{"id":8170,"date":"2010-11-17T07:21:00","date_gmt":"2010-11-17T06:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:52:19","modified_gmt":"2024-11-12T13:52:19","slug":"20101115-pleno-longo-ii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/11\/17\/20101115-pleno-longo-ii\/","title":{"rendered":"20101115, Pleno longo (II)"},"content":{"rendered":"<p>&#8230; tanto que as <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2010\/11\/preguntas-o-pleno-de-20101115.html\">preguntas do final<\/a> non se contestaron: eran xa perto das 12 e os se\u00f1ores concelleiros pensaron que non hab\u00eda ningu\u00e9n atend\u00e9ndoas, polo que pediron que se pasara delas. Estaban equivocados (non quedaba ningu\u00e9n &#8216;visible&#8217; de O Tes\u00f3n, pero si algu\u00e9n esper\u00e1ndoas). Claro que, despois dun pleno de perto de 4 horas, compr\u00e9ndese que a xente estivera cansada. O que non se comprende \u00e9 <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010\/11\/20101115-pleno.html\">por que se alongou o pleno<\/a>. En fin, \u00e9 de supo\u00f1er que, \u00f3 non ser contestadas oralmente diante de todos, ser\u00e1no por escrito en breve.<\/p>\n<p>Voltando \u00f3 comezo, o pleno comezou por resoluci\u00f3ns da alcald\u00eda referentes a pagos diversos, co rosario de petici\u00f3n de explicaci\u00f3ns e respostas, algo totalmente evitable nun pleno e recomendable antes do mesmo.<\/p>\n<p>Pasouse \u00f3s dous puntos sobre a ORA, o regulamento e as taxas, que foron englobados nun s\u00f3 en cuesti\u00f3n de debate. Foi exposto que quedan 99 prazas despois da inclusi\u00f3n na ordeaci\u00f3n do mercado tam\u00e9n da r\/<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010\/11\/jose-vicente-perez-martinez.html\">Jos\u00e9 Vicente P\u00e9rez Mart\u00ednez<\/a>. UPRi sacou da manga que ser\u00e1n recaudados uns 60 000-70 000\u20ac ano, o que foi en certo xeito desde\u00f1ado e no que estou abondo de acordo [ante o cariz do debate, fixen un cantos n\u00fameros: tendo a coupaci\u00f3n m\u00e1xima 100 prazas 8 horas d\u00eda 365 d\u00edas, \u00f3 prezo proposto de 1h cada 2 horas, saen perto de 150 000\u20ac. Hai que descontar 1\/3 dos d\u00edas por festivos, co que o que calculou UPRi lim\u00edtase a supo\u00f1er 2\/3 de ocupaci\u00f3n media, o que non est\u00e1 f\u00f3ra do que pasa agora, sen\u00f3n m\u00e1is ben queda por baixo]<\/p>\n<p>D\u00edsoxe que ACISA foi consultada e est\u00e1 de acordo, UPRi tildou de novo imposto a taxa, momentos nos que un banco do p\u00fablico, entre sorrisos, plaudiu e foi chamado a atenci\u00f3n polo alcalde. O PSOE anunciou o seu voto a favor e o PP pediu que fora gratu\u00edto para residentes, e dixo que o calculado poa UPRi ser\u00eda con multas a parte. Esgrimiu adem\u00e1is unha serie de cuesti\u00f3ns t\u00e9cnicas: quen controla? quen inmobiliza os coches infractores? quen traslada para sacalos de al\u00ed? onde van parar os ingresos? hai un contrato de instalaci\u00f3n? momento en que houbo outro conato de aplausos de xente que posteriormente non chegou \u00e1 metade dos puntos do pleno; esta vez non foi chamada \u00e1 orde polo alcalde. A contestaci\u00f3n foi que se se pon barra libre para residentes, ocupan as prazas e que \u00e9 unha aprobaci\u00f3n inicial. De calquera xeito, na resposta da alcald\u00eda, co pase xa asegurado polo apoio do PSOE, amosou unha certa complacencia co sistema actual, o que foi aproveitado para un &#8216;se estaba ben, por que se cambia?&#8217;. Quedou claro adem\u00e1is que non o vai a xestionar empresa algunha e que non hai estimaci\u00f3n de gastos nin entradas. D\u00edxose tam\u00e9n que se situar\u00eda os parqu\u00edmetros en lugares opostos da praza, algo que entendo non est\u00e1 demasiado ben por raz\u00f3ns de menor distancia posible a t\u00f3dolos puntos da mesma, raz\u00f3n esgrimida.<\/p>\n<p>Como fora anunciado, foi aprobada por 7 a favor contra 6, o mesmo que sucedeu coa aprobaci\u00f3n de taxas correspondente.<\/p>\n<p>Vese que non se tocaron no debate cuesti\u00f3ns de fondo, sobre a ordeaci\u00f3n de aparcamento, o tr\u00e1fico ou as alternativas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8230; tanto que as preguntas do final non se contestaron: eran xa perto das 12 e os se\u00f1ores concelleiros pensaron que non hab\u00eda ningu\u00e9n atend\u00e9ndoas, polo que pediron que se pasara delas. Estaban equivocados (non quedaba ningu\u00e9n &#8216;visible&#8217; de O Tes\u00f3n, pero si algu\u00e9n esper\u00e1ndoas). Claro que, despois dun pleno de perto de 4 horas, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[98,42],"class_list":["post-8170","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-acisa","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8170","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8170"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8170\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8170"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8170"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8170"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}