{"id":8140,"date":"2010-12-20T07:35:00","date_gmt":"2010-12-20T06:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:51:20","modified_gmt":"2024-11-12T13:51:20","slug":"sobre-unha-piscifactoria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/12\/20\/sobre-unha-piscifactoria\/","title":{"rendered":"sobre unha piscifactor\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>A finais da semana pasada atopeime nos xornais cunha nova sobre a piscifactor\u00eda de Pescanova na costa de Pi\u00f1eira. Facendo un pouco de lembranza para todo o mundo, despois das reviravoltas diversas, xulgados inclu\u00eddos, da piscifactor\u00eda que quedou na <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/02\/pasou-o-mercores.html\">lagoa Cascos<\/a>, cando estaba dando este tema os \u00faltimos coletazos, sa\u00edu \u00e1 luz a pretensi\u00f3n de Pescanova de facer unha nova piscifactor\u00eda na nosa costa. Estar\u00eda ubicada \u00f3 oeste do Castro das Grobas, como m\u00ednimo limitando coa <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/LIC\">zona LIC<\/a>, e dende a s\u00faa proposta, xa variou o seu emprazamento previsto para alonxar un pouco m\u00e1is as instalaci\u00f3ns, tanto da costa como do castro. Despois, nada.<\/p>\n<p>Agora \u00e9 o PSOE quen pregunta que pasa coa piscifactor\u00eda \u00e1 Xunta, acus\u00e1ndoa de non querer dar para adiante \u00f3 proxecto. Tomando as cousas con cautela, preg\u00fantome se non ser\u00eda \u00e1 empresa a quen lle corresponder\u00eda dar o primeiro paso da reclamaci\u00f3n, en troques de ser o PSOE quen o faga en primeiro lugar, polo menos a nivel de prensa. E non parece que sexa a empresa quen lle pedira \u00f3 partido que presentara a iniciativa no parlamento galego como se fixo, pois non aparece a cousa as\u00ed por ningures.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 situaci\u00f3n actual da proposta empresarial, desco\u00f1ezo se houbo alg\u00fan cambio dende a \u00faltima vez, na que se ben se pod\u00eda acceder a algunha informaci\u00f3n tendo ido a Celeiro a procurala (sempre que un non tivera amiguetes ben situados, claro), o desco\u00f1ecemento era xeral, e o co\u00f1ecemento, puco anunciado. se a cousa segue adiante, haber\u00e1 que facer un seguimento.<\/p>\n<p>De calquera xeito, o que m\u00e1is me chamou a atenci\u00f3n da nova foron, por unha beira, o par\u00e1grafo no que o xornalista di que houbo unha &#8216;suave oposici\u00f3n&#8217; \u00e1 piscifactor\u00eda no su momento.  Parece evidente que se volta a haber oposici\u00f3n, non ser\u00e1 tan t\u00edmida. Pola outra, que se volve a repetir o dos &#8217;80 postos de traballo&#8217;. Algo que lembra cando quen se postula na actualidade a alcalde polo PSOE fixo apoio do recheo &#8216;vello&#8217; e houbo quen me dixo que se xerase un s\u00f3 posto de traballo, xa pagar\u00eda a pena. O destrozo na r\u00eda quedou a\u00ed, coa variaci\u00f3n de tama\u00f1o dos tes\u00f3ns ou a reduci\u00f3n da canle de acceso a Mirasol, o posto de traballo que se creou durante moito tempo foi por traslado da rula\/Confrar\u00eda de pescadores, e non exnovo, pero si, creouse un aparcamento e agora hai unha empresa instalada a\u00ed, que como hab\u00eda espazo, preferiu facelo antes que nos antigos locais dos pescadores&#8230; Neste caso, os 80 postos poden ser algo polo estilo: mallar a costa a cambio de nada. Por iso, o que falaba do seguimento da proposta.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A finais da semana pasada atopeime nos xornais cunha nova sobre a piscifactor\u00eda de Pescanova na costa de Pi\u00f1eira. Facendo un pouco de lembranza para todo o mundo, despois das reviravoltas diversas, xulgados inclu\u00eddos, da piscifactor\u00eda que quedou na lagoa Cascos, cando estaba dando este tema os \u00faltimos coletazos, sa\u00edu \u00e1 luz a pretensi\u00f3n de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,95],"class_list":["post-8140","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-piscifactoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8140","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8140"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8140\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8140"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8140"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8140"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}