{"id":8225,"date":"2010-09-25T15:43:00","date_gmt":"2010-09-25T13:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:54:03","modified_gmt":"2024-11-12T13:54:03","slug":"despois-de-17-anos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/09\/25\/despois-de-17-anos\/","title":{"rendered":"Despois de 17 anos"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; A semana pasada apareceu na prensa a nova dun escrito relacionado co ruido en Ribadeo, que pode dicirse que xa foi contestado por once veci\u00f1os de xeito an\u00f3nimo e polo alcalde.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Despois de 17 anos de aguantar ru\u00eddo nocturno e ter acumulado unha morea de informaci\u00f3n e denuncias realizadas, ter sufrido artima\u00f1as diversas, imprecaci\u00f3ns, ameazas, etc, decid\u00edn tomarme a cousa con calma para contestar tam\u00e9n \u00e1 mi\u00f1a vez.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Entendo \u00f3s veci\u00f1os que asinaron e non queren darse a co\u00f1ecer. A\u00ednda que non te\u00f1o constancia de que a situaci\u00f3n sexa xeralizada, coido que se pode chamar mafia se un grupo ameaza para conseguir impor o que quere, e parece ser que nesa situaci\u00f3n estamos. Algo alarmante.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Pasando \u00f3 escrito da chamada asociaci\u00f3n de veci\u00f1os Atalaia, que xa mentiu sobre min algunha vez como deixei claro, coido que defende os intereses dalg\u00fan dos seus membros, \u00f3 que non se pode sumar o valor dos argumentos, que non te\u00f1en. Por que penso iso? Baste dicir que a idea viuse afianzada despois de escoitar esta mesma semana no pleno unha pregunta sobre tres sanci\u00f3ns &#8216;leves&#8217; a dous locais da mesma propiedade.<br \/>\nDin querer evitar unha caza de bruxas, e falan de igualdade e liberdade. Quiz\u00e1is sexa a liberdade dalg\u00fan local para incumprir as regras durante abondo m\u00e1is dunha d\u00e9cada, ampliando paulatinamente o negocio para seguir aumentando o incumprimento. Quiz\u00e1is sexa a igualdade do dereito a facer ru\u00eddo invitando a facelo a quen non quere escoitalo e sufrilo.<br \/>\nDin que est\u00e1 en xogo o modelo de Ribadeo que queren. Quiz\u00e1is o modelo sexa o de ganar cartos cun facendo o que lle pete, e facendo sufrir a outros. Asemade, din que \u00bfquiz\u00e1is o escrito presentado \u00faltimamente? \u00e9 por af\u00e1n de notoriedade dalg\u00fans. \u00d3 mellor mo aplican a min, que despois de tantos anos imp\u00f3rtame un bledo sa\u00edr co meu nome na prensa (coidado, dicindo a verdade, non sendo pasto das mentiras doutros!), pero coido que neste caso est\u00e1n a dicilo polos once asinantes an\u00f3nimos que presentaron un escrito que desco\u00f1ezo. E non lle vexo moito sentido.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Din que se se producen molestias son por falta de civismo e non debido \u00e1 actividade hostaleira, e \u00e9 evidente que o servir copas non ten por que producir molestia, pero a falta de civismo manif\u00e9stase tanto en sobrepasar unha, outra, e outra vez o horario de peche como en manter as portas abertas (tendo d\u00faas, unha aberta &#8216;por defecto&#8217;) con m\u00fasica sobrepasando os decibelios, con illamento escaso ou nulo, &#8230; e tam\u00e9n \u00e9 evidente que a xente borracha toma copas nalgures, motivo polo cal, na normativa -que non se cumpre e a\u00ednda as\u00ed tanto se opuxo a asociaci\u00f3n a cambiar- aparece o compromiso dos locais a manter orde nos seus clientes, tam\u00e9n no relacionado coas entradas e sa\u00eddas.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por certo, e facendo un inciso, sempre me quedou a d\u00fabida de se o principal motivo declarado contra o cambio de normativa, a instalaci\u00f3n dun aparello, era polo custe (unha soa vez e menos do que costa unha fiestra) ou porque ent\u00f3n o ru\u00eddo xa non ti\u00f1a evasiva para que alg\u00fans locais tenten dicir que o que molesta \u00e9 o ru\u00eddo que producen os outros (locais ou clientes) e non eles.