianista Jos\u00e9 Manuel Y\u00e1\u00f1ez Carballeira ofreceu varios concertos por diferentes cidades do estado nos que recuperaban e estreaban obras de compositoras e compositores galegos. Logo de dar clases no Conservatorio Profesional de M\u00fasica de Ferrol, na actualidade \u00e9 profesora do Conservatorio Superior de M\u00fasica da Coru\u00f1a.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><strong>JOS\u00c9 MANUEL Y\u00c1\u00d1EZ CARBALLEIRA<\/strong><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Recibiu as s\u00faas primeiras lecci\u00f3ns de piano da man de Natalia Lamas no Conservatorio Superior de M\u00fasica da Coru\u00f1a para logo continuar a s\u00faa formaci\u00f3n cos profesores Luis Galve, Manuela Carra, El\u00edas Arizcuren, Luca Chiantore ou Almudena Cano. Baixo a tutela de Albert Attenelle realizou o Mestrado en Interpretaci\u00f3n de Piano da Universidade da Coru\u00f1a. Como pianista ten realizado concertos como solista e tam\u00e9n en formaci\u00f3ns como a Joven Orquesta Nacional de Espa\u00f1a (JONDE), a Orquestra de C\u00e1mara Municipal da Coru\u00f1a, a Orquestra Sinf\u00f3nica de Galicia ou a Banda Municipal da Coru\u00f1a. Nos \u00faltimos anos participou en diferentes proxectos musicais e en novas propostas que mesturan a m\u00fasica cos monicreques ou a danza. \u00c9 membro da Asociaci\u00f3n Galega de Int\u00e9rpretes de M\u00fasica Cl\u00e1sica (ASGAIM) as\u00ed como promotor e int\u00e9rprete do proxecto \u201cA m\u00fasica cami\u00f1o divino\u201d celebrado en La Rioja co gallo do Xacobeo 2004.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\">Na actualidade \u00e9 director do Conservatorio Profesional de M\u00fasica \u201cXan Via\u00f1o\u201d de Ferrol e profesor de piano no Conservatorio Superior de M\u00fasica da Coru\u00f1a.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"es-ES\" align=\"left\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><strong>CURR\u00cdCULUMS PARTICIPANTES<\/strong><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"es-ES\" align=\"left\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><strong>GRAO PROFESIONAL<\/strong><\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<ol>\n<li> <span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Roc\u00edo \tBalboa Garc\u00eda. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><span style=\"font-weight: normal;\">Naceu na Coru\u00f1a no 1991 e comezou dende moi nova os estudos de frauta que contin\u00faa na actualidade no Conservatorio Profesional de M\u00fasica da cidade herculina. Al\u00e9n da formaci\u00f3n regrada participou en cursos de perfeccionamento con mestres da frauta traveseira coma Salvador Espasa, Walter Auer, Vicens Prats ou Claudia Walker. Logo de estar presente nos encontros da Nova Orquestra Galega das Artes ou en varias edici\u00f3ns do \u201cEncontro de M\u00fasicos Mozos de Arag\u00f3n\u201d foi seleccionada como integrante da Banda Sinf\u00f3nica do Instituto Aragon\u00e9s da Xuventude so a direcci\u00f3n de Bert Appermont.<\/span><\/span><\/span><\/span><\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Fabio \t\u00c1lvarez Gonz\u00e1lez.<\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"> \tEste mozo ourens\u00e1n comezou a s\u00faa andaina como pianista na Pobra de \tTrives. Logo ingresou no Conservatorio de Profesional de M\u00fasica de \tOurense onde estuda na actualidade o sexto curso do Grao \tProfesional. Asistiu a clases con mestres de reco\u00f1ecido prestixio \tcoma Eldar Nebolsin, Mariana Gurkova, Mar\u00eda Teresa P\u00e9rez ou \tGustavo D\u00edaz-Jerez. Ten participado en diferentes concertos e \trecitais do centro ourens\u00e1n no que estuda.