{"id":8186,"date":"2010-11-01T17:49:00","date_gmt":"2010-11-01T16:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:52:50","modified_gmt":"2024-11-12T13:52:50","slug":"facendo-historia-sobre-vilaselan","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/11\/01\/facendo-historia-sobre-vilaselan\/","title":{"rendered":"Facendo historia: sobre&#8217; Vilasel\u00e1n, aproximaci\u00f3n hist\u00f3rica&#8217;"},"content":{"rendered":"<p>A semana pasada, falando cunha persoa allea en principio a Ribadeo pero que xa vai co\u00f1ecendo moitas cousas da nosa vila, dic\u00edame que a historia de Ribadeo est\u00e1 por contar. Era un parecer, visto a partir dunha perspectiva for\u00e1nea, pero compartido por moita xente e contrastable coa realidade ribadense.<\/p>\n<p>Unha parte de ese Ribadeo que est\u00e1 por lembrar \u00e9 Vilasel\u00e1n, en contraste e \u00f3 mesmo tempo acordo con que en parte o pobo de Ribadeo sexa tam\u00e9n pertencente \u00e1 parroquia de Vilasel\u00e1n. Para cubrir a base da historia desa parroquia remata de sa\u00edr do prelo o \u00faltimo (polo momento) libro de Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez.<\/p>\n<p>Jos\u00e9 M\u00aa xa nos ten aberto varios campos, relacionados coa historia das persoas e lugares ou coa das palabras, con varios libros a parte das s\u00faas colaboraci\u00f3ns en revistas especializadas e os seus puntuais artigos na Comarca del Eo. Como mostra, a\u00ed est\u00e1n \u201cEstudio sobre toponimia de Ribadeo\u201d, do 2007, no que relaciona historia e actualidade a traverso dos nomes, &#8221;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/09\/descubrindo-algun-libro-de-ribadeo-en.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Sobre os castros de Ribadeo<\/a>&#8220;, obra editada no 2008, identificando as ra\u00edces lonxanas dos poboamentos da bisbarra e dirixida a un pasado que a\u00ednda pode ser fecundo para o noso pobo, ou a s\u00faa participaci\u00f3n en  &#8216;Ribadeo no tempo, a trav\u00e9s das imaxes: outro Ribadeo foi posible&#8217;, no que colaboramos ambos con Gilberto Su\u00e1rez, aproveitando as fotos de que nos conseguiu Pepe, no 2006. Para artigos especializados, valla de exemplo o seu recente &#8216;El monasterio de Esperautano, un problema resuelto&#8217; publicado en Estudios Mindonienses no ano 2008. <\/p>\n<p>Coido que non \u00e9 necesario, por co\u00f1ecido, deixar un esbozo biogr\u00e1fico dunha persoa que leva participado en postos directivos en varias asociaci\u00f3ns veci\u00f1ais e ten amosado de diversos xeitos o seu interese polo pobo, mesmo unha e outra vez nos seus escritos, que non todos son de tema hist\u00f3rico, sen\u00f3n m\u00e1is ben preferentemente de interese social.<\/p>\n<p>As\u00ed, centr\u00e1ndonos no libro, chama primeiramente a atenci\u00f3n a portada e a contraportada. A primeira, un documento antigo (escrito correspondente \u00e1 &#8216;Fundaci\u00f3n de la cofrad\u00eda de Nuestra se\u00f1ora del Rosario&#8217;, de 1607), feito polo tanto non s\u00f3 cun tipo de letra que hoxe costa traballo reco\u00f1ecer, sen\u00f3n cun estilo de expresi\u00f3n \u00f3 que lle ocorre o mesmo, e a\u00ednda m\u00e1is, que se pode facer dif\u00edcil de interpretar pola mentalidade que daquela se ti\u00f1a. Un documento t\u00edpico para o traballo sobre o tema do libro, que simboliza a porta \u00e1 informaci\u00f3n que hai detr\u00e1s dos meros datos e que hai que recopilar para escribir un libro como este. Na contraportada, un plano da parroquia para o catastro do Marqu\u00e9s de la Ensenada (1752), que, doutro xeito, ven representar algo parello \u00e1 portada, e, \u00f3 mesmo tempo, ofrece unha sa\u00edda do libro, delimitante, que contrasta coa introducci\u00f3n daquela, un dos moitos documentos contrastados que se poder\u00eda atopar \u00f3 chou de dispo\u00f1elos todos en conxunto. As\u00ed, obs\u00e9rvase neste documento que o termo parroquial de Vilasel\u00e1n vese limitado en parte con &#8216;La Villa&#8217;, &#8216;Sra. De Obe&#8217; e na meirande parte terrestre, con &#8216;Fra de San Juan de Pi\u00f1eyra&#8217; (feligres\u00eda de &#8230;), seguindo li\u00f1as rectas. E cunha costa na que non se fai distingos entre mar e r\u00eda, ou \u00e1 inexistencia da Illa Pancha no descrito (neste caso, queda a d\u00fabida de que sexa por corte dos l\u00edmites no pliego), ou \u00f3s meandros que forma o r\u00edo de Vilasel\u00e1n, que polo contrario, si aparece, sen ser nomeado.<\/p>\n<p>E, no medio, o libro. Son os detalles de documentos como os anteriores os que dan as claves para estruturar a historia de xeito un\u00edvoco, minimizando as d\u00fabidas. Sup\u00f3n as\u00ed unha interpretaci\u00f3n de documentos para convertilos en informaci\u00f3n, procura de datos, an\u00e1lise do territorio, &#8230; algo que \u00e9 exposto en d\u00faas partes ben diferenciadas. A primeira, o que ten representado a agrupaci\u00f3n territorial e os seus avatares. A segunda, a estrutura org\u00e1nica propia, dir\u00edamos intemporal, que subministra o fondo a esa agrupaci\u00f3n, a s\u00faa relaci\u00f3n coa igrexa. Ambas partes, sinaladas cunha mirada actual e ilustradas non s\u00f3 coas fotos que fan de encadre a aspectos da obra, sen\u00f3n tam\u00e9n coa transcrici\u00f3n de moitos documentos, partes deles ou sinxelas citas, que nos permiten, \u00f3 tempo que vemos a interpretaci\u00f3n de Jos\u00e9 M\u00aa, introducirnos na nosa propia interpretaci\u00f3n e representaci\u00f3n, e, con elas, na historia que nos ven dada e \u00e1 que pertencemos.<\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/lembrando-jose-maria-rodriguez-obras.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Obras de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A semana pasada, falando cunha persoa allea en principio a Ribadeo pero que xa vai co\u00f1ecendo moitas cousas da nosa vila, dic\u00edame que a historia de Ribadeo est\u00e1 por contar. Era un parecer, visto a partir dunha perspectiva for\u00e1nea, pero compartido por moita xente e contrastable coa realidade ribadense. Unha parte de ese Ribadeo que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,20,106],"class_list":["post-8186","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-jose-ma-rodriguez","tag-publicado-en-ribadeo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8186","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8186"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8186\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8186"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8186"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8186"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}