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Falan de potenciar os locais nouturnos establecendo zonas de ocio. As zonas de ocio, para aguantar o ru\u00eddo, quiz\u00e1is ter\u00edan que ser \u00e1s af\u00f3ras, mesmo nos espazos a\u00ednda libres do pol\u00edgono industrial, o que se contrad\u00ed cos seus propios intereses.<br \/>\nPiden exenci\u00f3n de cumprimento de horarios cando a eles lles interese, pois &#8216;o horario debe ser libre e non ten nada que ver co ruido&#8217;. Debe ser a mesma independecia horario-ru\u00eddo que se produce cando a m\u00fasica segue a todo volume f\u00f3ra do horario permitido. Falan de cumprir as medidas de insonorizaci\u00f3n \u00e1s 7 da tarde de igual xeito que \u00e1s 7 da ma\u00f1\u00e1: entre outras cousas, a parte de que a normativa apoiada por eles non trata igual os ru\u00eddos a t\u00f3dalas horas, tampouco \u00e9 igual a transmisi\u00f3n de ru\u00eddo con todo cerrado (inclu\u00edndo cortinas!) que &#8216;en situaci\u00f3n de funcionamento normal&#8217;.<br \/>\nFalan de po\u00f1er unha taxa por medici\u00f3n co son\u00f3metro municipal. Claro que, se se sobrepasa o permitido, os locais ser\u00edan os que ter\u00edan que pagala de xeito subsidiario, a parte da multa correspondente, pero \u00f3 final, non ser\u00eda o veci\u00f1o quen tivera que facelo sempre que a medici\u00f3n sobrepasase o permitido. Ou non \u00e9 as\u00ed? E que as dependencias das casas deben cumprir a normativa. Vamos, que os culpables do ru\u00eddo van rematar sendo os veci\u00f1os, por iso hai que po\u00f1er impedimento e dificultar a comprobaci\u00f3n &#8230; sinxelamente, con medir na r\u00faa (algo que ten os seus baremos na normativa actual) poden estar as dependencias como sexan, ou medir coa vent\u00e1 aberta. Unha cousa \u00e9 o posible non cumprimento dalg\u00fan c\u00f3digo t\u00e9cnico por unha parte e outra moi diferente e sen relaci\u00f3n algunha, o non incumplir a lei polo outro extremo.<br \/>\nE seguimos: piden non perseguir a locais determinados&#8230; cando se trata de sancionar \u00f3s que incumpren, non en xeral. Que s\u00f3 funcionen con ambientaci\u00f3n musical os autorizados a tal efecto (aqu\u00ed si, locais determinados) &#8230; pero non din cales a te\u00f1en e non est\u00e1n autorizados, non vaia ser que se indispo\u00f1an cos donos.<br \/>\nPostos a arremeter e confundir, pasan a meterse con festas, concertos e demais \u00f3 tempo que piden decretar unha &#8216;maior permisividade ac\u00fastica&#8217;. Ribadeo treme. Non de medo, sen\u00f3n polas vibraci\u00f3ns producidas&#8230; E citan un texto dun decreto dirixido precisamente a esas festas de d\u00edas concretos (d\u00edas, di a norma, &#8216;excepcionais&#8217;, non incontrolables) que queren meter no mesmo saco que os cont\u00ednuos ru\u00eddos de locais.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Hai m\u00e1is puntos, pero non quero alongarme: finalizan pedindo o mesmo trato para todos os ribadenses. Os mesmos dereitos, as mesmas obrigas. S\u00ed, por favor!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; A semana pasada apareceu na prensa a nova dun escrito relacionado co ruido en Ribadeo, que pode dicirse que xa foi contestado por once veci\u00f1os de xeito an\u00f3nimo e polo alcalde. &nbsp;&nbsp; Despois de 17 anos de aguantar ru\u00eddo nocturno e ter acumulado unha morea de informaci\u00f3n e denuncias realizadas, ter sufrido artima\u00f1as diversas, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[70,9],"class_list":["post-8225","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ruido","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8225","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8225"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8225\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8225"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8225"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8225"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}