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Iv\u00e1n \tAbel Bruzos. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><span style=\"font-weight: normal;\">Naceu \ten Lugo en 1992 e con tan s\u00f3 oito anos de idade comezou os seus \testudos de saxof\u00f3n no Conservatorio Profesional de M\u00fasica da \tcidade das murallas onde contin\u00faa na actualidade como alumno do \tsexto curso do grao profesional. Talleres con diferentes mestres do \tsaxof\u00f3n e a participaci\u00f3n no I Encontro de Bandas Sinf\u00f3nicas dos \tConservatorios Profesionais de Galicia son parte do curr\u00edculum \tdeste mozo que na actualidade combina a s\u00faa preparaci\u00f3n acad\u00e9mica \tcoas actuaci\u00f3ns da big-band \u201cMurajazz\u201d ou a Banda de M\u00fasica de \tFoz.<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Gerardo \tFern\u00e1ndez \u00c1lvarez. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\">Comezou \tos seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de M\u00fasica de \tLugo \u00e1 idade de nove anos na especialidade de saxof\u00f3n. Ao longo da \ts\u00faa carreira musical asistiu a cursos de perfeccionamento \timpartidos por profesores coma Narciso Pillo, Francisco Mart\u00ednez ou \tMarcos Mari\u00f1o, entre outros. Combina os seus estudos no \tConservatorio Profesional de M\u00fasica de Lugo tocando en distintas \tformaci\u00f3ns de m\u00fasica de c\u00e1mara as\u00ed coma no cuarteto \u201cLucus \tAppasionatto\u201d ou na big-band \u201cMurajazz\u201d.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Irene \tRodr\u00edguez Rodr\u00edguez. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><span style=\"font-weight: normal;\">Naceu \ten Ribadeo no ano 1991 e estuda sexto de grao profesional no \tConservatorio da Coru\u00f1a. Ao longo da s\u00faa carreira formou parte de \tdiferentes grupos de percusi\u00f3n ao tempo que completaba a s\u00faa \tformaci\u00f3n coa asistencia a cursos dos mestres Jos\u00e9 Vicente Faus, \tPilar Garc\u00eda, Markus Leoson ou Julio S\u00e1nchez. Forma parte do coro \tda Orquestra xuvenil da Orquestra Sinf\u00f3nica de Galicia e ten \tgravado varios discos tanto coa Coral Polif\u00f3nica de Ribadeo, \u00e1 que \tpertence, coma con outras agrupaci\u00f3ns. Participou tam\u00e9n na \tgravaci\u00f3n, coa Banda Municipal de Ribadeo da que \u00e9 integrante, da \tbanda sonora do filme \u201cLos Muertos van Deprisa\u201d de \u00c1ngel de la \tCruz.<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Nara \tCarballal Nogueira. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\">Naceu \ten Xove en 1994 e na actualidade estuda sexto curso de Grao \tProfesional na especialidade de violonchelo. Compaxina os estudos na \tEscola Municipal de M\u00fasica de Mondo\u00f1edo coas clases que recibe da \tprofesora B\u00e1rbara Switalska. Pertence \u00e1 Orquestra Cl\u00e1sica de \tXove, coa que gravou a zarzuela \u201cNon chores Sabeli\u00f1a\u201d e \tcolabora con grupos de m\u00fasica folque como violonchelista. Ga\u00f1ou o \tprimeiro premio no Certame de Int\u00e9rpretes Mozos na vila de \tOrtigueira en 2009.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Ana \tLeir\u00f3s Araujo. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\">Naceu \ten Vigo en 1990 e con oito anos comeza os seus estudos de clarinete \tno seo da Banda-Escola de M\u00fasica de Beade. Tres anos despois \tingresa no Conservatorio Profesional de M\u00fasica de Vigo onde cursa \tquinto curso de grao profesional. Ten realizado diferentes cursos de \tt\u00e9cnica e interpretaci\u00f3n de clarinete con mestres coma Vicente \tAlberola, Carlos G\u00e1lvez, Yehuda Gilad ou Nuno Pinto. Al\u00e9n de \trecibir varios premios en certames de int\u00e9rpretes mozos tocou baixo \ta batuta de mestres coma Marcel Van Bree ou Francisco Navarro. Forma \tparte da Banda-Escola de M\u00fasica de Beade.