{"id":8352,"date":"2010-05-24T07:18:00","date_gmt":"2010-05-24T05:18:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:57:39","modified_gmt":"2024-11-12T13:57:39","slug":"ribadeo-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/05\/24\/ribadeo-ribadeo\/","title":{"rendered":"Ribadeo, Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Coido que ser\u00eda m\u00e1is descritivo para a entrada un t\u00edtulo como &#8216;o que se comenta do futuro no concello&#8217;, &#8216;o mentideiro verdadeiro&#8217; ou algo polo estilo, pero como eses comentarios atinxen a Ribadeo e pouco se nomea \u00f3 propio Ribadeo neles, queda as\u00ed.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010\/05\/comidilla.html\">Como est\u00e1n as cousas<\/a>? Despois da cuesti\u00f3n de confianza, queda a presentaci\u00f3n da moci\u00f3n de censura. Se sae adiante, novo alcalde. Se non, aceptaci\u00f3n de presupostos e continuaci\u00f3n do alcalde. Para que saia adiante, ha de presentarse un candidato apoiado por sete votos, \u00e9 dicir, a maior\u00eda sinxela da corporaci\u00f3n de 13 ed\u00eds.<\/p>\n<p>\u00d3ense cousas como as que vai ter que pasar ou que poder\u00e1 aproveitar quen contin\u00fae este ano escaso de xefe do goberno municipal. Entre as primeiras, o derribo das cumbreiras ou o traxecto da li\u00f1a el\u00e9ctrica que alimentar\u00e1 a subestaci\u00f3n necesaria para o pol\u00edgono. Entre os posibles aproveitamentos, quiz\u00e1is a inauguraci\u00f3n do pol\u00edgono.<\/p>\n<p>Pero sobre todo, est\u00e1n as apostas sobre o manexo dos votos no pleno da moci\u00f3n. Vaia por diante que o que segue non \u00e9 m\u00e1is que comentarios tra\u00eddos aqu\u00ed como moitos outros que de seguro se me escapar\u00e1n, e que poden servir para facerse unha composici\u00f3n de lugar, pero que non te\u00f1en un significado particular nin un respaldo direito m\u00e1is al\u00f3 do que poda ser unha charla de bar.<\/p>\n<p>Est\u00e1 o sentido dos votos de UPRi, e dise que en principio non ten moita importancia: PP + PSOE dan 7 votos, polo que non \u00e9 necesario o partido para a moci\u00f3n, e quiz\u00e1is por iso o partido destacou que apoiar\u00eda m\u00e1is ou menos calquera opci\u00f3n en contra do goberno municipal actual. De calquera xeito, cos dous de UPRi s\u00f3 far\u00eda falta un do PSOE, e iso si pode ser importante.<\/p>\n<p>O PSOE \u00e9 a clave da moci\u00f3n, pois cos seus tres votos pode apoiar o que diga o PP, pero chega con s\u00f3 un para que saia adiante algo con apoio de PP e UPRi. \u00c9 dicir, que coa premisa anterior de UPRi non far\u00eda falta que o PSOE votara de xeito unitario. E a semana pasada mentras que o partido a nivel provincial mant\u00ed\u00f1ase na ortodoxia do convenio co BNG para ocupar os concellos, a nivel local decant\u00e1base &#8216;polo mellor para Ribadeo&#8217;. Mesmo a liberdade de voto, cunha opci\u00f3n de cada edil nun sentido diferente, servir\u00eda para o apoio da moci\u00f3n. Hoxe est\u00e1 prevista unha xuntanza, mentras que nos burladeros, prensa inclu\u00edda, dest\u00e1case a enemizade entre xefes de filas de PSOE e BNG, o que poder\u00eda inclinar a balanza. Fanse c\u00e1lculos asemade sobre as posibilidades de presentaci\u00f3n \u00e1 alcald\u00eda para un novo mandato o p\u0155oximo ano, pero tam\u00e9n se incl\u00fae que as posibilidades actuais do PSOE son demaisado baixas como para que te\u00f1a importancia quen vaia de primeiro nas listas, ou mesmo a posibilidade de que un xu\u00edz inhabilite \u00f3 xefe de filas un tempo e polo tanto este te\u00f1a menos interese para seguir os dictados feitos a nivel provincial.<\/p>\n<p>En canto \u00f3 PP, mentras que se di que non poder\u00eda rendibilizar un mandato tan curto, tam\u00e9n hai que considerar que poder\u00eda servir para dar a co\u00f1ecer \u00f3 candidato do partido nas pr\u00f3ximas municipais, o que concelva votos, que o mero feiro te estar &#8216;un momento&#8217; na alcald\u00eda sen dar tempo a desgastarse, \u00e9 dicir, o partir dunha situaci\u00f3n de poder de cara \u00e1s pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns, da\u0155ia unha porcentaxe de votos adecuada, xunto co anterior, para permitirlle chegar a unha maior\u00eda abasoluta no 2011. Que un per\u00edodo as\u00ed de curto poder\u00eda servir de instrucci\u00f3n a un segundo de a bordo para manexar o concello entre 2011 e 2015, &#8230; vamos, que o PP si que ter\u00eda motivos en principio para presentarse como alternativa na moci\u00f3n. Con quen de xefe? Xa ten un portavoz, JC Rodr\u00edguez Andina, que dese xeito rematar\u00eda como alcalde un periodo que xa adiantou hai tempo que non \u00eda continuar, a\u00ednda que polo momento non se te\u00f1a sucesor (ver no blog entradas anteriores referidas \u00f3 tema da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009_11_01_archive.html\">sucesi\u00f3n no PP<\/a>). Presentar\u00edase como titor de quen fora a continuar no posto coordinador ribadense (contando que f\u00f3ra un dos actuais ed\u00eds) e o partido non teria tanta urxencia de designar xa un candidato, \u00f3 tempo que a influenza do actual xefe de filas ser\u00eda superior.<\/p>\n<p>En contra xoga que ter\u00eda que preparar unha estrateixa de goberno as\u00ed, \u00e1s pr\u00e9sas, e que estar\u00eda polo momento sen orzamento e vendido para calquera acci\u00f3n \u00f3 gobernar en minor\u00eda. Pero esto \u00faltimo tam\u00e9n lle pasa \u00f3 BNG.<\/p>\n<p>Queda unha opci\u00f3n que tam\u00e9n se baralla, pero entendo que con pouca forza: que Paco Rivas, que prov\u00e9n do PP e ten contactos nese partido, voltara \u00e1 primeira li\u00f1a municipal da s\u00faa man, cercenando un posible xaleo de candidatos no PP e, \u00f3 xuntar votos da actual formaci\u00f3n s\u00faa cos do PP, chegar a unha maior\u00eda sen moito problema no 2011.<\/p>\n<p>E o BNG? Simplesmente, \u00e1 espera: non \u00e9 quen ten que presentar a moci\u00f3n, e polo tanto polo pronto, a tentar seguir gobernando o tempo de impasse. \u00c1 espera , como Ribadeo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Coido que ser\u00eda m\u00e1is descritivo para a entrada un t\u00edtulo como &#8216;o que se comenta do futuro no concello&#8217;, &#8216;o mentideiro verdadeiro&#8217; ou algo polo estilo, pero como eses comentarios atinxen a Ribadeo e pouco se nomea \u00f3 propio Ribadeo neles, queda as\u00ed. Como est\u00e1n as cousas? Despois da cuesti\u00f3n de confianza, queda a presentaci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[61,13],"class_list":["post-8352","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-orzamentos","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8352","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8352"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8352\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8352"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8352"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8352"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}