{"id":8105,"date":"2011-01-18T07:46:00","date_gmt":"2011-01-18T06:46:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:50:16","modified_gmt":"2024-11-12T13:50:16","slug":"20110117-o-pleno-do-buen-rollito","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/01\/18\/20110117-o-pleno-do-buen-rollito\/","title":{"rendered":"20110117, o pleno do &#8216;buen rollito&#8217;"},"content":{"rendered":"<p>A parte da aprobaci\u00f3n da acta anterior, punto primeiro, e de rogos de preguntas, o \u00faltimo, foi tratada a daci\u00f3n de contas, a normativa da ORA e as taxas (en puntos 3 e 4), o regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1, o regulamento de r\u00e9xime interno da escola de m\u00fasica, a retrocesi\u00f3n duns terreos a Ove, licenzas de primeira ocupaci\u00f3n, dous convenios urban\u00edsticos con Coniproma (pto. 9) e Coniproma e Julio e Anselmo (punto 10), e varias moci\u00f3ns de urxencia, algo que xa se est\u00e1 a converter en t\u00edpico nos plenos ribadenses.<br \/>\nOs 14 asistentes no momento m\u00e1is concurrido asistimos a un pleno que se moderou en duraci\u00f3n respecto a outros, rematando pouco despois das dez e cuarto, e no que o alcalde <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010\/11\/20101115-pleno-longo-ii.html\">esqueceu contestar as preguntas de O Tes\u00f3n que xa estaban previstas para o pleno pasado<\/a>. Cando cheguei dicirllo, xa os concelleiros estaban levantados&#8230;<br \/>\nOutra cousa que tampouco se tratou foi o apoio solicitado \u00e1 corporaci\u00f3n para o regreso do xulgado. \u00d3 que parece, ning\u00fan grupo o botou en falta. Coido que Ribadeo si o botar\u00e1 en falta, despois dunha <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/01\/entregaronse-as-sinaturas-para-que-o.html\">esperanzadora foto de conxunto arredor das sinaturas recollidas<\/a>.<br \/>\nO do &#8216;buen rollito&#8217; foi un chascarrillo que se acu\u00f1ou pouco despois da metade do pleno, a ra\u00edz de que non houbo discusi\u00f3ns relevantes, e que quedou repetido abondas veces para tentar remachar que cada quen estaba po\u00f1endo da s\u00faa parte a s\u00faa miga de distensi\u00f3n e colaboraci\u00f3n, se ben a forma de uso e a reiteraci\u00f3n levaban m\u00e1is a cachondeo que a outra cousa.<br \/>\nNa daci\u00f3n de contas pasaron preguntas de moi diversos temas, entre os que est\u00e1n o baleirado da fosa s\u00e9ptica da praia das Catedrais (4 000 \u20ac), o plan de mobilidade urbana encargado a Novotec (22 244 \u20ac, e que se est\u00e1 pagado, \u00e9 de supo\u00f1er que este\u00f1a rematado a\u00ednda que non se saiba moito del), e unha ristra de preguntas en conxunto sobre facturas de publicidade e propaganda, para facer fincap\u00e9 na necesidade de reducci\u00f3n de gastos xerais.<br \/>\nEn canto \u00e1<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010\/11\/20101115-pleno-longo-ii.html\"> ordenanza de r\u00e9xime de aparcamento<\/a>, discutiuse algo sobre o horario, tras a desestimaci\u00f3n na comisi\u00f3n informativa da alegaci\u00f3n da Atalaia, quedando o horario 9-14 (10-14 os s\u00e1bados) e 16-20, exceptuando os domingos. A postura dos partidos non variou dende o pasado pleno, co PSOE a favor e PP e UPRi en contra, quedando aprobada a regulaci\u00f3n e as taxas.<br \/>\nEn canto \u00f3 <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/01\/pleno-hoxe.html\">regulamento org\u00e1nico de participaci\u00f3n cidad\u00e1<\/a>, foi aprobado por unanimidade, case sen discusi\u00f3n. Como comentarios \u00f3 tema, foi presentado \u00e1 aprobaci\u00f3n un documento no que a\u00ednda aparec\u00eda a palabra &#8216;Santiago&#8217; nalgures en troques de &#8216;Ribadeo&#8217;, o que indica que non \u00e9 o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010_10_01_archive.html\">documento presentado pola mesa de asociaci\u00f3ns<\/a>: aprobouse a proposta da mesa a reforma do artigo 11,  pero non as dem\u00e1is propostas. Espero que polo menos se corrixira a diferencia de formato entre diversos anacos do documento. Na escasa discusi\u00f3n que houbo, Ram\u00f3n L\u00f3pez, despois de dicir que hab\u00eda m\u00e1is asociaci\u00f3ns, rematou dicindo unha frase en relaci\u00f3n a por que non se presenta O Tes\u00f3n \u00e1s elecci\u00f3ns. Dada a imposibilidade de contestar \u00f3s se\u00f1ores conselleiros nun pleno, contesto particularmente dende aqu\u00ed:<br \/>\na) O Tes\u00f3n, como organizador da xuntanza da Mesa de Asociaci\u00f3ns, chamou a t\u00f3dalas asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os do concello, acudindo quenes quixeron. Tanto \u00e1 xuntanza anterior \u00e1 entrega da proposta por parte do alcalde como \u00e1 posterior, de tipo xeral, e na que se quedou a\u00ednda para outra m\u00e1is, monotem\u00e1tica sobre o regulamento. Se alg\u00fan grupo non quixo acudir e quixo segregarse ou non colaborar, ou sinxelamente non estivo na xuntanza por desidia, certamente non foi considerado. E certamente, si houbo asociaci\u00f3ns que non participaron, como se pode comprobar cunha lista.