{"id":8195,"date":"2010-10-24T11:23:00","date_gmt":"2010-10-24T09:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:53:04","modified_gmt":"2024-11-12T13:53:04","slug":"dionisio-fierros-comentado-por-celia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/10\/24\/dionisio-fierros-comentado-por-celia\/","title":{"rendered":"Dionisio Fierros comentado por Celia Castro"},"content":{"rendered":"<p>Onte tivo lugar a terceira das <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2010\/10\/ciclo-de-charlas-ribadeo-e.html\">charlas do ciclo &#8216;Ribadeo e &#8230;&#8217; organizado pola AVV O Tes\u00f3n<\/a>. O tema foi <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Dionisio_Fierros_%C3%81lvarez\">Dionisio Fierros<\/a>, pintor vinculado con Ribadeo a\u00ednda que nado en Cudillero.<br \/>\nCelia leva anos estudando a obra de Dionisio e encadr\u00e1ndoa en relaci\u00f3n cunha tem\u00e1tica que toca nas s\u00faas clases, a fotograf\u00eda, e que naqueles tempos estaba nacendo, a partires da \u00e9poca dos <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Daguerrotipo\">daguerrotipos<\/a>. A partir desa relaci\u00f3n, a s\u00faa amizade co fot\u00f3grafo da corte, a s\u00faa relaci\u00f3n cos Madrazo, no taller dos que aprendeu, etc, Celia levou o descorrer da charla diante dos trinta asistentes por vericuetos ilustrativos da arte do pintor, a partir dos seus cadros costumistas, de historia, retratos reais e outros (inclu\u00eddos os relacionados con Ribadeo de xeito m\u00e1is direito, como o de <a href=\"http:\/\/ribadeo-historia.blogspot.com\/2010\/10\/idade-de-ouro-da-banca-en-ribadeo.html\">Bengoechea<\/a> ou da s\u00faa familia)<br \/>\nO seu bordado de tipos humanos, como un dos persoeiros dun cadro, o cego da zanfona, leva \u00f3 seu encadre como pintor figurativo e, \u00f3 tempo, realista. O seu valor non ven dado por un s\u00f3 cadro, como amosa a cita \u00f3 longo da charla de numerosos cadros premiados en diversos certames, pero si pode ser orientativo que no 2004 (110 anos despois da s\u00faa morte) o seu cadro &#8216;La romer\u00eda&#8217; fora adxudicado nunha subasta por 350 000 \u20ac. Tam\u00e9n son indicativas citas como que tivo encargos oficiais, que reproducci\u00f3ns fotogr\u00e1ficas de cadros seus foron vendidas polo fot\u00f3grafo <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/J._Laurent\">Jean Laurent<\/a>. O que non significa que no seu tempo todo foran reco\u00f1ecementos, como amosa alg\u00fan comentario de &#8216;<a href=\"http:\/\/www.cervantesvirtual.com\/FichaObra.html?Ref=22748\">El Museo Universal<\/a>&#8216;.<br \/>\nO conxunto da charla non cabe nunha rese\u00f1a sinxela e non querer\u00eda destragala. As\u00ed, dicir que o vermello intenso g\u00fastalle non deixa de ser unha curiosidade illada, como o destacar a influenza de <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Ingres\">Ingres<\/a> nalg\u00fans cadros, ou dicir que Fierros era un pintor cosmopolita, moi ben relacionado. Quiz\u00e1is diga algo m\u00e1is para os ribadenses a existencia dunha colecci\u00f3n de pintura, case monogr\u00e1fica del, en B\u00f3s Aires, en posesi\u00f3n dos irm\u00e1ns Moreno a comezos do s\u00e9culo XX&#8230;<br \/>\nA charla rematou, aproveitando a presenza do alcalde e a concelleira de cultura, coa petici\u00f3n dun museo, para permitir o futuro do pasado.<br \/>\nUnha <a href=\"http:\/\/pintura.aut.org\/SearchAutor?Autnum=13.936\">web cunha secci\u00f3n sobre os cadros de Fierros<\/a>.<br \/>\nAntes da charla tam\u00e9n se deron <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2010\/10\/avisos-da-asociacion-para-outubro-e.html\">varios avisos<\/a>:<br \/>\n&#8211; Pr\u00f3xima charla, pr\u00f3ximo s\u00e1bado, \u00e1 mesma hora (20:30), Luciano  Zubillaga Zubillaga a persoa encargada de recollida de datos  meteorol\u00f3xicos estas \u00faltimas d\u00e9cadas na &#8216;Pedro Murias&#8217;, Ribadeo e &#8230; o  tempo.<br \/>\n&#8211; Est\u00e1 previsto un  II ciclo de charlas &#8216;Ribadeo e &#8230;&#8217; para Marzo. Posibles temas, Ribadeo e o ensino, a competencia, Hern\u00e1n Naval, &#8230;<br \/>\n&#8211;  O 20 de novembro, s\u00e1bado, a avv ten programado unha viaxe a Meira, con visita \u00e1 colexiata, Pedregal  de Irimia, Fonmi\u00f1\u00e1, &#8230; : apuntarse a partires do pr\u00f3ximo s\u00e1bado.<br \/>\n&#8211; A partires da pr\u00f3xima semana, e en li\u00f1a co xa impulsado algunha vez pola asociaci\u00f3n, recollida de sinaturas a favor do retorno do xulgado a Ribadeo, con follas nos comercios.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte tivo lugar a terceira das charlas do ciclo &#8216;Ribadeo e &#8230;&#8217; organizado pola AVV O Tes\u00f3n. O tema foi Dionisio Fierros, pintor vinculado con Ribadeo a\u00ednda que nado en Cudillero. Celia leva anos estudando a obra de Dionisio e encadr\u00e1ndoa en relaci\u00f3n cunha tem\u00e1tica que toca nas s\u00faas clases, a fotograf\u00eda, e que naqueles [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[45,10,74],"class_list":["post-8195","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-celia-castro","tag-cultura","tag-o-teson"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8195","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8195"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8195\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8195"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8195"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8195"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}