{"id":8146,"date":"2010-12-11T17:03:00","date_gmt":"2010-12-11T16:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:51:36","modified_gmt":"2024-11-12T13:51:36","slug":"freewikileakseu","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/12\/11\/freewikileakseu\/","title":{"rendered":"Freewikileaks.eu"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"http:\/\/www.wikileaks.ch\/img\/wlogo.png\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.wikileaks.ch\/img\/wlogo.png\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nHoxe non farei unha manifestaci\u00f3n: Ribadeo est\u00e1 lonxe das grandes vilas e non haber\u00e1 (polo momento) unha manifestaci\u00f3n ribadense en favor de Wikileaks. Sirva ista entrada, visible \u00e1s seis da tarde, hora das manifestaci\u00f3ns previstas, como un certo substituto.<br \/>\nHai varios d\u00edas que quer\u00eda escribir sobre o tema, pero entre onte e esta ma\u00f1\u00e1 houbo varias cousas que me decidiron a facelo, despois da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010\/12\/orwell.html\">entrada minimalista de onte, que pode servir como introducci\u00f3n<\/a>.<br \/>\nEn principio, al\u00e9dome de que a persecuci\u00f3n a <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Julian_Assange\">Juli\u00e1n Assange<\/a> se fora diferenciando respectuosamente e coidadosamente na rede da persecuci\u00f3n a wikileaks. A parte de que os cargos contra Assange e os m\u00e9todos empregados den ganas de sorrir \u00f3 establecer comparaci\u00f3ns con outros casos, ou o que eu pense sobre a s\u00faa falta de culpabilidade, est\u00e1 claro o por que da s\u00faa relevancia, como se se quixera personificar na figura do lider\/portavoz de Wikileaks (ata onte mesmo) unha presunta ignominia do propio Wikileaks. Agora que a organizaci\u00f3n xa ten outro lider, \u00e9 de supo\u00f1er que pouco a pouco os medios ter\u00e1n menos interese nel, e en tentar inferir unha culpabilidade en Wikileaks a partir da previamente inferida nel.<br \/>\nEn canto a <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/WikiLeaks\">Wikileaks<\/a>, (wikifiltraci\u00f3ns ou wikifugas, como di a p\u00e1xina da <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/\">Galipedia<\/a>) <a href=\"http:\/\/www.wikileaks.ch\/\">polo momento, p\u00f3dese atopar na rede aqu\u00ed<\/a> (mentras non lle cerren de novo o sitio ou lle borren o enderezo url) nestes momentos coido que todo o mundo sabe que \u00e9: unha entidade que tenta facer o mundo m\u00e1is transparente. Que haxa xente que a ataque dicindo que a transparencia \u00e9 mala \u00e9 outra cousa (coa que pode estar de acordo quen ten moito que ocultar\/quere ocultar moitas cousas, por exemplo).  Eu considero que \u00e9 algo as\u00ed como unha bendici\u00f3n laica&#8230; Perfecta? Perfecto non creo que haxa nada real&#8230;<br \/>\nO caso \u00e9 que a Wikileaks intentana calar por diversos medios, e na actualidade est\u00e1 na loita pola supervivencia p\u00fablica, isto \u00e9, por non perder o contacto co mundo, tanto para recibir novas que seguir difundindo como para poder achegalas \u00e1 xente. De a\u00ed a importancia de acci\u00f3ns como a da web <a href=\"http:\/\/freewikileaks.eu\/\">Freewikileaks.eu<\/a> ou de <a href=\"http:\/\/www.avaaz.org\/es\/wikileaks_petition\/?cl=858531143&amp;v=7758\">asinar para frear o asalto en Avaaz<\/a> (supo\u00f1o que haber\u00e1 outros sitios).<br \/>\nEsto pasa \u00f3 d\u00eda seguinte da imposible entrega dun <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Premio_Nobel_da_Paz\">Nobel da Paz<\/a> a <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Liu_Xiaobo\">Liu Xaobo<\/a>, un chino encarcelado como activista dos <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Dereitos_Humanos\">dereitos humanos<\/a> \u00f3 que non deixaron ir a recoller o premio as autoridades do seu pa\u00eds. Unha persoa que devolve \u00f3 Nobel unha presencia que restou a concesi\u00f3n do Nobel anterior \u00e1s boas intenci\u00f3ns declaradas por un pol\u00edtico cara \u00f3 futuro.<br \/>\nEste \u00e9 o mundo no que estamos a vivir, e no que ou tentamos participar ou lograr\u00e1n que non podamos facelo.<br \/>\nPor certo, que vos insin\u00faa o logo de Wikileaks?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe non farei unha manifestaci\u00f3n: Ribadeo est\u00e1 lonxe das grandes vilas e non haber\u00e1 (polo momento) unha manifestaci\u00f3n ribadense en favor de Wikileaks. Sirva ista entrada, visible \u00e1s seis da tarde, hora das manifestaci\u00f3ns previstas, como un certo substituto. Hai varios d\u00edas que quer\u00eda escribir sobre o tema, pero entre onte e esta ma\u00f1\u00e1 houbo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13,9,40],"class_list":["post-8146","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8146","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8146"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8146\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8146"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8146"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8146"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}