{"id":8247,"date":"2010-08-31T17:00:00","date_gmt":"2010-08-31T15:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:54:37","modified_gmt":"2024-11-12T13:54:37","slug":"os-cocos-tamen-emigraron","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/08\/31\/os-cocos-tamen-emigraron\/","title":{"rendered":"Os cocos tam\u00e9n emigraron"},"content":{"rendered":"<p>(publicado no libro &#8216;<a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Os+Cocos+de+Ribadeo\">Os cocos de Ribadeo<\/a>&#8216;)<\/p>\n<p>Os cocos tam\u00e9n emigraron<br \/>\nDe onde ve\u00f1en os cocos? Os bonecos non te\u00f1en un nacemento como as persoas, pero si naceron nalg\u00fan lugar, da imaxinaci\u00f3n das persoas.<br \/>\nSe nos fiamos da Gran Enciclopedia Galega, Coco s\u00f3 ser\u00eda a referencia dun monte na serra do Cand\u00e1n, en Pontevedra, e A Coca unha aldea da parroquia de Ma\u00f1\u00f3n, en A Coru\u00f1a. En Ribadeo sabemos que son algo m\u00e1is.<br \/>\nApareceu hai xa tempo unha referencia en La Comarca (1), que cita un acta da Confrar\u00eda do Carme de 1870 que da pistas sobre a s\u00faa orixe: (&#8230;) \u201cse acord\u00f3 en dicha sesi\u00f3n el hacer unos gigantes nuevos, para los cuales y la misa, dio D\u00aa Concepci\u00f3n L\u00f3pez Cancelos en nombre de su hijo D. Jos\u00e9 M\u00aa Iglesias, ausente en La Habana, 960 Rs. Vn\u201d. As\u00ed aparece o certificado de nacemento dos cocos, en data de 1870, cun gasto de 917 Rs. en esqueletes e traxes. Nese mesmo escrito queda claro que non son os primeiros &#8216;xigantes&#8217; que houbo en Ribadeo, sen\u00f3n s\u00f3 &#8216;uns novos&#8217;, do mesmo xeito que se desloce unha pista para buscar a s\u00faa orixe anterior: o nome que aparece \u00e9 o de &#8216;xigantes&#8217;, non o de &#8216;cocos&#8217;. Se nos fiamos do nome de &#8216;cocos&#8217;, parece que poder\u00edan estar emparentados coas figuras das festas do Corpus en Redondela (ou algunha das s\u00faas derivaci\u00f3ns posteriores), onde, segundo a web do concello (2), representan a lenda de que \u201ctodo os anos un drag\u00f3n (a &#8220;Coca&#8221;) chegaba a Redondela para capturar virxes que despois devoraba. Os mozos mari\u00f1eiros de Redondela uniron as s\u00faas forzas para loitar coas s\u00faas espadas contra a Coca, \u00e1 que venceron\u201d.<br \/>\nUnha referencia sobre o valor das imaxes daa que 15 anos despois (1885) se pagaran 30 Rs. a un veci\u00f1o por bailar os cocos.<br \/>\nA procura de datos de familiares anteriores dos cocos \u00e9 menos claro. A tradici\u00f3n redondelana estar\u00eda na li\u00f1a de tradici\u00f3ns norte-portuguesas, anteriores no tempo, \u201cCabezudos, xigant\u00f3ns, Z\u00e9s Pereiras-donos-das trovadas, a Coca, esas innumerabeis figuras do imaxinario e das festas do Norte, son fillos dun tempo de festa que xa non usamos, que por veces non entendemos.\u201d dos que falan Francisco Sampaio e M\u00aa do Carmo Ser\u00e9n (de quen est\u00e1 tomada a cita, dun artigo titulado &#8216;Velhos her\u00f3is do mito, Gigantones, Cabe\u00e7udos &#038; C\u00aa'(3)).<br \/>\nPara un mellor entendemento desa tradici\u00f3n, dende B\u00e9lxica, de gran tradici\u00f3n e extensi\u00f3n de xigantes nas festas, fala Jean-Pierre Ducastelle nun artigo, &#8216;Tradition festive en Europe&#8217;, redactado con motivo dun proxecto educativo europeo: &#8216;polo tanto, son as procesi\u00f3ns organizadas para a festa local ou comunal as que deron os xigantes que te\u00f1en sobrevivido ata hoxe&#8217;. No mesmo escrito aparece, referido a Espa\u00f1a e a Portugal, o nacemento de xigantes asociado \u00f3 Corpus (como en Redondela). Tradici\u00f3n pois, que apartar\u00eda o nacemento dos xigantes estilo cocos dunha relaci\u00f3n direita co antroido, se ben nunca se nega unha certa relaci\u00f3n.