{"id":8188,"date":"2010-10-31T12:11:00","date_gmt":"2010-10-31T11:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:52:53","modified_gmt":"2024-11-12T13:52:53","slug":"charla-de-onte-viaxe-de-pasado-mana-e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/10\/31\/charla-de-onte-viaxe-de-pasado-mana-e\/","title":{"rendered":"A charla de onte, a viaxe de pasado ma\u00f1\u00e1 e &#8230; quiz\u00e1is o xulgado dalg\u00fan d\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>Deixo adxunto unha <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2010\/10\/nota-de-prensa-charla-xulgado-e-viaxe.html\">nota de prensa de O Tes\u00f3n<\/a>:<br \/>\nAVV O Tes\u00f3n<br \/>\nNota de prensa<br \/>\nRibadeo, 20101031<\/p>\n<p>Cunha entrada de 30 asistentes finalizou onte d\u00eda 30 de outubro o primeiro ciclo de conferencias que a AVV O Tes\u00f3n mantivo durante todo o mes na Casa das Letras de Ribadeo. Os temas, que levaban por t\u00edtulo xen\u00e9rico &#8216;Ribadeo e &#8230;&#8217; foron o mar, o medio ambiente, o pintor Dionisio Fierros e o tempo (no sentido de temperie), e a s\u00faa acollida anima \u00e1 asociaci\u00f3n a anunciar xa un segundo ciclo para os venres do pr\u00f3ximo mes de marzo, con contidos que ser\u00e1n anunciados m\u00e1is adiante.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 conferencia \u201cRibadeo e &#8230; o tempo\u201d, nela Luciano Zubillaga expuso en tres partes ben diferenciadas unha introducci\u00f3n \u00f3 tempo en Ribadeo. Na primeira, pr\u00f3logo do conxunto, espuxo a dependencia que existe entre a nosa vida e o tempo e a importancia do m\u00e9todo, esquematizando as partes posteriores.<\/p>\n<p>Pasou logo a distinguir tempo de clima. \u00c9 dicir, algo funci\u00f3n non s\u00f3 do lugar, sen\u00f3n do momento (e que polo tanto pode ser igual en dous lugares moment\u00e1neamente a\u00ednda que non o sexa en xeral), distinguido dunha caracter\u00edstica que define a un lugar ou conxunto de lugares. Posteriormente fixo un repaso dos aparellos meteorol\u00f3xicos que se usan na Pedro Murias, desde os sinxelos term\u00f3metros diferenciados pola s\u00faa colocaci\u00f3n, \u00f3s m\u00e1is raros heli\u00f3grafo ou anemocinem\u00f3grafo, para medir as horas de Sol o primeiro e para gardar o rexistro da velocidade e direcci\u00f3n do vento o segundo. Espuxo bases de an\u00e1lise do clima que non deixan de ser curiosidades para o cidad\u00e1n, como o descenso da temperatura media a medida que se avanza en altura (do orde de 0,6\u00baC cada 100m, o que leva a temperaturas de -40 ou -50\u00baC a gran altura), ata a pregunta\/resposta \u201cclima agradable? &#8211; lugar adecuado\u201d, que nos levou \u00e1 situaci\u00f3n do noso planeta arredor do Sol, \u00f3 seu xiro ou \u00e1 influenza da atmosfera.<\/p>\n<p>Na parte final, introducida por o xeito en que se realizan as medici\u00f3ns, mantidas por formalidade, veracidade e m\u00e9todo no traballo, pasou revista \u00f3 detalle das observaci\u00f3ns tanto no antigo complexo de Benquerencia como na Pedro Murias. Comezou co parte diario da estaci\u00f3n manual, vendo como se cobre e o seu tratamento, por folla de c\u00e1lculo e o seu env\u00edo a MeteoGalicia e AEMET para contrastar os datos das d\u00faas estaci\u00f3ns autom\u00e1ticas que funcionan na granxa. Seguiu logo cos datos mensuais e anuais e a an\u00e1lise de medici\u00f3ns recollidas na \u00faltima d\u00e9cada, da que resulta o 2004 o ano m\u00e1is seco e o 2008 o m\u00e1is h\u00famido cunha precipitaci\u00f3n pr\u00e1cticamente dobre, e a detalles m\u00e1is concretos, como a an\u00e1lise da choiva no ver\u00e1n de 2010, calificable como seco para Ribadeo. Como final, centrouse nas medias meteorol\u00f3xicas, e destacou que na d\u00e9cada a temperatura media f\u00f3ra de 13,8\u00baC, cunha variaci\u00f3n entre 17,4 e 10,2 para as medias das temperaturas m\u00e1ximas diarias e as m\u00ednimas diarias (\u00e9 dicir, unha diferencia media m\u00e1xima entre d\u00eda e noite de 7,2\u00baC), as\u00ed como que a media anual de choiva estableceuse en 932,7 mm.<\/p>\n<p>Posteriormente houbo un turno de preguntas no que sa\u00edron diversos outros temas colaterais, como a conservaci\u00f3n de datos meteorol\u00f3xicos dos primeiros tempos da Pedro Murias.<\/p>\n<p>No acto, asemade, a AVV O Tes\u00f3n deu dous avisos. O primeiro, o comezo da recollida de sinaturas pro recuperaci\u00f3n do xulgado en Ribadeo, que se fixo \u00f3 finalizar a conferencia e que ser\u00e1 extendida nos pr\u00f3ximos d\u00edas a diversos establecementos ribadenses, buscando a cohesi\u00f3n de pobo e partidos pol\u00edticos, aglutinados en unha mesma direcci\u00f3n e evitando facer do xulgado un tema de loita pol\u00edtica: \u00e9 algo no que Ribadeo debe estar unido.<\/p>\n<p>O segundo, o aviso doutra actividade da asociaci\u00f3n, unha viaxe a Meira o pr\u00f3ximo d\u00eda 20, no que est\u00e1 previsto visitar a colexiata, o pedregal de Irimia e Fonmi\u00f1\u00e1, entre outros lugares. O custe (comida a parte) \u00e9 de 10 \u20ac para socios e familiares pr\u00f3ximos e 12 para a xente en xeral, apunt\u00e1ndose nos tel\u00e9fonos 663749442 \u2013 629806592 \u2013 696200678 ou direitamente a un membro da directiva da asociaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Deixo adxunto unha nota de prensa de O Tes\u00f3n: AVV O Tes\u00f3n Nota de prensa Ribadeo, 20101031 Cunha entrada de 30 asistentes finalizou onte d\u00eda 30 de outubro o primeiro ciclo de conferencias que a AVV O Tes\u00f3n mantivo durante todo o mes na Casa das Letras de Ribadeo. Os temas, que levaban por t\u00edtulo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,74,9],"class_list":["post-8188","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-o-teson","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8188","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8188"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8188\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8188"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8188"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8188"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}