{"id":8326,"date":"2010-06-14T07:45:00","date_gmt":"2010-06-14T05:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:56:56","modified_gmt":"2024-11-12T13:56:56","slug":"puro-teatro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/06\/14\/puro-teatro\/","title":{"rendered":"Puro teatro"},"content":{"rendered":"<p>&#8220;Os espa\u00f1ois te\u00f1en perdido a s\u00faa confianza nos pol\u00edticos, o gran problema \u00e9 a ausencia de ideas&#8221;. As verbas, que corresponden a Luis de Guindos, ex Secretario de Estado de Econom\u00eda, puid\u00e9ronse ver este fin de semana en varios xornais.<br \/>\nNon estou de acordo. Mellor dito, si o estou na primeira parte, en que temos perdida boa parte da confianza nos pol\u00edticos, pero non na segunda. Coido que a pol\u00edtica a nivel estatal da abondantes exemplos, pero se non o cree as\u00ed, ti\u00f1a que vir o sr. Guindos a Ribadeo. De seguro que, como m\u00ednimo, especificar\u00eda un pouco m\u00e1is. O gran teatro do mundo non esquece \u00f3s politicos ribadenses, a quen non se lles pode tildar de non ter ideas, e estes d\u00edas tivemos unha representaci\u00f3n que o amosa e que non sei ben se cualificar de comedia ou traxedia, en plena crise tanto estatal como auton\u00f3mica ou local. Crise que polo menos a nivel local ten paralizadas as respectivas finanzas pero non as ideas. Que se axusten istas \u00e1 gobernanza ou non, esa xa \u00e9 fari\u00f1a doutro costal.<br \/>\nA representaci\u00f3n declarada polo propio partido en Ribadeo consistiu nunha obra de teatro do PSOE local (foi difundido as\u00ed, do PSOE, a\u00ednda que dubido que participara todo o partido nin a\u00ednda unha maior\u00eda) segundo dixeron, para desenmascarar o pacto entre PP e BNG. A cousa ten m\u00e1is entidade que o sinxelo comentario na r\u00faa, e coido que debera ser estudado con algo de profundidade e deixado en papel, porque a parte da actualidade presente do tema, tam\u00e9n forma parte xa da historia de Ribadeo. Ref\u00edrome \u00f3 transcorrido en e dende a moci\u00f3n de confianza a ra\u00edz de non seren aprobados os presupostos: foi negada, o que desembocou na posibilidade dunha moci\u00f3n de censura, para o que hab\u00eda que presentar un candidato \u00e1 alcald\u00eda apoiado por m\u00e1is da metade da corporaci\u00f3n ou de xeito alternativo, todo seguir\u00eda igual e cos presupostos aprobados. Dende aquela, UPRi declarouse disposto a votar calquera alternativa (pero en principio, non ter\u00edan por que ser necesarios os seus votos, abondando con PP e PSOE). O PSOE primeiro dixo que o estudar\u00eda, despois escenificou a separaci\u00f3n rebelde dun concelleiro contra o partido e os seus compromisos a nivel galego (co que a moci\u00f3n sair\u00eda adiante cos votos de UPRi), e logo rematou dicindo que todo fora unha farsa para po\u00f1er branco sobre negro o pacto PP-BNG e rehabilitando como \u00edntegro \u00f3 concelleiro que supostamente \u00eda por libre e a votar en conciencia. O PP pode dicirse que non moveu un dedo dende a significativa negativa na moci\u00f3n de confianza, tendo en conta que \u00e9 o partido, xunto co BNG, que m\u00e1is concelleiros ten. O BNG, unha vez negada a confianza, seguiu a gobernar deixando que os dem\u00e1is fixeran o que quixeran, e unha vez autodescuberta a trama do PSOE, o alcalde dixo que naquel momento ti\u00f1a moito que facer como para comentar a xogada. Total, vinte d\u00edas.<br \/>\nNon se sabe se o narrado polo PSOE \u00e9 mentira ou feito. Debemos supo\u00f1er que \u00e9 feito, pois as\u00ed o din eles, pero cabe dubidalo na procura dunha sa\u00edda que dane o menos posible non \u00e1 credibilidade do partido, sen\u00f3n \u00e1 credibidilidade da pol\u00edtica ribadense en conxunto, porque afecta a todos. Se \u00e9 un feito, mal: ter enganada \u00e1 poboaci\u00f3n xogando nun momento de crise institucional en Ribadeo (inmerso noutra crise a outros niveis) non parece o mellor xeito de facer pol\u00edtica, a non ser que se po\u00f1a de exemplo o de &#8216;panem et circenses&#8217;, e mesmo as\u00ed, sen o pan e con circo moi lento. Se \u00e9 unha mentira, tr\u00e1tase de querer disimular moitas cousas, demasiadas. De calquera xeito, en troques de pol\u00edticos, conv\u00edrtense en actores, como se se estivera postulando para as elecci\u00f3ns un modelo basado nas votaci\u00f3ns en televisi\u00f3n nas que as posibilidades red\u00facense a votar comediantes en troques de int\u00e9rpretes musicais. Entre outras cousas, onde foi a falta de respecto \u00f3s votantes?<br \/>\nA pol\u00edtica no sistema actual esc\u00e1paseme no m\u00e1is profundo a t\u00f3dolos niveis, dende a estatal \u00e1 galega ou a local, coido que como a outra moita xente que se move entre a incredulidade do que est\u00e1 a pasar e o escepticismo pasota, equivalente a deixar a gobernanza \u00e1 ditadura dos pol\u00edticos. A\u00ednda as\u00ed, por iso de que o concello \u00e9 veci\u00f1o de t\u00f3dolos ribadenses, par\u00e9ceme que no seu caso debera ser algo m\u00e1is comprensible. E non me estou a referir \u00f3 que se chama tirar r\u00e9ditos pol\u00edticos da postura dun partido por parte doutro, sen\u00f3n sinxelamente, m\u00e1is comprensible na aspiraci\u00f3n de que a pol\u00edtica se achegue \u00e1 realidade e tente dar posibilidades \u00e1 vida dos administrados.<br \/>\nUnha cita de Albert Camus ind\u00edcanos que &#8216;a verdadeira xenerosidade para o futuro consiste en entregalo todo \u00f3 presente&#8217;. Coido que neste caso foi mal entendida. Non se trata de entregar as capacidades dos pol\u00edticos como actores, nin facer que se fai unha entrega e logo dicir que era teatro, sen\u00f3n dunha entrega real, algo \u00f3 que os pol\u00edticos \u00faltimamente non nos te\u00f1en moi afeitos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8220;Os espa\u00f1ois te\u00f1en perdido a s\u00faa confianza nos pol\u00edticos, o gran problema \u00e9 a ausencia de ideas&#8221;. As verbas, que corresponden a Luis de Guindos, ex Secretario de Estado de Econom\u00eda, puid\u00e9ronse ver este fin de semana en varios xornais. Non estou de acordo. Mellor dito, si o estou na primeira parte, en que temos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-8326","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8326","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8326"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8326\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8326"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8326"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8326"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}