{"id":8166,"date":"2010-11-22T07:19:00","date_gmt":"2010-11-22T06:19:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:52:13","modified_gmt":"2024-11-12T13:52:13","slug":"continuacion-da-precampana","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/11\/22\/continuacion-da-precampana\/","title":{"rendered":"Continuaci\u00f3n da precampa\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p>O establecido legalmente \u00e9 a realizaci\u00f3n dunha campa\u00f1a eleitoral. A partir de a\u00ed, os partidos agrandaron o nicho temporal de captaci\u00f3n de votos de diversos xeitos, de forma que hoxe case pode falarse da campa\u00f1a cont\u00ednua, dunha a outra elecci\u00f3n: non se goberna, est\u00e1se en campa\u00f1a.<br \/>\nA frase anterior \u00e9 unha esaxeraci\u00f3n premeditada, pero con fondo de realidade, \u00f3 tempo que a\u00ednda hai quen pensa que ser\u00e1 en elecci\u00f3n cando haxa unha valoraci\u00f3n do seu traballo, sen decatarse que, o mesmo que pasa no ensino, agora hai &#8216;avaliaci\u00f3n cont\u00ednua&#8217;. Non obstante, o alongamento da captaci\u00f3n de votos f\u00e1ise dun xeito consciente por meses e meses, pero non durante todo un mandato, e mesmo hai un &#8216;pistoletazo de sa\u00edda&#8217; para mobilizar entre os af\u00edns esa conciencia de entrar en liza polos votos e aproveitar para s\u00edr na foto, de xeito correspondente coas novas que o primeiro d\u00eda de campa\u00f1a ilustran sobre a pegada de carteis da noite anterior (en realidade, da noite dese mesmo d\u00eda). Nesas estamos xa, pois se alg\u00fan partido xa fixo a cea de presentaci\u00f3n de candidatura, esta fin de semana en Ribadeo, de cara \u00e1s municipais, foi o principal partido da oposici\u00f3n en votos, o PP, e o pr\u00f3ximo, ser\u00e1 o partido do goberno, o BNG. Anuncio de candidaturas \u00e1 alcald\u00eda que na realidade xa est\u00e1 feito, e cea de comezo dunha precampa\u00f1a que xa est\u00e1 aberta, mesmo sen o anuncio da lista nin moito menos do programa eleitoral. Nos dous casos citados, confl\u00faen m\u00e1is coincidencias que a data aproximada ou a propia realizaci\u00f3n da cea. E non \u00e9 a primeira vez que pasa, nin os \u00fanicos partidos que te\u00f1en tais semellanzas. Ata o anuncio por carteis e o custe son relativamente semellantes en t\u00f3dolos casos. Ser\u00e1 tam\u00e9n semellante o seu programa? O seu ideario? O xeito de frontar os problemas do pobo? Ser\u00e1 que todos est\u00e1n optimizados para elixir o mellor?<br \/>\nHai alg\u00fan tempo falaba de algo deso a resultas de ter participado nas consultas con alg\u00fan partido. Esta fin de semana, <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2010\/11\/00328-creen-vds-en-los-reyes-magos.html\">Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez afondou no tema<\/a>. Por certo, que parece que o \u00fanico partido que non est\u00e1 facendo consultas \u00e9 o BNG. Quiz\u00e1is pola s\u00faa visi\u00f3n m\u00e1is xeral \u00f3 estar no goberno. Quiz\u00e1is porque non queren entrar no xogo. Quiz\u00e1is porque os integrantes principais non te\u00f1en tempo. Quiz\u00e1is porque son conscientes de que o programa da vez pasada pode servir para esta. Quiz\u00e1is porque as preferencias son outras&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O establecido legalmente \u00e9 a realizaci\u00f3n dunha campa\u00f1a eleitoral. A partir de a\u00ed, os partidos agrandaron o nicho temporal de captaci\u00f3n de votos de diversos xeitos, de forma que hoxe case pode falarse da campa\u00f1a cont\u00ednua, dunha a outra elecci\u00f3n: non se goberna, est\u00e1se en campa\u00f1a. A frase anterior \u00e9 unha esaxeraci\u00f3n premeditada, pero con [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-8166","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8166","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8166"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8166\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8166"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8166"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8166"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}