{"id":8268,"date":"2010-08-10T15:54:00","date_gmt":"2010-08-10T13:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:55:13","modified_gmt":"2024-11-12T13:55:13","slug":"o-camino-de-santiago-no-entorno-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/08\/10\/o-camino-de-santiago-no-entorno-de\/","title":{"rendered":"O cami\u00f1o de Santiago no entorno de Ribadeo, un par de comentarios"},"content":{"rendered":"<p>Hai anos que <a href=\"http:\/\/agremon.pitas.com\/09_06_2004.html\">posteei noutro blog unha entrada relativa \u00f3 cami\u00f1o de Santiago<\/a>, que a<a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/file\/view\/asantiagonoentornoderibadeo.pdf\"> mellorei con gr\u00e1ficos en pdf<\/a>, ou que puxen na Mari\u00f1a\/El Progreso unha serie de tres artigos sobre o cami\u00f1o. Retorno sobre o tema a conto dunha pequena escapada que fixen o outro d\u00eda ata Lourenz\u00e1 en bicicleta e volta, polo Cami\u00f1o de Santiago.<br \/>\nPoucas cousas novas a dicir &#8230; relativamente. Dende o ano santo pasado, variou que s\u00e1ese de Ribadeo atravesando unha nova ponte, sobre a circunvalaci\u00f3n. E pouco m\u00e1is. De calquera xeito, puiden anotar algunha cousa a comentar.<br \/>\nEn primeiro termo, as fontes no cami\u00f1o chaman a atenci\u00f3n, sobre todo se o d\u00eda permete que o Sol este\u00f1a pro riba todo o rato. Pois ben, as fontes que hai no tramo ribadense do cami\u00f1o dist\u00ednguense ben das dos outros tramos ata Vilanova: por unha veira, est\u00e1n en lugares apropiados para o descanso, pequenos parques ad-hoc, \u00f3 contrario que as fontes sitas nos outros concellos; pero pola outra, mentras que as de Barreiros por exemplo especifican auga potable conectada \u00e1 rede, etc, as de Ribadeo locen un cartel onde se especifica que non se sabe da potabilidade da auga (nunha, dominando Arante) ou indicando mediante un s\u00edmbolo que non \u00e9 potable (en Vilela).<br \/>\nTam\u00e9n me chamou a atenci\u00f3n a falta de letreiri\u00f1o cos quil\u00f3metros de distancia a Santiago en c\u00e1seque todolos fitos ata m\u00e1is al\u00f3 da metade do cami\u00f1o a Vilanova. Ser\u00eda cousa de repo\u00f1elos, pero chama m\u00e1is a atenci\u00f3n o feito de que sup\u00f3nse que quenes transitan por al\u00ed son peregrinos cami\u00f1o de Santiago, cun certo esprito relixioso, crete ou non, e cunha noci\u00f3n axeitada do que est\u00e1 ben  facer e do que non.<br \/>\nUnha terceira cousa \u00e9 a conservaci\u00f3n do cami\u00f1o, que se apreza diferente por tramos e por concellos. Dir\u00eda que a proporci\u00f3n de tramos en bo estado \u00e9 inferior no que abrangue o concello de Ribadeo, que ten o conxunto de dous tramos peor de toda a traves\u00eda: un, antes de chegar a San Vicente de Covelas e outro despois de pasara A Ponte de Arante. Neles, o cami\u00f1o est\u00e1 destrozado. En conxunto, non obstante, o cami\u00f1o en Ribadeo manifesta unha atenci\u00f3n de tempo, tendo os regos de escorrent\u00eda m\u00e1is antigos. Tanto m\u00e1is, que os que son feitos con terra sobresa\u00edndo do nivel do cami\u00f1o, xa case con se aprezan.<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiEB7dEEn1EbRaxvgaDw0NDmlePD-oxVIsogicdgV_wZXrmtxZSG6eZROJ8fn8n5XHmfdq3L50XshB-C-wmk9Nh7pawcda2uudJagQlLtbshe4Z8tIa4ORFtVvhe0_0q4irdgBZyg\/s2048\/A+ponte+de+Arante_detalle.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiEB7dEEn1EbRaxvgaDw0NDmlePD-oxVIsogicdgV_wZXrmtxZSG6eZROJ8fn8n5XHmfdq3L50XshB-C-wmk9Nh7pawcda2uudJagQlLtbshe4Z8tIa4ORFtVvhe0_0q4irdgBZyg\/s2048\/A+ponte+de+Arante_detalle.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiGJDfH38h86R-mtyyh3hMT9hQlIF5dj_RtTzb7w6kidLsPqI3vTgNVdsBLSBswUyTABsMqm6LgxaRqJHLQc3EqVEaf3q1ySqAHYqbPL-gc4T-jS4asbqnK5upkpqe0-d1oRI_nyg\/s2048\/A+ponte+de+Arante.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiGJDfH38h86R-mtyyh3hMT9hQlIF5dj_RtTzb7w6kidLsPqI3vTgNVdsBLSBswUyTABsMqm6LgxaRqJHLQc3EqVEaf3q1ySqAHYqbPL-gc4T-jS4asbqnK5upkpqe0-d1oRI_nyg\/s2048\/A+ponte+de+Arante.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nEn canto a informaci\u00f3n, sup\u00f3nse que os peregrinos ve\u00f1en da capital do concello, e na oficina de Turismo hai informaci\u00f3n abonda. En Barreiros te\u00f1en que optar por un cartel\u00f3n enumerando gr\u00e1ficamente as cousas interesantes a visitar. Por certo, que chama a atenci\u00f3n nese cartel, e m\u00e1is adiante, que unha das d\u00faas ramas &#8216;oficiais&#8217; do cami\u00f1o non aparece: f\u00e1ise propaganda da rota por San Xusto, que maximiza o paso polo concello de Barreiros, en lonxitude, fitos de interese ou comercialmente, mentras non se ve indicaci\u00f3n algunha para a variante do San Marcos da Cadeira, que incl\u00fae a Trabada no reparto de zonas de paso.<br \/>\nPor certo, no San Marcos notei que a\u00ednda queban as estruturas provisionais montadas para o San Marcos, hai un par de meses, o que me lembrou que este luns a xente do GRUMIR estaba desarmando tenderetes que quedaran armados o d\u00eda anterior en Santa Cruz.<br \/>\nAs fotos, dous detalles da Ponte de Arante, cruce do Cami\u00f1o de Santiago sobre o R\u00edo Grande.<br \/>\nPor certo, entre cami\u00f1antes adiantados e xa chegados a Vilanova, os n\u00fameros perd\u00e9ronseme \u00f3 pasar de 50&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai anos que posteei noutro blog unha entrada relativa \u00f3 cami\u00f1o de Santiago, que a mellorei con gr\u00e1ficos en pdf, ou que puxen na Mari\u00f1a\/El Progreso unha serie de tres artigos sobre o cami\u00f1o. Retorno sobre o tema a conto dunha pequena escapada que fixen o outro d\u00eda ata Lourenz\u00e1 en bicicleta e volta, polo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-8268","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8268","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8268"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8268\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8268"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8268"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8268"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}