<br \/>\nb) \u00d3 que parece, e dadas as correcci\u00f3ns que sufriu o documento, a an\u00e1lise foi m\u00e1is profunda na Mesa de asociaci\u00f3ns que a nivel de cada un dos partidos.<br \/>\nc) Despois de ver a querencia dunha asociaci\u00f3n nas elecci\u00f3ns, \u00e9 m\u00e1is doado comprender a confusi\u00f3n que existe nalg\u00fans pol\u00edticos entre o privado e o p\u00fablico, ou entre a organizaci\u00f3n interna dun partido e a organizaci\u00f3n social: unha asociaci\u00f3n de veci\u00f1os ten outros cometidos que un partido, sinxelamente, \u00e9 outra cousa. E a\u00ednda que non fun preguntando pola querencia pol\u00edtica dos socios de O Tes\u00f3n, \u00e9 doado co\u00f1ecer casos de tendencias pol\u00edticas contrapostas no interior da asociaci\u00f3n.<br \/>\nd) Despois de dous artigos anteriores (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/01\/pleno-hoxe.html\">1<\/a> e <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/01\/o-vindeiro-luns-17-vaise-abordar.html\">2<\/a>), queda pouco por explicar do proceso que levou \u00e1 aprobaci\u00f3n inicial de onte dende a parte visible f\u00f3ra do pleno. \u00c9 de supo\u00f1er, despois da unanimidade (a\u00ednda que pode ocorrer que haxa inconcebibles cambios de voto como ten pasado outras veces), que a versi\u00f3n se manifeste como definitiva pr\u00f3ximamente, a\u00ednda que haxa alegaci\u00f3ns. E pouco por explicar, pois a letra aprobada non implica que se te\u00f1a en consideraci\u00f3n despois, como xa ten ocorrido tantas veces, pretendendo deixar cousas aprobadas en letra morta. Aprobar \u00e9 doado, e m\u00e1is se hai un consenso de atribuci\u00f3n de nula importancia; coa falta de comprensi\u00f3n e procura gratu\u00edta de enfrontamento coas asociaci\u00f3ns que poden resultar cr\u00edticas, a atribuci\u00f3n por parte do representante do PSOE est\u00e1 clara. Falta por saber a ciencia certa a idea do resto dos representantes no pleno.<br \/>\nEn canto \u00f3 RRI da escola de m\u00fasica e danza, houbo unanimidade despois dun pequeno intercambio, no que quedou claro que o despido do anterior director est\u00e1 pechado xudicialmente.<br \/>\nA regresi\u00f3n dos terreos do vertedoiro selado \u00e1 Asociaci\u00f3n de montes de A Capela de Ove tampouco tivo problema, se ben se quixo deixar claro no pleno que hai un mantemento que non se pode eludir.<br \/>\nIgualmente por unanimidade se votaron as licenzas de primeira ocupaci\u00f3n e os dous convenios urban\u00edsticos, referidos \u00e1 r\u00faa de Pintor Fierros e \u00e1 esquina de Avda. de Galicia e Paco Lanza.<br \/>\nForon presentadas despois a consideraci\u00f3n varias moci\u00f3ns de urxencia, sendo aprobada en t\u00f3dolos casos a urxencia e refundidos textos por solapamento, quedando reducidas a d\u00faas, que foron aprobadas: unha, en relaci\u00f3n \u00f3 traslado do servizo veterinario \u00e1 Pedro Murias, e outra, en relaci\u00f3n \u00f3 alza de custe da electricidade.<br \/>\nNo primeiro caso, houbo un debate sobre a conveniencia, xa que quen fai as xesti\u00f3ns en materia veterinaria non soe residir no pobo moitas veces, coa contestaci\u00f3n de que tam\u00e9n os hostaleiros fan xesti\u00f3ns que requiren o servizo veterinario, e que as taxas correspondentes para calquera xesti\u00f3n t\u00e9\u00f1ense que pagar nas oficinas bancarias do centro urb\u00e1n. \u00d3 final, foi aprobado o documento por unanimidade, tras a refundici\u00f3n.<br \/>\nNo caso da suba da luz, houbo tam\u00e9n unha refundici\u00f3n \u00f3 ser incorporado o gas \u00f3 escrito, e foi aprobado cos votos en contra do PSOE.<br \/>\nEn canto a Rogos e preguntas, que durou m\u00e1is de media hora, os bacheados das r\u00faas levaron a palma de intervenci\u00f3ns. S\u00f3 destaco que requeriuse unha atenci\u00f3n \u00f3s letreiros das r\u00faas, en abondo mal estado xeral. E outra atribuci\u00f3n curiosa que se fixo no pleno: nun momento, o alcalde viuse sorprendido \u00f3 ser tildado de ter bo &#8216;feeling co bispado&#8217;.<br \/>\n&#8212; Actualizaci\u00f3n a 20110217: Xa est\u00e1 a <a href=\"http:\/\/media.ribadeo.org\/mediateca\/imxd\/albumes\/imx\/12978441782011_01_pleno_17_01_2011_Ordinario.pdf\">acta<\/a> na web do concello.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A parte da aprobaci\u00f3n da acta anterior, punto primeiro, e de rogos de preguntas, o \u00faltimo, foi tratada a daci\u00f3n de contas, a normativa da ORA e as taxas (en puntos 3 e 4), o regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1, o regulamento de r\u00e9xime interno da escola de m\u00fasica, a retrocesi\u00f3n duns terreos a Ove, licenzas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42],"class_list":["post-8105","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8105","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8105"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8105\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8105"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8105"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8105"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}