{"id":8272,"date":"2010-08-06T10:34:00","date_gmt":"2010-08-06T08:34:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:55:18","modified_gmt":"2024-11-12T13:55:18","slug":"ir-de-xira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/08\/06\/ir-de-xira\/","title":{"rendered":"Ir de xira"},"content":{"rendered":"<p>Pasou a <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Miradoiro_de_Santa_Cruz\">Xira<\/a> 2010. Xira en portugu\u00e9s apl\u00edcaselles \u00e1s rapazas bonitas, pero aqu\u00ed o significado \u00e9 moi outro: a xira de Santa Cruz ten o seu nacemento nunha romar\u00eda ad-hoc, na que a m\u00fasica de gaita galega, impulsada pola sociedade Amigos da Gaita, ti\u00f1a a s\u00faa pedra angular. \u00c9 dicir, a diferenza doutras romar\u00edas, coido que o seu nacemento xa foi festeiro de xeito independente a unha cuesti\u00f3n relixiosa, baseado nun movemento no ano 1955 e fortificado no 62 coa sociedade Amigos da Gaita e a inauguraci\u00f3n no 1965 do monumento \u00f3 gaiteiro, do escultor <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fa%C3%ADlde\">Fa\u00edlde<\/a>, e dende aquela, na celebraci\u00f3n do &#8216;d\u00eda da gaita&#8217;. Nese sentido,foi unha celebraci\u00f3n das adiantadas \u00e1s festas de novo cru\u00f1o, independentes de cuesti\u00f3ns relixiosas ou hist\u00f3ricas, que se foron extentendo por toda Europa ben por motivos econ\u00f3micos \u00faltimamente, ben de xeito m\u00e1is sinxelo, pola eclosi\u00f3n dun espacio m\u00e1is de diversi\u00f3n, algo antes.<\/p>\n<p>As\u00ed, chegamos \u00e1 tradici\u00f3n ribadense de xa hai medio s\u00e9culo de subir de xira a Santa Cruz. E como tal tradici\u00f3n parece inmutable. Pero non.<\/p>\n<p>Para comezar, a xira &#8230; era en Santa Cruz. Nas \u00faltimas edici\u00f3ns a cousa f\u00f3ise desprazando, coa substituci\u00f3n de monte por vila. O aumento de xente e a proximidade entre o espazo tradicional da xira e o centro de Ribadeo fan posible que pouco a pouco o n\u00famero de xente en celebraci\u00f3n festeira na vila aumente e retrase a s\u00faa subida. O que se ve aumentado pola afluenza de turistas que, m\u00e1is alleos \u00e1 tradici\u00f3n e m\u00e1is urbanitas que os ribadenses, nunha certa volta a unha orixe romeira diferente, trocan a idea popular en Ribadeo da festa pola s\u00faa propia idea festeira, retrasando cada ano m\u00e1is a subida e convertindo a romar\u00eda en festa urbanita. E isto non moitos anos despois de que o trofeo de f\u00fatbol &#8216;Enma Cuervo&#8217; tivera que cambiar de d\u00eda, despois da s\u00faa coinciendenca por longo tempo co da xira, na procura de algo m\u00e1is de p\u00fablico que lle permitira unha oportunidade para tentar sobrevivir. A festa cada vez m\u00e1is, f\u00e1ise no pobo, de noite e de d\u00eda, retrasando  a subida \u00e1 Santa Cruz ata horas tard\u00edas para comer, e retornando \u00f3 pobo  en canto a xente se sinte con folgos.<\/p>\n<p>Unha testemu\u00f1a correspondente a un <a href=\"http:\/\/video.google.es\/videoplay?docid=5819841461322906512#\">video feito con motivo da Xira de 2004 e colgado en internet<\/a> que apoia o comezo do que remato de dicir:  &#8220;<span id=\"video-description\" style=\"display: block;\">(&#8230;) Ahora cada a\u00f1o va a  m\u00e1s y los jovenes se emborrachan desde horas muy tempranas o d\u00edas  anteriores, van de vinos y despues suben a santa cruz donde siguen con  la fiesta (&#8230;)<\/span>&#8221;<\/p>\n<p>As\u00ed, o que \u00e9 &#8216;festa&#8217; nun sentido que podemos dicir antigo, e o que \u00e9 &#8216;diversi\u00f3n&#8217; nun sentido &#8216;moderno&#8217; tenden a confundirse na organizaci\u00f3n dos festeiros, e a romar\u00eda, a cambiar co mesmo sentido. Este ano fixo furor o barco vikingo, vistoso, que convertiu a xira nun  antroido de ver\u00e1n para o grupo de participantes no mesmo. \u00c9 previsible que dado o \u00e9xito, xurdan novas iniciativas  de disfraz que rematen por incorporar, en breve, a xira \u00f3 antroido, despois de unha primeira intentona de realizar antroidos de ver\u00e1n al\u00f3 a finais do s\u00e9culo pasado como parentes do &#8216;verdadeiro&#8217; antroido organizados pola mesma comisi\u00f3n, e como subsidiarios daquel. O precedente na organizaci\u00f3n de grupos est\u00e1 de xeito craro nas camisetas que comezaron a facerse hai uns anos identificando \u00e1s pandillas que sub\u00edan, e \u00e1s que r\u00e1pidamente se lle foron incorporando diversos aditamentos a gusto da xente, dende un logotipo distintivo\u00f3s nomes dos participantes, pasando craro est\u00e1, por lemas alusivos, case indefectiblemente, \u00e1 animaci\u00f3n \u00e1 bebida.<\/p>\n<p>Un cambio que tam\u00e9n se deu no que vai de d\u00e9cada ou pouco m\u00e1is foi o identificar gallaroufa e ruido con m\u00fasica e canci\u00f3ns, facendo a substituci\u00f3n entre ambos. Xurdiu as\u00ed o que se poder\u00eda chamar tema grupal m\u00e1is que coral, onde o sentido p\u00e9rdese en favor do sentemento do momento, que se enfatiza.<\/p>\n<p>As\u00ed est\u00e1n as cousas estes anos. En diante, dir\u00eda que polo momento seguir\u00e1n a mesma tendencia, e despois Deus (e a xente) dir\u00e1n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pasou a Xira 2010. Xira en portugu\u00e9s apl\u00edcaselles \u00e1s rapazas bonitas, pero aqu\u00ed o significado \u00e9 moi outro: a xira de Santa Cruz ten o seu nacemento nunha romar\u00eda ad-hoc, na que a m\u00fasica de gaita galega, impulsada pola sociedade Amigos da Gaita, ti\u00f1a a s\u00faa pedra angular. \u00c9 dicir, a diferenza doutras romar\u00edas, coido [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9,125],"class_list":["post-8272","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade","tag-xira"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8272","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8272"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8272\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8272"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8272"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8272"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}