{"id":8239,"date":"2010-09-06T22:52:00","date_gmt":"2010-09-06T20:52:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:54:21","modified_gmt":"2024-11-12T13:54:21","slug":"ribadeo-ten-necesidades-adultas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/09\/06\/ribadeo-ten-necesidades-adultas\/","title":{"rendered":"Ribadeo ten necesidades adultas"},"content":{"rendered":"<p>1992: Ribadeo perde a rama sanitaria de FP&#8230; un feito, como outros moitos de perdas que leva Ribadeo. Eficiencia na xesti\u00f3n, al\u00e9gase unhas veces. Aforro de cartos, outras. Non hai xente abonda (conxunto das d\u00faas anteriores, dando un rodeo), a\u00ednda outras. Mentres, segue a derrama. Agora tocoulle o turno \u00f3 &#8216;Bacepa&#8217;, nome abondo malsoante que tras de si ten unha realidade: a do bacharelato (Bac) no ensino permanente de adultos (Epa).<br \/>\nPolo momento, &#8216;non o levan&#8217;. Simplesmente, desarman o que hai, deix\u00e1ndoo no chasis, sen dar unha alternativa funcional. Na ret\u00f3rica oficial, substit\u00faen a educaci\u00f3n presencial pola semipresencial.<br \/>\nAs raz\u00f3ns? O certo \u00e9 que non o te\u00f1o craro: Poucos alumnos, dixeron. A resposta do centro, contundente: a\u00ed est\u00e1n as listas e os asistentes. Eficiencia dos cartos (non o dixeron as\u00ed \u00e1s craras, que eu saiba). Resulta que hai profesorado no centro que o imparte, o IES Dionisio Gamallo Fierros, con horas abondas para cubrir horario. Non se lles ocorreu dicir tampouco o  de &#8216;un maior rendemento educativo&#8217;: sen preparaci\u00f3n previa do centro, do profesorado e dos propios alumnos, dificilmente poder\u00eda manterse m\u00e1is al\u00f3 de dez segundos unha afirmaci\u00f3n semellante. Pod\u00edase ter dito tam\u00e9n &#8216;\u00e9 o futuro&#8217;, e quiz\u00e1is por a\u00ed non ir\u00edan moi errados&#8230; se o contemplaran como algo complementario, que pode facilitar as cousas a algunha xente, en troques de suplementario, dificultando o acceso \u00e1 educaci\u00f3n a xente que se est\u00e1 a beneficiar del nestes momentos.<br \/>\nEn canto \u00e1 t\u00e9cnica seguida para o cambio, a cousa est\u00e1 crara: ordeo, mando e faigo saber, e queda o ver\u00e1n por medio, dificultando as protestas de alumnos e tam\u00e9n dos profesores. Tam\u00e9n est\u00e1 a t\u00e9cnica pol\u00edtica: se temos un grupo de man no concello, non hai apoio un\u00e1nime \u00e1 postura contraria \u00f3s nosos quereres, e nese sentido, vaise capeando o temporal. O tempo, de parte de quen manda: non \u00e9 a primeira vez que sucede, a historia est\u00e1 chea de casos semellantes, e as cousas vanse esquecendo.<br \/>\nPolo medio, acusaci\u00f3ns e medias verdades ou mentiras contra datos obxectivos. E desmobilizaci\u00f3n, facendo esquecer e esquecendo aquelo de se debe defender o que cremos xusto, nos afecte ou non: pois en caso contrario, adem\u00e1is de propiciar a inxustiza, c\u00f3rrese o perigo de non ter quen nos defenda cando sinxelamente defendamos un dereito que este\u00f1amos a usar n\u00f3s: eso tam\u00e9n \u00e9 educaci\u00f3n.<br \/>\nEn fin, aproveito o mandato da diretiva de O Tes\u00f3n para, \u00f3 tempo que deixo constancia do apoio desta AVV \u00e1 permanencia en Ribadeo do bacharelato presencial de adultos no actual formato presencial, tentar de que a sociedade ribadense non esqueza un problema m\u00e1is e chamar a atenci\u00f3n sobre alg\u00fan aspecto da actualidade educativa ribadense. A educaci\u00f3n pode ser un xogo, hai xogos educativos, p\u00f3dese xogar &#8230; pero sabendo que \u00e9 un xogo, e que Ribadeo ten necesidades adultas, como pobo adulto que \u00e9.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>1992: Ribadeo perde a rama sanitaria de FP&#8230; un feito, como outros moitos de perdas que leva Ribadeo. Eficiencia na xesti\u00f3n, al\u00e9gase unhas veces. Aforro de cartos, outras. Non hai xente abonda (conxunto das d\u00faas anteriores, dando un rodeo), a\u00ednda outras. Mentres, segue a derrama. Agora tocoulle o turno \u00f3 &#8216;Bacepa&#8217;, nome abondo malsoante que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18,9],"class_list":["post-8239","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8239","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8239"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8239\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8239"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8239"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8239"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}