{"id":8274,"date":"2010-08-04T09:28:00","date_gmt":"2010-08-04T07:28:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:55:21","modified_gmt":"2024-11-12T13:55:21","slug":"ribadeo-en-feminino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/08\/04\/ribadeo-en-feminino\/","title":{"rendered":"Ribadeo en feminino"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/ribadeomuller.wordpress.com\/\">Ribadeo muller naceu como papel, agora prop\u00e1gase \u00f3s bits<\/a>. A publicaci\u00f3n tentou dende o seu nacemento de dar unha pulo \u00f3 sentemento feminino en Ribadeo, para evitar unha desigualdade efectiva entre sexos. Dende o comezo, apoiei no que puiden a s\u00faa sa\u00edda, sendo consciente de que unha cousa \u00e9 desigualdade e outra diferenza, unha un apoio en positivo e outra unha discriminaci\u00f3n en negativo, de que un baixo rendemento efectivo dunha publicaci\u00f3n non ten por que (non deber\u00eda) significar a s\u00faa desaparici\u00f3n se a causa \u00e9 boa e pode render m\u00e1is no futuro&#8230; agora da este paso.<br \/>\nPor partes. A desigualdade muller\/home segue a existir, e coido que hai tempo que non se basea na diferenza efectiva entre sexos, nas caracter\u00edsticas f\u00edsicas e fisiol\u00f3xicas asociadas a cada un, sen\u00f3n na asignaci\u00f3n de papeis sociais e encadre en estereotipos. Papeis e estereotipos non son dados de variar, pero a traverso da historia vese branco sobre negro que non son inmutables, e a iso vai a publicaci\u00f3n.<br \/>\nO apoio en positivo dun cambio, neste caso o papel da muller, pode asociarse insconscientemente cunha discriminaci\u00f3n, que resultar\u00eda a outra cara da moeda, a do home. Coido que cando hai un desequilibrio, \u00e9 cousa de corrixilo, e \u00e9 mellor con acci\u00f3ns positivas, de desenvolvemento e comunicaci\u00f3n de pulo, que con acci\u00f3ns negativas, de recorte e machaque pola beira dos beneficiados no desequilibrio. A\u00ednda que pareza que cada acci\u00f3n positiva leva asociada unha discriminaci\u00f3n, coido que non \u00e9 as\u00ed, polas posibilidades que ten cada sexo. Outra cousa \u00e9 que fora desexable un maior desenvovemento conxunto ou individual nunha sociedade que se aboca a xeitos de relaci\u00f3n \u00f3s que non estabamos afeitos hai non moito tempo, e que en moitos aspectos, empobr\u00e9cese conscientemente (noutros, naturalmente, enriqu\u00e9cese).<br \/>\nUn baixo frendemento efectivo: coido que por desgraza foi a t\u00f3nica de Ribadeo Muller ata o momento: moito papel &#8216;tirado&#8217;. Nembargantes, o dito machadiano de que se fai cami\u00f1o \u00f3 andar, golpe a golpe, \u00e9 certo, tam\u00e9n aqu\u00ed: o mesmo que costou ter un m\u00ednimo de audiencia no teatro (m\u00e1is de 10 anos de diferentes protagonistas en cultura) pero pouco a pouco v\u00e1ise conseguindo (quiz\u00e1is haber\u00e1 quen opine que con moitos cartos de m\u00e1is tirados &#8230;) o espallamento de ideas igualitarias entre sexos na sociedade \u00e9 necesario e a\u00ednda que non se vexa polo momento o final, debemos ser conscientes de que o cami\u00f1o recorrido \u00e9 xa inmenso. En Ribadeo, a publicaci\u00f3n aportou sinxelamente o seu grao de area.<br \/>\nAgora, o salto a internet. Internet \u00e9 a plataforma necesaria para continuar, pero est\u00e1 a amosar que polo momento non \u00e9 en moitos aspectos a substituta, a\u00ednda que tenda a selo, dalgunhas publicaci\u00f3ns en papel dirixidas a un determinado p\u00fablico.<br \/>\nE a\u00ed est\u00e1 o quid da cuesti\u00f3n, tal como eu o vexo: que p\u00fablico obxectivo ten Ribadeo Muller? Est\u00e1 adaptada a el? Pode que indagando un pouco m\u00e1is no tema nos levaramos unha sorpresa de onde est\u00e1 hoxe a necesidade de igualdade entre sexos en Ribadeo, despois dun continuado martilleo de esterotipos sexistas nos medios de comunicaci\u00f3n e un retroceso do significado social da muller en m\u00e1is dun aspecto, \u00f3 tempo que leva asociado un florecemento noutros.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ribadeo muller naceu como papel, agora prop\u00e1gase \u00f3s bits. A publicaci\u00f3n tentou dende o seu nacemento de dar unha pulo \u00f3 sentemento feminino en Ribadeo, para evitar unha desigualdade efectiva entre sexos. Dende o comezo, apoiei no que puiden a s\u00faa sa\u00edda, sendo consciente de que unha cousa \u00e9 desigualdade e outra diferenza, unha un [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,18,32,9],"class_list":["post-8274","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-educacion","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8274","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8274"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8274\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8274"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8274"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8274"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}