{"id":8143,"date":"2010-12-16T07:33:00","date_gmt":"2010-12-16T06:33:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:51:32","modified_gmt":"2024-11-12T13:51:32","slug":"comeza-propaganda-eleitoral-critica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/12\/16\/comeza-propaganda-eleitoral-critica\/","title":{"rendered":"Comeza a propaganda eleitoral. Cr\u00edtica doada"},"content":{"rendered":"<p>O dicir que comeza a propaganda \u00e9 un xeito de falar, pois na actualidade as novas son propaganda de xeito continuado. De calquera forma, o recibir o primeiro folleto propagand\u00edstico dos partidos, enfocado xa de cara \u00e1s pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns, marca outro novo paso no ciclo de propaganda eleitoral. Neste, o adianto ven da man do &#8216;Parladoiro&#8217;,  o &#8216;Voceiro do BNG de Ribadeo&#8217;. Coido que \u00e9 doado de criticar. Non porque exprese poucas verdades, sen\u00f3n porque se pode opinar dalgunhas presentadas como tales. O que ten estar no goberno municipal \u00e9 o que ten: permite dicir o que fixeches, pero tam\u00e9n permite comparar co que est\u00e1 feito.<br \/>\nA parte quedan cuesti\u00f3ns de tipo t\u00e9cnico &#8211; propagand\u00edstico. Diso poder\u00eda dicir abondo m\u00e1is <a href=\"http:\/\/elangeldeolavide.blogspot.com\/\">\u00c1ngel Alda<\/a>, pero sinxelamente ver como unha publicaci\u00f3n de calidade de imprenta remata no chan con abonda frecuencia nuns tempos nos que medir os cartos para que cheguen a fin de mes \u00e9 un arte incita a pensar na efectividade dun gasto considerable. E desata a comparaci\u00f3n do gasto nunha web que non existe (na realidade <a href=\"http:\/\/www.bngribadeo.org\/\">si<\/a>, pero a informaci\u00f3n que presenta nestes momentos \u00e9 correspondente \u00e1s anteriores municipais, candidatos inclu\u00eddos). Web que ser\u00eda din\u00e1mica, encadrando por exemplo cousas como a presentaci\u00f3n da <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=650&amp;lg=gal\">exposici\u00f3n sobre toponimia do concello<\/a>, realizada onte (ver webs de referencia <a href=\"http:\/\/sitga.xunta.es\/sitganet\/\">aqu\u00ed<\/a>), ou o comezo das <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=651&amp;lg=gal\">sinaturas de adquisici\u00f3n de parcelas do pol\u00edgono industrial<\/a>, das que hai unha nota de prensa municipal, ou a apertura da r\u00faa Villandrando despois das obras, xa realizada, e que en certo xeito se contrap\u00f3n en imaxe \u00e1 a r\u00faa en obras que aparece na mesma progaganda impresa. Pero iso ser\u00eda comparativa de estratexias propagand\u00edsticas, \u00e1 que se poder\u00eda replicar con m\u00e1is ou menos raz\u00f3n dicindo que gran parte dos e das votantes ribadenses (cada vez menos) non acceden \u00e1 web, por exemplo.<br \/>\n\u00c9 moito m\u00e1is doado coller as fotos da publicaci\u00f3n e comezar a procurar defectos, algo que supo\u00f1o que antes de que saia este artigo xa ter\u00e1 feito moita xente. As\u00ed, na contraportada sae una foto do antigo lavadoiro dos fornos no que aparece &#8216;local de reuni\u00f3n&#8217;, e no que se ve a\u00ednda en obras, pegada con outra do alcalde &#8216;reunido doas asociaci\u00f3ns ribadenses&#8217; cando a xuntanza correspondente leva un tercio de ano de retraso.<br \/>\nNa pol\u00e9mica orzamentaria, insistindo alg\u00fan sector da oposici\u00f3n nun aumento das d\u00e9bedas e po\u00f1endo o \u00e9nfase en que \u00e9 posible unha suspensi\u00f3n de pagos, mentras que o goberno di que hai unha diminuci\u00f3n de d\u00e9bedas, aparece unha cabeceira de p\u00e1xina anunciando &#8216;e todo o que fixemos logramos sacalo adiante sen pedir un pr\u00e9stamo bancario&#8217;. Mentras que o goberno non faga percibir \u00e1 cidadan\u00eda a realidade das s\u00faas afirmaci\u00f3ns, coido que a afirmaci\u00f3n pode ser contraproducente.<br \/>\nRepito que \u00e9 o m\u00e1is doado. Meterse no que di que se fixo m\u00e1is en profundidade require m\u00e1is traballo, a\u00ednda que poida ser m\u00e1is gratificante o paseo polas fotos nas que se ve que Ribadeo mellora, pero &#8230; iso xa se ve como propaganda, e coido que para ser boa propagada, non ha de verse como tal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O dicir que comeza a propaganda \u00e9 un xeito de falar, pois na actualidade as novas son propaganda de xeito continuado. De calquera forma, o recibir o primeiro folleto propagand\u00edstico dos partidos, enfocado xa de cara \u00e1s pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns, marca outro novo paso no ciclo de propaganda eleitoral. Neste, o adianto ven da man do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-8143","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8143","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8143"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8143\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8143"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8143"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8143"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}