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Nicol\u00e1s \tGonz\u00e1lez Granado. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\">Inicia \tos seus estudos de clarinete na Escola Municipal de M\u00fasica de A \tCoru\u00f1a no curso 2004-2005 cos profesores Marcel Chirilov e Alfredo \tG\u00f3mez cos que prosegue ata a actualidade. Ten participado en \tdiferentes cursos de especializaci\u00f3n de clarinete as\u00ed como en \tseminarios de jazz nos que tivo a oportunidade de recibir formaci\u00f3n \tda man de mestres coma Jean Toussaitn, Nikki Iles ou Scott Stroman.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Christian \tLanza Garc\u00eda. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><span style=\"font-weight: normal;\">Naceu \tno veci\u00f1o concello de Navia en 1995. Malia que neste certame acude \tna especialidade de frauta a s\u00faa formaci\u00f3n musical abrangue dende \ta gaita asturiana ao fagot, o saxof\u00f3n, diferentes gaitas irlandesas \te escocesas as\u00ed como a composici\u00f3n. Ten participado en actos \tmusicais e culturais en Oviedo, Ourense, Avil\u00e9s, Le\u00f3n, Queens, \tLorient ou Manhattan.<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Ant\u00eda \tCouto Mart\u00ednez. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><span style=\"font-weight: normal;\">Naceu \ten <\/span><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\">Vigo \tno 1994 e na actualidade estuda cuarto curso de Grao Profesional de \tpiano no Conservatorio Profesional de M\u00fasica de Vigo. Combina os \testudos de piano cos de violonchelo. Al\u00e9n da formaci\u00f3n regrada \tasiste a clases de formaci\u00f3n especializada con mestres coma \tVladimira Smausova, Leonel Morales ou Guillermo Gonz\u00e1lez. Ten \tparticipado en diferentes seminarios formativos en Madrid e C\u00f3rdoba.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<p lang=\"es-ES\" align=\"left\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><strong>GRAO SUPERIOR<\/strong><\/span><\/span><\/p>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Laura \tBalboa Garc\u00eda. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\">Naceu \tna Coru\u00f1a en outubro de 1991 e na cidade herculina desenvolveu a \tmaior parte da s\u00faa formaci\u00f3n acad\u00e9mica. Precisamente no \tConservatorio Superior de M\u00fasica da Coru\u00f1a rematar\u00e1 o Grao \tSuperior ao longo deste curso 2009\/10. Na s\u00faa traxectoria como \tviolinista ten actuado coa Orquestra xuvenil da Sinf\u00f3nica de \tGalicia as\u00ed como coa orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais \tde Galicia baixo a batuta de directores coma Alberto Zedda, Jim \tRoss, James Judd ou Maximino Zumalave. Obtivo varios premios en \tcertames tanto de Galicia coma de f\u00f3ra do pa\u00eds.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Iago \tLari\u00f1o Rodal. