{"id":8314,"date":"2010-06-28T08:47:00","date_gmt":"2010-06-28T06:47:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:56:32","modified_gmt":"2024-11-12T13:56:32","slug":"o-2-da-poboacion-manifestacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/06\/28\/o-2-da-poboacion-manifestacion\/","title":{"rendered":"O 2% da poboaci\u00f3n, \u00e1 manifestaci\u00f3n."},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>26 de xu\u00f1o de 2010, Burela. A manifestaci\u00f3n a favor da \u00e1rea sanitaria de A Mari\u00f1a e o hospital da costa xuntou m\u00e1is do 2% da poboaci\u00f3n afectada direitamente por estar integrada na \u00e1rea que se prentende defender segundo a convocatoria. O 2% duns 72 000 significa 1 440 &#8230; De calquera xeito, as cifras var\u00edan moito segundo quen as presente. Os n\u00fameros anteriores son estimaci\u00f3n persoal dun m\u00ednimo dunha estimaci\u00f3n que polo m\u00e1ximo haber\u00eda que achegar arriba do 3% (2 160), pero dende (ou ata) as 8 000 \u2013 10 000 reivindicadas polos organizadores ata (ou dende) as cifras abondo menores, da orde dos 1 500, dadas polos opositores, queda un intervalo grande. No medio, un dato obxectivo: o reparto de 2 000 pegatinas, das que se ben nalg\u00fan caso se v\u00edan varias nunha persoa, eran m\u00e1is aquelas que non levaban, o que parece indicar que se superou netamente a cifra dos 2 000 asistentes.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Xunto cos mari\u00f1\u00e1ns, acudiron \u00e1 manifestaci\u00f3n con pancarta representantes de Monforte e o Barco, en situaci\u00f3ns ambas \u00e1reas cunha semellanza coa de Burela. De f\u00f3ra da zona sanitaria ou como entidade suprazonal s\u00f3 logrei identificar outra pancarta, a de Alcer, levada por d\u00faas persoas, a\u00ednda que segundo a prensa hab\u00eda representaci\u00f3n da zona do Ferrol.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Despois da manifestaci\u00f3n c\u00f3mpre avaliar o seu \u00e9xito. E, por se non foran poucas as discrepancias entre organizadores e opositores sobre a cantidade de asistentes, as diferencias aumentan ante a ponderaci\u00f3n de resultados: mentras hai quen para considerala un \u00e9xito ter\u00eda que achegarse a cifras triples que as vistas, para outros chegar\u00eda coa terceira parte para que tivera relevancia. Pero coido que non s\u00f3 son os n\u00fameros os que contan. A presencia ou ausencia de c\u00e1maras de tv \u00e9 un dato a ter en conta sobre a repercusi\u00f3n dunha manifestaci\u00f3n e algo do que non se soe falar moito por estar controlado en boa parte polo poder de turno, a\u00ednda que hoxe se vexa compensado en parte co que se vai colgando nas redes sociais. Tampouco se fala sobre a contrainformaci\u00f3n \/ desinformaci\u00f3n, algo que est\u00e1 tomando uns caracteres alarmantes eque estimo que, en parte, contrib\u00fae sempre \u00f3 \u00e9xito da difusi\u00f3n das ideas que propaga a manifestaci\u00f3n, \u00f3 darlle m\u00e1is pulo previo. Nin soen sa\u00edr \u00e1 luz p\u00fablica con car\u00e1cter de relevancia de feitos puntuais como o de que houbera xente que se adicou a parar autobuses e dicirlles que a manifestaci\u00f3n estaba desconvocada, algo que poido moi ben ter variado o car\u00e1cter pac\u00edfico da manifestaci\u00f3n. A avaliaci\u00f3n non soe recorrer a comparaci\u00f3ns: en raros casos aparecen nos medios comentarios nos que se po\u00f1a a asistencia en relaci\u00f3n coa cantidade de xente que est\u00e1 a seguir o mundial, que pertence a outra esfera de eventos, do mesmo que produce moita m\u00e1is influenza medi\u00e1tica a situaci\u00f3n da moza dun futbolista nun estadio de f\u00fatbol que &#8216;a morte&#8217; de cen persoas que protestan en Bangla Besh por cousas como o baixo salario \u00f3 coser as pelotas do mundial.