{"id":8281,"date":"2010-07-28T08:31:00","date_gmt":"2010-07-28T06:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:55:29","modified_gmt":"2024-11-12T13:55:29","slug":"os-cativos-resisten","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/07\/28\/os-cativos-resisten\/","title":{"rendered":"Os cativos resisten"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=554&amp;lg=gal\">Ribadeo segue puxante no turismo<\/a>. A praia de Augas Santas, as catedrais, \u00e9 unha referencia e parece que a costa de tempo e de visitantes, ata se comenten menos erros sobre a s\u00faa pertenza a Ribadeo. A oficina de turismo est\u00e1 chea d\u00eda tras d\u00eda, e nun momento calquera pode coincidir unha cola \u00e1 que a persoa de atenci\u00f3n non da abasto, sum\u00e1ndose este ano o Xacobeo en funci\u00f3n do Ano Santo compostel\u00e1. Onte mesmo, xa ben  avanzada a tarde, 10 persoas esperaban a que tres mulleres eslovacas cami\u00f1o a Santiago recibiran a informaci\u00f3n que ped\u00edan, que non era pouca, tratando de aproveitar non s\u00f3 o cami\u00f1o, sen\u00f3n o mellor posible a s\u00faa estancia \/ paso por estas terras. Na mesma oficina, as bicis para alugar. E unha exposici\u00f3n. E o repositorio de bookcrossing, que nesta tempada mov\u00e9use, vaia que si, ata pensar na necesidade de voltar a po\u00f1er m\u00e1is fondos bibliogr\u00e1ficos despois de reducirse \u00e1 metade os al\u00ed mantidos. O tempo, acompa\u00f1ando, cun Sol que foi deixando paso \u00e1s nubes que hoxe cobren a nosa vila pero que mante\u00f1en unha temperatura de ver\u00e1n, que ser\u00e1 entre 17 e 22\u00baC <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/otempo.php?txt=otempo&amp;lg=gal\">segundo a web do concello, que pouco a pouco m\u00e1is fac\u00e9ndose m\u00e1is \u00fatil<\/a>, ou 17 &#8211; 24\u00baC segundo a previsi\u00f3n no lateral desta mesma p\u00e1xina. O ascensor, inaugurado para a foto, in\u00fatil polo momento, sobre o porto que xa puxo a funcionar a nova cafeter\u00eda do n\u00e1utico, pen\u00faltimo dos locais comerciais abertos, de cafeter\u00edas a tendas de produtos naturais, pasando por promotoras de actividades l\u00fadicas. As pol\u00e9micas diversas, dos <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=552&amp;lg=gal\">orzamentos<\/a> \u00e1 participaci\u00f3n nas actividades infant\u00eds, por po\u00f1er dous casos. O ru\u00eddo nouturno, campando polas s\u00faas recentes tradici\u00f3ns, como poden testemu\u00f1ar os veci\u00f1os de Antonio Otero que asinaron unha petici\u00f3n \u00f3 alcalde. As actividades, continuando como co<a href=\"http:\/\/ofestivalon.com\/\"> festival de curtas OnOff<\/a> deste ano, que comeza hoxe cunha presentaci\u00f3n \u00e1s nove no cine teatro, ou a <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/axenda_det.php?id=147&amp;lg=gal\">exposici\u00f3n de pintura feminina no Forte de San Dami\u00e1n<\/a> estes d\u00edas (por certo, con algunha ribadense expo\u00f1endo que non aparece no programa ni no cartel) &#8230;<\/p>\n<p>\u00c9 no contexto anterior no que se pode observar que son os cativos os que resisten portando a tradici\u00f3n de ba\u00f1arse en Mirasol. En tirarse dende o peirao, no seu extremo sur, amosando as s\u00faas habilidades ou desfrutando cos seus xogos dentro dun terreo que na actualidade est\u00e1 valado e que pode cerrarse en calquera momento. O peirao comercial de Ribadeo xa deixou de ser hai alg\u00fan tempo un lugar para o paseo xeral. Non por ser  un perigo o estar deambulando por al\u00ed mentras se estiba, sen\u00f3n polos barrotes que tentan impedir o paso e desviar o tr\u00e1fico tanto rodado como a p\u00e9 pola r\u00faa feita ex profeso. As\u00ed, o porto pouco a pouco \u00e9 segregado non xa de Ribadeo, sen\u00f3n da cabeza dos ribadenses como lugar propio. Son pois os cativos os que fan o mesmo que os seus pais, que os seus av\u00f3s, tirarse dende o peirao ata a auga en marea chea, apropi\u00e1ndose de novo dun espazo que trata de vedarse para calquera actividade f\u00f3ra da estritamente portuaria. Cativos que est\u00e1n \u00e1 vista de quenes desfrutan da praia dos bloques, na que moitas veces eles mesmos te\u00f1an a s\u00faa base (e \u00e9 que se casa con d\u00faas portas mala \u00e9 de gardar, o peirao ten as portas de terra e os pelda\u00f1os que suben dende o mar). Cativos que dan envidia non polo desfrute, sen\u00f3n pola liberdade que da o saber que est\u00e1n a facer algo natural i\u00f1orantes ou pasotas de que as normas impostas este\u00f1an xa prohib\u00edndoo.<\/p>\n<p>Mentres que se vexan os cativos ba\u00f1arse dende o peirao, o porto seguir\u00e1 a ser de Ribadeo e non de Portos, a\u00ednda que sexa en disputa ou a tempo parcial. Ser\u00e1 as\u00ed por moito tempo?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ribadeo segue puxante no turismo. A praia de Augas Santas, as catedrais, \u00e9 unha referencia e parece que a costa de tempo e de visitantes, ata se comenten menos erros sobre a s\u00faa pertenza a Ribadeo. A oficina de turismo est\u00e1 chea d\u00eda tras d\u00eda, e nun momento calquera pode coincidir unha cola \u00e1 que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[105,26],"class_list":["post-8281","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-catedrais","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8281","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8281"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8281\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8281"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8281"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8281"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}