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><span style=\"font-weight: normal;\">Este \tfrautista de Cangas do Morrazo comezou a s\u00faa actividade na escola \tde m\u00fasica da s\u00faa vila, vencellada \u00e1 Banda de M\u00fasica \u201cBellas \tArtes\u201d, para logo cursar estudos no Conservatorio de M\u00fasica \t\u201cMayeusis\u201d ou no Superior de M\u00fasica de Vigo. Contin\u00faa formando \tparte da banda de m\u00fasica de Cangas e ao mesmo tempo \u00e9 membro tam\u00e9n \tda Banda Filharm\u00f3nica de Galicia, da Banda da Federaci\u00f3n Galega de \tBandas de M\u00fasica e da Duisburger Philarmoniker. As\u00ed mesmo, \tcolabora coa Orquestra Sinf\u00f3nica de Euskadi, coa Sinf\u00f3nica do \tVall\u00e9s ou a Orquestra do Norte de Portugal o que fixo pos\u00edbel que \tactuase baixo a batuta de Damiano Giuranna, Michael Boder, James \tJudd ou Rub\u00e9n Gimeno, entre outros. <\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Nicol\u00e1s \tG\u00f3mez Naval. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><span style=\"font-weight: normal;\">Comezou \tos estudos de trompa no seu Viveiro natal aos oito anos de idade. \tTan s\u00f3 un ano despois entrou a formar parte da Banda Municipal de \tM\u00fasica de Viveiro \u00e1 que a\u00ednda pertence na actualidade. Durante a \ts\u00faa carreira musical recibiu clases de mestres coma David Bushnell, \tMiguel \u00c1ngel Garza, Vicente Castell\u00f3 ou David Fern\u00e1ndez, con quen \ta\u00ednda segue compartindo aulas nos cursos de ver\u00e1n que este imparte \ten Galicia. Actualmente \u00e9 alumno activo da Orquestra xuvenil da \tOrquestra Sinf\u00f3nica de Galicia as\u00ed como da Jonde (Joven Orquesta \tNacional de Espa\u00f1a) e cursa segundo de Grao Superior no \tConservatorio Superior de M\u00fasica da Coru\u00f1a.<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Rebeca \tMaseda Longarela. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><span style=\"font-weight: normal;\">A \tEscola de M\u00fasica de Mondo\u00f1edo foi o lugar no que esta moza de Xove \tdeu comezo \u00e1 s\u00faa formaci\u00f3n musical na especilidade de viol\u00edn. Na \tactualidade contin\u00faa os seus estudos no Conservatorio Superior de \tM\u00fasica de Vigo. A Orquestra Municipal de Xove, a Escola de Altos \tEstudos Musicais de Galicia, diferentes formaci\u00f3ns de m\u00fasica de \tc\u00e1mara, a Real Filharmon\u00eda de Galicia ou a Orquestra Sinf\u00f3nica de \tGalicia foron e son formaci\u00f3ns coas que traballa mentras contin\u00faa \ta s\u00faa formaci\u00f3n con mestres coma Lev Chystiakov, Humberto Armas ou \tGrigori Nedoroba. Dende 2008 forma parte da JONDE como alumna activa \te m\u00e1is da Orquestra xuvenil da Orquestra Sinf\u00f3nica de Galicia.<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Isabel \tCupeiro L\u00f3pez. <\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><span style=\"font-weight: normal;\">Esta \tmoza natural de Ferrol ten os seus comezos musicais vencellados a \tunha pequena escola de m\u00fasica. Al\u00ed deu os primeiros pasos como \tpianista mais logo trasladouse ao Conservatorio Profesional de \tM\u00fasica da cidade departamental para estudar violonchelo. Malia todo \tnunca abandona o piano e de feito, a d\u00eda de hoxe, combina o grao \tsuperior de piano co de violonchelo no Conservatorio Superior de \tM\u00fasica \u201cEduardo Mart\u00ednez Torner\u201d de Oviedo cos estudos de \tcanto e m\u00e1is de biolox\u00eda. Forma parte da orquestra xuvenil da \tOrquestra Sinf\u00f3nica de Galicia, da Joven Orquesta Sinf\u00f3nica \tPrincipado de Asturias, do grupo de violonchelos \u201cViguen \tSarkissov\u201d ou da Orquestra de C\u00e1mara de Asturias coa que ten \tparticipado en proxectos pedag\u00f3xico-solidarios que aproximan a \tm\u00fasica aos habitantes das zonas m\u00e1is desfavorecidas de Marrocos.<\/span><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Juan \tAndr\u00e9s Barahona Y\u00e9pez.