{"id":8372,"date":"2010-05-13T07:25:00","date_gmt":"2010-05-13T05:25:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:58:12","modified_gmt":"2024-11-12T13:58:12","slug":"mirando-co-rei-cataluna-non-madrid","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/05\/13\/mirando-co-rei-cataluna-non-madrid\/","title":{"rendered":"Mirando co Rei a Catalu\u00f1a, non a Madrid"},"content":{"rendered":"<p>Nova de onte foi, que o Rei, rec\u00e9n operado, declarouse orgulloso da sanidade p\u00fablica. Pouco de novo ter\u00eda a cousa e pouco en relaci\u00f3n a Ribadeo: a sanidade p\u00fablica espa\u00f1ola parece ter un bo nivel internacional, e non foi nun centro galego nin mari\u00f1\u00e1n que o Rei se operou. \u00c9 m\u00e1is, non lle prestara grande atenci\u00f3n \u00e1s novas relativas \u00e1 operaci\u00f3n ata que onte fixeime que o encabezamento da cr\u00f3nica nun xornal inclu\u00eda un &#8216;Barcelona&#8217;. Vaites, o Rei non estaba en Madrid, sen\u00f3n que fixo a operaci\u00f3n como un desprazado a Barcelona! Estaba actuando como un brit\u00e1nico que ven de vacaci\u00f3ns a Espa\u00f1a e &#8216;aproveita&#8217; para operarse porque aprecia a diferencia entre a sanidade p\u00fablica espa\u00f1ola e brit\u00e1nica despois da privatizaci\u00f3n de <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Margaret_Thatcher\">Margaret Thatcher<\/a>. Ent\u00f3n fixeime un pouqui\u00f1o m\u00e1is, e vin que o Rei axustou unha frase m\u00e1is: &#8220;en Espa\u00f1a temos que estar orgullosos da sanidade p\u00fablica que temos, tanto aqu\u00ed, en Catalu\u00f1a, como en Madrid&#8221;. Si, pero foi operarse a Catalu\u00f1a. A frase soa a desculpa de mal pagador, ou a aclaraci\u00f3n non pedida. E resulta que Madrid segue o modelo estatal respecto \u00e1 sanidade no tocante \u00f3s pacientes, pero a xesti\u00f3n hospitalaria decantouse hai uns anos polo cambio, e dende ent\u00f3n as queixas van in crescendo. E Madrid \u00e9 o modelo declarado a seguir en Galicia&#8230; agora xa se vai achegando a cousa a Ribadeo.<br \/>\n\u00c1 Mari\u00f1a, onde nos afectan as <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2010\/05\/13\/0003_8480087.htm\">declaraci\u00f3ns de onte de Pilar Farjas, conselleira de sanidade<\/a>, quen marea a perdiz co tema de onde vai quedar a direcci\u00f3n da \u00e1rea da Mari\u00f1a.<br \/>\nAs\u00ed pois, est\u00e1 claro que hai que insistir e presionar para tentar que non pasen dun: a\u00ed est\u00e1 a <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.com\/amarina\/2010\/05\/12\/0003_8477317.htm\">consecuci\u00f3n, tratada onte tam\u00e9n na prensa, de que volten a Burela as autopsias<\/a>. Claro que neste caso as implicadas foron empresas. Pequenas empresas, pero empresas. E o estatuto parece ser de maior categor\u00eda cando as cousas as fan as empresas que cando as fai a cidadan\u00eda como tal. Mentras, o apoio a Burela como \u015be de poder sanitario propio queda reducido \u00f3 testimonial cando se fai un acto, e sobre todo, os tempos que sopran para a calidade sanitaria p\u00fablica en Galicia non implican precisamente unha mellora de calidade, nin a medio-longo prazo un aforro (a curto, \u00e9 diferente).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nova de onte foi, que o Rei, rec\u00e9n operado, declarouse orgulloso da sanidade p\u00fablica. Pouco de novo ter\u00eda a cousa e pouco en relaci\u00f3n a Ribadeo: a sanidade p\u00fablica espa\u00f1ola parece ter un bo nivel internacional, e non foi nun centro galego nin mari\u00f1\u00e1n que o Rei se operou. \u00c9 m\u00e1is, non lle prestara grande [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,13],"class_list":["post-8372","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8372","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8372"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8372\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8372"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8372"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8372"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}