{"id":8269,"date":"2010-08-09T07:57:00","date_gmt":"2010-08-09T05:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:55:14","modified_gmt":"2024-11-12T13:55:14","slug":"un-recuncho-da-ria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/08\/09\/un-recuncho-da-ria\/","title":{"rendered":"Un recuncho da r\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>A r\u00eda de Ribadeo, como un todo ou en relaci\u00f3n a partes, leva sido tema en moitos post no blog. Polo nome e a pol\u00e9mica arredor del, pero de xeito primario pola propia r\u00eda, as s\u00faas caracter\u00edsticas, conservaci\u00f3n, etc. E visto o visto, coido que continuar\u00e1 as\u00ed.<br \/>\nO pasado ano, unha vez pasado o ver\u00e1n, amosaba fotos que indican que <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/09\/testemuna-grafica.html\">a r\u00eda non est\u00e1 tan a salvo da contaminaci\u00f3n como poidera parecer<\/a>. Dende aquela, que eu saiba, non se produxeron melloras nese sentido, nin noutros aspecto relativos \u00e1 conservaci\u00f3n do esteiro. E iso, a pesares de que aprece que xa vai funcionando o mecanismo da Reserva de la Biosfera Oscos-Eo-Terras de Bur\u00f3n, que con nome tan complexo pode que se debera a el o retardo na s\u00faa posta en marcha. Reserva que alg\u00fan carto vai dando para os concellos que a engloban, entre os que est\u00e1n os que abrangue a r\u00eda. No medio si que apareceu a primeira parte dun estudo sobre as r\u00edas que inclu\u00eda a de Ribadeo (na parte galega, e preg\u00fantome como se pode dividir un estudo ambiental dunha r\u00eda en conxunto), que, deix\u00e1ndoa ben parada en relaci\u00f3n a outras, non a deixaba inmune.<br \/>\nA r\u00eda, como \u00e9 sabido e como corresponde a calquera outra, tende a colmatarse, \u00e9 dicir, a encher o seu fondo con aportes tanto terrestres como marinos, facendo que o calado dimin\u00faa e parezan bancos de area e humedais. O proceso, que tantas veces se nomea para facer os dragados peri\u00f3dicos e case cont\u00ednuos, segue a avanzar e manif\u00e9stase en pequenas cousas, como na colonizaci\u00f3n por algas de baix\u00edo do fondo da enseada dos bloques. Entre o pasado ano e iste, p\u00faidose observar que a colonizaci\u00f3n algal achegouse abondo m\u00e1is \u00e1 beira do peirao de Mirasol, aumentando no resto a potencia da lama que o ocupa. No tes\u00f3n de Mirasol ocorre algo parello, pois se o pasado ano as colonias de algas eran min\u00fasculas, este xa medraron a\u00ednda que contin\u00faen a ser pequenas. E nos fondos entre o tes\u00f3n de Mirasol e da Vila vella, tam\u00e9n se apreza o fondo con limo m\u00e1is que con area que constitu\u00eda ata agora o chan formado e a masa que quedaba debaixo. \u00c9 dicir, na zona estanse dando dous fen\u00f3menos complementarios: o aumento de algas e de lama nos lugares libres destas. A lama depos\u00edtase nos fondos \u00f3 ter a auga pouco movemento relativo e ser incapaz de arrastras xa abondas part\u00edculas microsc\u00f3picas, indicando un r\u00e9xime de circulaci\u00f3n de auga menor, como corresponde neste caso \u00f3 peche en marea baixa da circulaci\u00f3n de auga entre os tes\u00f3ns da Vila vella e de Mirasol. o que \u00e1 vez, manifesta a evidencia da continuaci\u00f3n da colmataci\u00f3n da r\u00eda, a pesares dos dragados. As algas colonizan un &#8216;chan f\u00e9rtil&#8217;, subministrado pola lama: non hai algas en abundancia en fondos de area, que non \u00e9 f\u00e9rtil. M\u00e1goa que, adem\u00e1is de a lama non ter un aspecto limpo en xeral, na zona dos bloques de unha impresi\u00f3n peor \u00f3 verse de cando en vez alg\u00fan resto no fondo; algo que por outra parte, est\u00e1 facendo da praia dos bloques (abondo concorrida dende a construcci\u00f3n das casas  que a dominan) un solario m\u00e1is que un lugar de ba\u00f1o<br \/>\nEste ano tam\u00e9n viuse un velero franc\u00e9s, que coido que non \u00e9 o primeiro ano que recala fronte as primeiras escaleiras dos bloques, na continuaci\u00f3n do canal do porto, tumbado totalmente \u00f3 desviarse un pouco da posici\u00f3n id\u00f3nea e quedar en marea baixa sen auga. A escea non se repetiu, pois inmediatamente despois abandoou o lugar.<br \/>\nDos remui\u00f1os e correntes na zona, en particular nas diferencias baixada\/subida na punta E do peirao de Mirasol e na punta do espol\u00f3n dos Bloques falaremos alg\u00fan outro d\u00eda con m\u00e1is datos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A r\u00eda de Ribadeo, como un todo ou en relaci\u00f3n a partes, leva sido tema en moitos post no blog. Polo nome e a pol\u00e9mica arredor del, pero de xeito primario pola propia r\u00eda, as s\u00faas caracter\u00edsticas, conservaci\u00f3n, etc. E visto o visto, coido que continuar\u00e1 as\u00ed. O pasado ano, unha vez pasado o ver\u00e1n, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,26,9],"class_list":["post-8269","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8269","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8269"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8269\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8269"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8269"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8269"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}