{"id":8127,"date":"2010-12-31T20:36:00","date_gmt":"2010-12-31T19:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:51:00","modified_gmt":"2024-11-12T13:51:00","slug":"de-o-teson-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/12\/31\/de-o-teson-ribadeo\/","title":{"rendered":"De O Tes\u00f3n a Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>-Publicado hoxe na Comarca como resume das actividades da estaci\u00f3n-<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Xa chegou o fin de ano. Momentos para proxectar despois de facer revisi\u00f3n da memoria. Neste 2010 O Tes\u00f3n ten realizado diversas actividades, comezando coas d\u00faas asembleas realizadas e finalizando polo desvelado e presi\u00f3n para que as vidreiras da capela do cemiterio non sexa unha cousa m\u00e1is que caia en saco roto. <\/p>\n<p>Centr\u00e1ndonos no outono, sen querer ser exhaustivos, para a asociaci\u00f3n comezou coa xuntanza da Mesa de Asociaci\u00f3ns de Veci\u00f1os de Ribadeo, na que foi revisada unha proposta para o regulamento de participaci\u00f3n veci\u00f1al e a petici\u00f3n de xuntanza co alcalde para dar unha explicaci\u00f3n da mesma. Como se ve, que haxa actividades non significa que as actividades den froito inmediato, pois a\u00ednda non se celebrou a xuntanza co alcalde nin tampouco se sabe nada da proposta feita, asemade deixada no seu momento no concello. Non obstante, a relaci\u00f3n entre asociaci\u00f3ns \u00e9 algo necesario, como tam\u00e9n consideramos que o \u00e9 a o dispor dun canle permanente de relaci\u00f3n co concello, unha base que non estea suxeita \u00f3s avatares das boas ou malas relaci\u00f3ns do momento e que permita unha actuaci\u00f3n a longo prazo. Por iso, seguiremos insistindo.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Dentro das relaci\u00f3ns co concello at\u00f3panse tam\u00e9n as preguntas \u00f3 pleno, nas que a asociaci\u00f3n vai presentando, en practicamente t\u00f3dolos plenos ordinarios, diversos temas que considera de interese. Non sempre se ten resposta, nin cando se ten sempre corresponde \u00f3 que se pretend\u00eda, pero \u00e1 falta dun regulamento de participaci\u00f3n, \u00fasase e aprov\u00e9itase o que hai, ben escaso nos dous sentidos de ben. E as\u00ed, atopamos preguntas diversas, como a realizada sobre o can\u00f3n lanzacabos doado a Ribadeo pola armada norteamericana e actualmente na Cruz Vermella de Lugo. Estamos esperando o resultado da indagaci\u00f3n do concello, como foi dito no momento correspondente, hai xa tres meses longos.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A asociaci\u00f3n segue moi de preto os pasos dados pola plataforma se seguimento sanitario, primeiro da costa, e logo, da sanidade p\u00fablica. \u00c9 certo que se mant\u00e9n nun segundo plano, pois \u00e9 un tema que afecta a toda Galicia e qu\u00e9danos moi amplo, pero al\u00ed estamos tentando que o interese de Ribadeo estea presente tam\u00e9n nese foro. E Ribadeo ten intereses en que a sanidade funcione.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Fomos chamados a consultas para a realizaci\u00f3n de programas electorais. Al\u00ed estivemos, procurando non sa\u00edr na foto porque temos claro que debemos ser independentes como asociaci\u00f3n, por moito que cada persoa que estea integrada en O Tes\u00f3n te\u00f1a as s\u00faas ideas particulares e pol\u00edticas. A parte do documento &#8216;Base para un di\u00e1logo&#8217; que lle foi remitido \u00f3s interlocutores con posterioridade a cada xuntanza, nas entrevistas tentamos deixar claro que, a parte dun plan de reduci\u00f3n de d\u00e9beda do concello, as principais reivindicaci\u00f3ns que propo\u00f1emos son inmateriais: tr\u00e1tase de que o concello funcione, pol\u00edticos electos e funcionarios, cada quen dentro das s\u00faas posibilidades e responsabilidade, co cumprimento das propias normativas do concello, as\u00ed como consideramos necesaria a mellora da credibilidade que candidatos e electos te\u00f1en por parte dos electores. Polo demais, o documento entregado ti\u00f1a os apartados de Transparencia e participaci\u00f3n, Sanidade, Recuperaci\u00f3n de cousas e causas perdidas, Promoci\u00f3n (tur\u00edstica e outras), R\u00eda e mar, Comunicaci\u00f3ns, Obras p\u00fablicas, Servizos e Industria, a parte doutros temas m\u00e1is dif\u00ediciles de encadrar nun apartado concreto e dispostos baixo o ep\u00edgrafe de &#8216;outros&#8217;.