<\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"> \tCon seis anos de idade comezou a s\u00faa carreira pian\u00edstica. Foi \talumno do Conservatorio Superior de Oviedo e dende o curso pasado \tforma parte do grupo de alumnas e alumnos becados na Escola Superior \tde M\u00fasica Reina Sofia, na s\u00faa C\u00e1tedra de Piano \u201cFundaci\u00f3n \tSantander\u201d e m\u00e1is na de M\u00fasica de C\u00e1mara. Foi alumno de mestres \tcoma Marc Durand, Robert McDonald, Juli\u00e1n Mart\u00edn ou Ferenc Rados e \tobtivo numerosos galard\u00f3ns en certames celebrados en Asturias, \tAlmer\u00eda ou Barcelona. Como solista actuou coa Orquestra Sinf\u00f3nica \tdo Principado de Asturias, a Sinf\u00f3nica de Xix\u00f3n, Sinf\u00f3nica de \tLe\u00f3n ou Filharm\u00f3nica de Ecuador so a batuta de Patricio Aizaga, \tOliver D\u00edaz, Dorel Murgu ou Francisco Vigil.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Eva \tFern\u00e1ndez Rodr\u00edguez.<\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"> \tEsta saxofonista naceu en Vigo en 1989. Na escola da Banda de M\u00fasica \tde Beade, formaci\u00f3n da que \u00e9 instrumentista na actualidade, deu os \tseus primeiros pasos no mundo da m\u00fasica. Ao longo da s\u00faa \ttraxectoria participou en clases de perfeccionamento cos mestres \tPablo Coello, Narciso Pillo, Fernando Ramous ou Ignacio Casas. Tanto \tcomo solista como a trav\u00e9s da Banda de M\u00fasica de Beade asistiu a \tdiferentes certames e concursos a nivel auton\u00f3mico e estatal. Na \tactualidade \u00e9 alumna do Conservatorio Superior de M\u00fasica de Vigo.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"><strong>Nelly \tIglesias R\u00edos.<\/strong><\/span><\/span><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow,sans-serif;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span lang=\"es-ES\"> \tEsta moza de Burela comezou os seus estudos de piano no \tConservatorio de Viveiro, onde rematou o grao profesional, e logo \ttrasladouse ao Conservatorio Superior de M\u00fasica da Coru\u00f1a. Al\u00ed \testuda dende o ano 2007 combinando a s\u00faa formaci\u00f3n como pianista \tcoas aulas de viol\u00edn, que cursa no Conservatorio de Viveiro. Ten \tactuado en diferentes localidades galegas como solista e tam\u00e9n como \tacompa\u00f1ante en formaci\u00f3ns de m\u00fasica de c\u00e1mara. Ao longo da s\u00faa \ttraxectoria actuou coa Orquestra Sinf\u00f3nica do Conservatorio \tSuperior da Coru\u00f1a e acud\u00edu a clases de perfeccionamento co \tmestres coma Jos\u00e9 Ram\u00f3n M\u00e9ndez, Albert Atenelle, Anna Poghosyan \tou Sergei Yerokhin.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dende hai tempo, Ribadeo \u00e9 un pobo con moita relaci\u00f3n coa m\u00fasica. Esta relaci\u00f3n de hai tempo ten pasado diversos avatares. Est\u00e1 documentada no per\u00edodo de Carlos Cid, a ra\u00edz do libro &#8220;Cincuenta a\u00f1os de m\u00fasica en Ribadeo: biograf\u00eda musical de Carlos \u00c1lvarez y Fern\u00e1ndez-Cid&#8220;, realizado por Carlos \u00c1lvarez Lebredo, pero nin o per\u00edodo anterior [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51,23],"class_list":["post-8387","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval","tag-musica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8387","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8387"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8387\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8387"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8387"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8387"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}