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Moitas cousas a considerar, pois a parte do anterior, para avaliar o \u00e9xito dunha manifestaci\u00f3n \u00e9 diferente que haxa oportunidade de que ve\u00f1a xente de f\u00f3ra ou non, que sexa unha protesta con m\u00faltiples s\u00e9s ou non, que se dispo\u00f1a de transporte fletado para a mesma ou non, &#8230; e que se considere o \u00e9xito do resultado: a concorrencia, o ver cumpridas as reivindicaci\u00f3ns, o lograr facer ru\u00eddo medi\u00e1tico, &#8230; Moitas cousas que no caso da manifestaci\u00f3n que nos ocupa haber\u00eda que especificar: veu xente representando outros lugares, pero como testemu\u00f1a,non para incrementar a asistencia con de lugares que non se ven afectados pola \u00e1rea sanitaria (a\u00ednda que si pola xesti\u00f3n xeral da sanidade p\u00fablica, que tam\u00e9n era motivo da manifestaci\u00f3n); houbo unha \u00fanica s\u00e9, co que o impacto \u00e9 \u00fanico e a xente tivo que facer de media m\u00e1is quil\u00f3metros para acoder; disp\u00faxose de autobuses, pero \u00e1 vista de como se foi enchendo de coches Burela e en concreto o aparcamento do hospital, foi unha minor\u00eda non moi grande a que se desprazou nos autobuses. En canto \u00f3 resultado, hai en xeral que esperar para poder sopesalo, se se except\u00faa a propia concorrencia. O cumprimento das reivindicaci\u00f3ns pasa neste caso dende a presi\u00f3n polo cumprimento \u00e1 &#8216;xa est\u00e1 todo feito de antes&#8217;, pero verase a efectividade de ambas opci\u00f3ns a\u00ednda no futuro. En canto \u00f3 ru\u00eddo medi\u00e1tico, neste caso est\u00e1 conseguido a nivel zonal. A nivel galego, a cousa xa non est\u00e1 tan crara, e a sinxela constataci\u00f3n da posible diferenza de visi\u00f3n de d\u00faas persoas diferentes que consulten habitualmente diferentes medios pode facer pensar, m\u00e1is al\u00f3 do \u00e9xito ou fracaso na difusi\u00f3n deste acto concreto, na esquizofrenia que se est\u00e1 a instaurar na sociedade, con compartimentos estancos en moitos sentidos.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En canto \u00f3 impacto do n\u00famero, e a pesares das diferentes estimaci\u00f3ns, quiz\u00e1is o m\u00e1is pr\u00e1ctico sexa o facer comparaci\u00f3ns con outras manifestaci\u00f3ns na zona ou a niveis galego ou estatal. Para elo, neces\u00edtase unha funci\u00f3n de relaci\u00f3n. As\u00ed, pode considerarse a propocionalidade linear entre n\u00famero de afectados afectados \/ base da posible participaci\u00f3n, e asistentes, o que considera por unha beira que todas as persoas somos iguais en canto \u00f3 c\u00f3mputo&#8230; pero fai caso omiso de que para ir a manifestarse a Madrid fai falta m\u00e1is tempo e medios, por exemplo, que se a manifestaci\u00f3n \u00e9 \u00f3 p\u00e9 da casa, ou que o poder de convocatoria dunha espectativa de masa maior \u00e9 tam\u00e9n maior. Quiz\u00e1is poder\u00eda ser considerada m\u00e1is xusta unha relaci\u00f3n como a empregada en estat\u00edstica para estimar a confianza dunha mostra, isto \u00e9, o n\u00famero de asistentes en relaci\u00f3n coa ra\u00edz cadrada da poboaci\u00f3n afectada, que considera factores matem\u00e1ticos, m\u00e1is obxectivos, pero por iso mesmo menos humanizables. No primeiro caso, a nivel estatal, unha manifestaci\u00f3n debera ter un n\u00famero de asistentes entre uns 6 000 000 segundo os organizadores e 1 000 000 segundo quen estivera en contra. Se collemos o segundo, ser\u00edan uns 250 000 segundo os organizadores e 40 000 segundo a oposici\u00f3n. N\u00fameros moi diferentes, pero que dan unha idea da situaci\u00f3n. No caso de ser unha manifestaci\u00f3n con interese centrado no concello de Ribadeo, as cifras variar\u00eda entre pouco menos de 1 500 e 200, no caso de relaci\u00f3n linear, e entre 3 500 e 600 se consideramos a relaci\u00f3n da ra\u00edz cadrada.