{"id":8112,"date":"2011-01-12T07:53:00","date_gmt":"2011-01-12T06:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:50:28","modified_gmt":"2024-11-12T13:50:28","slug":"programando-ribadeo-xa-non-e-o-que-era","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/01\/12\/programando-ribadeo-xa-non-e-o-que-era\/","title":{"rendered":"Programando Ribadeo: xa non \u00e9 o que era"},"content":{"rendered":"<p>A \u00faltima medida r\u00e1pida tomada polo concello \u00e9 o <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=662&amp;lg=gal\">apuntalamento da Torre dos Moreno<\/a>. Despois de diversos avisos, a\u00ednda que r\u00e1pida, era esperada unha medida semellante. Adem\u00e1is do apuntalamento, que se une \u00e1 rede posta con anterioridade para evitar a ca\u00edda de cascotes \u00e1 r\u00faa, implicar\u00e1 o peche da r\u00faa Villandrando \u00f3 tr\u00e1fico rodado e dunha parte do Cant\u00f3n para o paso de pe\u00f3ns. Anos dicindo que se cae, parece que tentando o mercar m\u00e1is parte do edificio, e chegamos a isto.<\/p>\n<p>Hai alg\u00fans anos, O Tes\u00f3n sacou \u00e1 r\u00faa o libro &#8216;<a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Ribadeo+no+tempo\">Ribadeo no tempo. Outro Ribadeo foi posible<\/a>&#8216;, e un par de anos antes, eu deixei colgada na rede &#8216;<a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Ribadeo+Falls\">Ribadeo falls. Presentaci\u00f3n sobre as casas ca\u00edntes<\/a>&#8216;. A denuncia correspondente \u00f3 estado dalg\u00fans lugares leva tempo feita.<\/p>\n<p>Pola parte da representaci\u00f3n pol\u00edtica, declaraci\u00f3ns de intenci\u00f3ns varias, inclu\u00eddas en programas electorais moitas veces&#8230; Non se pode dicir que nunca se fixera nada: agora mesmo est\u00e1n a concederse axudas para casas no casco vello, e o certo \u00e9 que o aspecto da zona leva variado abondo en poucos anos. Pero polo que se ve pola Torre, non abondo e non abondo r\u00e1pido.<\/p>\n<p>Ben, no 2007 tivemos unha <a href=\"http:\/\/ribadeo-historia.blogspot.com\/2007\/06\/corporacin-municipal-2007.html\">nova Corporaci\u00f3n Municipal<\/a>. E antes, <a href=\"http:\/\/ribadeo-historia.blogspot.com\/search\/label\/municipais%202007\">programas electorais de t\u00f3dolos partidos<\/a>. A catro meses das elecci\u00f3ns municipais 2011, e ante a inminente finalizaci\u00f3n e sa\u00edda \u00e1 r\u00faa das novas propostas partidarias, coido que pagar\u00eda a pena facer revisi\u00f3n do escrito antes das elecci\u00f3ns e ver o desenvolvemento posterior dos feitos. Dende O tes\u00f3n, a metade de mandato pasado (2003\/2007) f\u00edxose unha cualificaci\u00f3n do axuste entre as promesas e os cumprimentos que se enviou \u00f3s partidos, sen facer p\u00fablico. Neste mandato (2007\/2009) non se chegou a facer, pero todo o mundo pode comprobar os folletos que os partidos en liza presentaron e ter unha referencia para ver se, dentro das posibilidades de cada un, despois seguiu a li\u00f1a marcada ou non. Pode ser un exercicio interesante (a parte de excelente para o desenvolvemento da propia cidadan\u00eda), que leva o seu tempo e polo tanto, de ter intenci\u00f3n, non se pode deixar &#8216;para outro momento&#8217;, sen\u00f3n que agora \u00e9 o momento de realizar a comparaci\u00f3n. Os datos, sucintos, est\u00e1n na rede, nas <a href=\"http:\/\/ribadeo-historia.blogspot.com\/search\/label\/municipais%202007\">ligaz\u00f3ns anteriores<\/a>, e entendo que \u00e9 mellor unha mirada propia que a espera das comparativas dos partidos para autopromocionarse.<\/p>\n<p>De aqu\u00ed a maio, continuar\u00e1.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A \u00faltima medida r\u00e1pida tomada polo concello \u00e9 o apuntalamento da Torre dos Moreno. Despois de diversos avisos, a\u00ednda que r\u00e1pida, era esperada unha medida semellante. Adem\u00e1is do apuntalamento, que se une \u00e1 rede posta con anterioridade para evitar a ca\u00edda de cascotes \u00e1 r\u00faa, implicar\u00e1 o peche da r\u00faa Villandrando \u00f3 tr\u00e1fico rodado e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,58],"class_list":["post-8112","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8112","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8112"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8112\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8112"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8112"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8112"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}