{"id":8275,"date":"2010-08-03T10:22:00","date_gmt":"2010-08-03T08:22:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:55:22","modified_gmt":"2024-11-12T13:55:22","slug":"sen-obras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/08\/03\/sen-obras\/","title":{"rendered":"Sen obras"},"content":{"rendered":"<p>Pouco a pouco non, sen\u00f3n \u00e1s presas, f\u00f3ronse paralizando as obras da autov\u00eda en diversos tramos, de xeito que agora parece que s\u00f3 quedan en marcha as correspondentes a Barreiros-Lourenz\u00e1. Hai alcaldes que protestan, e non debe causar extra\u00f1eza: representa un pao en diversos aspectos.<br \/>\nEn primeiro lugar, de xeito inmediato, o emprego. O efecto do emprego non \u00e9 desprezable, a\u00ednda que sexa de xeito transitorio, e m\u00e1is se se considera a \u00e9poca de crise. Pero a pesares da importancia do tema, as obras non deberan ter como obxectivo primario as mesmas obras,  dicir,  ter como fundamento para realizalas o emprego, sen\u00f3n un resultado posterior, en este caso, a mellora das comunicaci\u00f3ns.<br \/>\nIse ser\u00eda o segundo punto: o que representan de retraso das comunicaci\u00f3ns cara \u00f3 futuro. Nunha zona que tradicionalmente non estivo moi ben comunicada co centro da provincia, de galicia ou da pen\u00ednusula, e tampouco gozou de moi boas comunicaci\u00f3ns internas, este retraso sup\u00f3n unha desventaxa comparativa na econom\u00eda da zona respecto doutras.<br \/>\nEn terceiro lugar, algo non menos importante a\u00ednda que hai que esperar que sexa circunstancial: mentras se realizan as obras as infrastruturas est\u00e1n en precario. Prod\u00facense inconvintes diversos, dende as riadas (neste caso, est\u00e1 visto que o inconvinte \u00e9 m\u00e1is que temporalmente circunscrito \u00f3 tempo de obra) ata os atrancos nas v\u00edas de comunicaci\u00f3n xa existentes, que a parte de non ser &#8216;tradicionalmente boas&#8217; como dixen arriba, \u00faltimamente estaban sendo descoidadas nalg\u00fans tramos, quiz\u00e1is \u00e1 espera do remate das obras da autov\u00eda. E os impedimentos nos tramos xa existentes na actualidade non son desprezables.<br \/>\nA parte, hai cousas que se poden considerar m\u00e1is pequenas, pero que tam\u00e9n deberan ser xulgadas. Po\u00f1amos por caso, o balance das relaci\u00f3ns econ\u00f3micas. Hai xa tempo que falei do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/04\/ribadeo-ribadeo.html\">efecto &#8216;sal no zapato<\/a>&#8216; (ou <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/04\/sons-na-noite-de-ribadeo.html\">aqu\u00ed<\/a>) e isto v\u00e1ino incrementar: se Ribadeo xa cadraba dende hai moito, por mor das comunicaci\u00f3ns, na \u00f3rbita econ\u00f3mica ovetense, o deixar autov\u00eda feita cara \u00f3 centro de Asturias, e m\u00e1is impedimentos cara a Galicia, vai incrementar evidentemente as relaci\u00f3ns cara \u00f3 leste en relaci\u00f3n coas mantidas cara \u00f3 oeste, mesmo podendo implicar cambios sociopol\u00edticos. A Ribadeo af\u00e9ctalle adem\u00e1is o tema de que o esperado acceso por Vilasel\u00e1n dende Galicia ser\u00e1 con toda seguridade esperado durante m\u00e1is tempo. E iso tam\u00e9n \u00e9 econom\u00eda.<br \/>\nM\u00e1is? Pois si. O anterior \u00e9 un comentario cinguido a unha actuaci\u00f3n en marcha na nosa zona, o completar a autov\u00eda. Pero est\u00e1 demostrado que a potenciaci\u00f3n de autov\u00edas en Espa\u00f1a foi unha medida na que interviu un lobby de empresas de producci\u00f3n de coches para a promoci\u00f3n de v\u00edas de comunicaci\u00f3n rodada a nivel europeo. Que ben que grazas \u00f3s produtores de coches deuse un impulso \u00f3 transporte por autom\u00f3bil&#8230; en detrimento da potenciaci\u00f3n doutros tipos de transporte alternativo, como o ferrocarril, ou mesmo das comunicaci\u00f3ns en xeral, inclu\u00edda a banda ancha de internet. E da alternativa do ferrocarril na zona, sabemos algo, nas circunstancias nas que est\u00e1 e a alternativa realque representa na actualidade, co corte da via no mesmo termo de Ribadeo hai pouco. Pero \u00e9 moito meterse agora a tratar esta comparaci\u00f3n (inclu\u00edndo custes finais, ecolox\u00eda, etc) polo que curto a entrada cunha coincidencia: o anuncio dos recortes da inversi\u00f3n en estradas e a case inmediata paralizaci\u00f3n de obras produciuse con poucos d\u00edas de antelaci\u00f3n \u00f3 anuncio de que as vendas do sector do autom\u00f3bil voltaron a caer en per\u00edodo mensual m\u00e1is dun 40% despois dunha t\u00edmida recuperaci\u00f3n mes tras mes durante aproximadamente un ano. Pensar\u00eda o goberno algo como para que estradas sen coches ou estar\u00eda pensando nalgo &#8216;m\u00e1is profundo&#8217;?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pouco a pouco non, sen\u00f3n \u00e1s presas, f\u00f3ronse paralizando as obras da autov\u00eda en diversos tramos, de xeito que agora parece que s\u00f3 quedan en marcha as correspondentes a Barreiros-Lourenz\u00e1. Hai alcaldes que protestan, e non debe causar extra\u00f1eza: representa un pao en diversos aspectos. En primeiro lugar, de xeito inmediato, o emprego. O efecto [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21],"class_list":["post-8275","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8275","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8275"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8275\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8275"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8275"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8275"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}