<br \/>\nOutro estudioso belga do tema, Ren\u00e9 Meurant (4), tercia nas citas anteriores, e, despois de atribu\u00edr unha &#8216;baixa densidade&#8217; de xigantes en Espa\u00f1a (exceptuada Catalu\u00f1a, lugar primeiro no que aparece unha cita sobre xigantes en Espa\u00f1a), fai retroceder a 1265 o primeiro xigante rexistrado en Portugal, e o primeiro tam\u00e9n en Europa, dos que hai m\u00e1is documentos a partires de dous s\u00e9culos despois (xa posteriores \u00f3 &#8216;nacemento&#8217; noutros lugares) e que se reproducir\u00edan polo norte do pa\u00eds veci\u00f1o, dando lugar \u00e1 introducci\u00f3n dos xigantes nas festas de Galicia. Tradici\u00f3n festiva en Portugal que dar\u00eda lugar a varios elementos relacionados cos nosos cocos: o acompa\u00f1amento de gaiteiros, os cabezudos como corte dos xigantes, os fogos de artificio, a asociaci\u00f3n posterior \u00f3 seu nacemento dos xigantes coas festas patronais, etc, inclu\u00edndo a existencia do drag\u00f3n nalg\u00fans lugares, caracterizado co nome de &#8216;coca&#8217; para esta parte da fronteira, en Baiona ou Redondela, e posible orixe do nome dos xigantes ribadenses. Este autor tam\u00e9n refire varios elementos m\u00e1is que explicar\u00edan outras caracter\u00edsticas: non s\u00f3 a Coca compostel\u00e1, posterior \u00f3s xigantes redondelanos, sen\u00f3n tam\u00e9n a prohibici\u00f3n en Espa\u00f1a de diversas imaxes xigantes pola igrexa a partires do s. XVI, o que dar\u00eda lugar a un certo atraso das ideas sobre xigantes na nosa terra en relaci\u00f3n a outros lugares, e tam\u00e9n \u00e1 copia e reaparici\u00f3n posterior.<br \/>\nAs\u00ed pois, cal \u00e9 a orixe? A\u00ednda est\u00e1 por atopar alg\u00fan documento m\u00e1is antigo que refira os ancestros dos cocos ribadenses, pero parece claro que os av\u00f3s, emigrantes, hai que procuralos no sur de Galicia e norte de Portugal.<\/p>\n<p>1.Singladura dunha cofrar\u00eda ribadense (e II), Rua, Antonio. La Comarca del Eo, 20\/7\/2002, p. 8<br \/>\n2. http:\/\/redondela.isum.centromultimedia.net\/ilive\/grp.serviciosXerais.culturaTurismoOcio consultada en 9\/07\/2009<br \/>\n3.Referido en Gigantones &#038; companhia. Ferreira, Virgilio e Ser\u00e9n, M\u00aa do Carmo. Marca AG. Porto 2005<br \/>\n4.G\u00e9ants processionnels et de cort\u00e8ge. En Europe, en Belgique, en Wallonie. Meurant, Ren\u00e9. Commision Royale Belgue de Floklore, Bruxelles 1979, pp. 319, ss e artigos ss.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(publicado no libro &#8216;Os cocos de Ribadeo&#8216;) Os cocos tam\u00e9n emigraron De onde ve\u00f1en os cocos? Os bonecos non te\u00f1en un nacemento como as persoas, pero si naceron nalg\u00fan lugar, da imaxinaci\u00f3n das persoas. Se nos fiamos da Gran Enciclopedia Galega, Coco s\u00f3 ser\u00eda a referencia dun monte na serra do Cand\u00e1n, en Pontevedra, e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-8247","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8247","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8247"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8247\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8247"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8247"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8247"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}