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Un tema que foi escaparate da asociaci\u00f3n durante o mes de outubro foi a realizaci\u00f3n das charlas &#8216;Ribadeo e &#8230;&#8217;, que abrangueron os temas de o mar, o medio ambiente, a pintura de Dionisio Fierros e o tempo, en colaboraci\u00f3n coa Casa das Letras, e impartidas respectivamente por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Pancho%20Campos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pancho Campos<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Iv\u00e1n+Rodr\u00edguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Iv\u00e1n Rodr\u00edguez<\/a>, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Celia%20Castro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Celia Castro<\/a> e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Lucino+Zubillaga\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Luciano Zubillaga<\/a>, todas persoas relacionadas con Ribadeo. Deixou un bo sabor de boca \u00f3 ver que a asistencia se mantivo e aumentou \u00f3 longo do ciclo, e mesmo que foron pedidas m\u00e1is, pero sobre todo, deixou unha boa impresi\u00f3n que as charlas se aproveitaran. En resposta, xa se anunciou un segundo ciclo para o mes de marzo.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A principal actividade social do per\u00edodo levou a un grupo de xente a Meira, onde puidemos desfrutar dunha visita guiada por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a> \u00e1 Colexiata de Santa Mar\u00eda, resto do antigo mosteiro, as\u00ed como da man de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Carlota+Eiros\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Carlota Eiros<\/a> \u00e1 casa m\u00e1is representativa do s\u00e9culo XIX na vila, ir \u00f3s dous presuntos nacementos do Mi\u00f1o, O Pedregal de Irimia e Fonmi\u00f1\u00e1, para poder xulgar a s\u00faa preeminencia, e participar dunha comida de irmandade. Polo cami\u00f1o, visitamos asemade o lugar onde antigamente se atopaba o Mosteiro de Esperautano e a reproduci\u00f3n do tren mineiro realizado e explicado por <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Luis+Sanjurjo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Luis Sanjurjo<\/a>. Un verdadeiro desfrute de tempo e compa\u00f1\u00eda.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Para non alongar m\u00e1is, pasaremos de longo os dous principais temas que caracterizaron a actividade no \u00faltimo mes: as vidrieiras, tema que continuar\u00e1, e a recollida de sinaturas tentando a recuperaci\u00f3n do xulgado para Ribadeo, no que somos conscientes que o paso seguinte debe ser dado por t\u00f3dalas forzas pol\u00edticas de xeito unido, sen fisuras. Lograr\u00e9molo?<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Estamos no Nadal, tempo que se emprega para felicitaci\u00f3ns e bos desexos cara \u00f3 novo ano. A directiva de O Tes\u00f3n fai extensivos a todo Ribadeo, non s\u00f3 \u00f3s socios do colectivo, estes bos desexos, pero sen perder de vista aquel vello refr\u00e1n que di &#8216;a Deus rogando, e co mazo dando&#8217;&#8230; O futuro est\u00e1 en boa parte nas nosas mans, e se queremos que Ribadeo sexa un mellor lugar para vivir, \u00e9 algo no que todos debemos participar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;-Publicado hoxe na Comarca como resume das actividades da estaci\u00f3n- &nbsp;&nbsp; &nbsp;Xa chegou o fin de ano. Momentos para proxectar despois de facer revisi\u00f3n da memoria. Neste 2010 O Tes\u00f3n ten realizado diversas actividades, comezando coas d\u00faas asembleas realizadas e finalizando polo desvelado e presi\u00f3n para que as vidreiras da capela do cemiterio non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[45,62,20,33,74,46,78],"class_list":["post-8127","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-celia-castro","tag-ivan-rodriguez","tag-jose-ma-rodriguez","tag-o-ribadeo-que-queremos","tag-o-teson","tag-pancho-campos","tag-participacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8127","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8127"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8127\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8127"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8127"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8127"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}