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As\u00ed, podemos darlle a volta tanto \u00f3s n\u00fameros como \u00e1s estimaci\u00f3ns noutros sentidos,e quiz\u00e1is este\u00f1amos esquecendo o xuntar ou achegar esas estimaci\u00f3ns \u00f3 que son os intereses econ\u00f3micos e pol\u00edticos, porque \u00f3 final, somos humanos e a\u00ednda que se consideren o \u00e9xito ou fracaso apoiados en estimaci\u00f3ns ou feitos que consideramos obxectivos, pode m\u00e1is a percepci\u00f3n (a\u00ednda irracional moitas veces) e os sentementos. Quiz\u00e1is, o m\u00e1is elocuente deste xogo de percepci\u00f3ns e engano foi, para min, despois de considerar internamente eu a marcha como un \u00e9xito de asistencia, xa despois da manifestaci\u00f3n, e \u00f3 atravesar un paso de pe\u00f3ns, ver un coche que pasa por diante, sen parar e escupindo m\u00e1is que comentando o condutor pola ventanilla aberta: &#8216;a manifestaci\u00f3n \u00e9 un pufo&#8217;. Estariamos pensando na mesma manifestaci\u00f3n? Iria el ou ver\u00eda a marcha? Interpretamos o mesmo con esa frase? Coido que non en ningunha das tres preguntas.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E chega o final, os comentarios que poden dar m\u00e1is informaci\u00f3n que os fr\u00edos n\u00fameros, pero tam\u00e9n dirixir a atenci\u00f3n. Neste caso, e xa que levo a falar todo o tempo do resultado da manifestaci\u00f3n pero non da idea que se defend\u00eda, contin\u00fao na li\u00f1a de non tratala.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Que se notou en falta? Para min, faltou xente nova, non vin moita m\u00e1is da que levaba a pancarta dunha asociaci\u00f3n xuvenil. Barrunto que quiz\u00e1is porque usan menos os servizos sanitarios, pode que porque dada a estrutura poboacional actual da Mari\u00f1a non te\u00f1an a relevancia demogr\u00e1fica que no pasado e a que eu lles atrib\u00fao, ou quiz\u00e1is, sinxelamente, pola apat\u00eda que se lles asigna moitas veces na actualidade. Asemade, pode dicirse que faltou difusi\u00f3n previa: a modo de exemplo, un co\u00f1ecido que estaba no hospital cunha paciente que leva xa alg\u00fan tempo non se enterara do tema&#8230; nin sab\u00eda do problema, pero isa &#8216;desinformaci\u00f3n&#8217; \u00e9 dif\u00edcil de combater. O que non faltou foi a calma: alg\u00fan coreo de consignas, case sempre limitado \u00e1 primeira parte da marcha, algunha palma, e punto: nada de sa\u00eddas de tono. Quiz\u00e1is calma de m\u00e1is.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Sobras? Pode que se poda dicir sinxelamente que non sobrou nada nin ningu\u00e9n, pero un despistado pod\u00eda saber por onde \u00eda comezar a manifestaci\u00f3n se se fixaba por onde se \u00edan agrupando persoas m\u00e1is co\u00f1ecidas como os alcaldes, concelleiros e dem\u00e1is participantes. Algo tam\u00e9n dif\u00edcil de evitar, se se quixera facelo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;26 de xu\u00f1o de 2010, Burela. A manifestaci\u00f3n a favor da \u00e1rea sanitaria de A Mari\u00f1a e o hospital da costa xuntou m\u00e1is do 2% da poboaci\u00f3n afectada direitamente por estar integrada na \u00e1rea que se prentende defender segundo a convocatoria. O 2% duns 72 000 significa 1 440 &#8230; De calquera xeito, as [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-8314","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8314","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8314"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8314\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8314"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8314"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8314"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}