{"id":8104,"date":"2011-01-20T07:37:00","date_gmt":"2011-01-20T06:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:50:15","modified_gmt":"2024-11-12T13:50:15","slug":"asusta-porque-hai-habito-artigo-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/01\/20\/asusta-porque-hai-habito-artigo-de\/","title":{"rendered":"ASUSTA PORQUE HAI H\u00c1BITO. (artigo de Carlota Eiros)"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Deixo a continuaci\u00f3n un artigo de <a href=\"http:\/\/www.lugopatrimonio.org\/web\/index.php?view=article&amp;catid=36%3Abiobrafias&amp;id=58%3Acarlota-eiros-garcia&amp;format=pdf&amp;option=com_content&amp;Itemid=100\">Carlota Eiros<\/a> que sair\u00e1 pr\u00f3ximamente noutros medios:&nbsp;<\/p>\n<p><em>ASUSTA PORQUE HAI H\u00c1BITO.<\/em><\/p>\n<p><em><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A estas alturas a maridaxe entre patrimonio e vandalismo non resulta estra\u00f1a en Ribadeo. Por patrimonio refer\u00edmonos \u00f3 legado  valioso que representa a mentalidade e o saber dos que no pasado constru\u00edron e habitaron o lugar. Por vandalismo refer\u00edmonos \u00e1 hostilidade e destruci\u00f3n intencionada deste legado. O termo foi utilizado por primeira vez en 1794 polo bispo constitucional de Blois, Henri Gr\u00e9goire, nun informe para describir e frear a destruci\u00f3n indiscriminada de monumentos polo exercito republicano franc\u00e9s, un comportamento que recordaba \u00f3 dos \u201cv\u00e1ndalos\u201d nos seus ataques contra o Imperio Romano.<\/em><\/p>\n<p><em>Cal hordas b\u00e1rbaras, sen o esp\u00edrito revolucionario, o taller de emprego \u201cR\u00eda do Encontro\u201d, entrou o pasado mes de outubro do 2010 no cemiterio municipal para destru\u00edr as vidreiras policromadas da capela, vestixio dun raro e escaso modernismo galego, do que Ribadeo \u00e9 excepcionalmente ricaz. A capela era silencio, penumbra e color. As\u00ed se gravou na memoria dos que agora s\u00f3 podemos evocala. Unha actuaci\u00f3n improcedente cambiou este lugar de oraci\u00f3n para sempre. Para sempre, porque hai lugares e paisaxes, como tantas outras cousas, que s\u00f3 se cambian unha vez.<\/em><\/p>\n<p><em>Non \u00e9 esta a primeira ocasi\u00f3n en que o taller de emprego \u201cR\u00eda do Encontro\u201d utiliza o patrimonio hist\u00f3rico como campo de batalla. Sen darnos tregua, proxectos que esquivan as canles de informaci\u00f3n p\u00fablica, acaban coas \u00faltimas reliquias con olor a pasado. Hai dous anos, a intervenci\u00f3n irreversible na Fonte de Xuncos en Rinlo, na que se substitu\u00edu o xenu\u00edno morteiro de cal pigmentado por un novo enfoscado de cemento, destru\u00edu tanto o valor documental como o valor de antig\u00fcidade da obra, perceptible s\u00f3 a trav\u00e9s da p\u00e1tina e o deterioro natural acumulado \u00f3 longo dos seus cen anos de historia. P\u00faxose xa daquela de manifesto a falta de instruci\u00f3n e sensibilidade do taller para actuar sobre bens hist\u00f3ricos con valores hoxe considerados patrimoniais.<\/em><\/p>\n<p><em>A profanaci\u00f3n da capela e irracional destruci\u00f3n das preciosistas vidreiras pon de novo en evidencia a instrumentalizaci\u00f3n do patrimonio local por parte das administraci\u00f3ns para fins que nada te\u00f1en que ver coa tutela e conservaci\u00f3n a que est\u00e1n obrigados. Os Concellos de Ribadeo e Castropol, a trav\u00e9s da Asociaci\u00f3n \u201cPuente de los Santos\u201d, seleccionan e contratan, entre os maiores de vinte e cinco anos en paro, o persoal dos diferentes m\u00f3dulos do Taller de Emprego, aprobados e financiados polo Ministerio de Traballo.<\/em><\/p>\n<p><em>A educaci\u00f3n alt\u00e9rnase coa pr\u00e1ctica en actividades e obras de utilidade p\u00fablica ou interese social en \u00e1mbolos dous Concellos.<br \/>\nA escasa documentaci\u00f3n sobre o contido e desenvolvemento destes talleres, practicamente inexistente m\u00e1is ala da propaganda institucional, fai dif\u00edcil o seguimento e avaliaci\u00f3n dos resultados. A priori, a funci\u00f3n social das escolas-taller non a po\u00f1emos en d\u00fabida. Non cuestionamos as pol\u00edticas de apoio \u00e1 creaci\u00f3n de emprego e reinserci\u00f3n laboral e social dos desempregados. O que non podemos entender por m\u00e1is que o intentamos, \u00e9 como fondos p\u00fablicos destinados a promover o civismo, a mestr\u00eda e a prosperidade local, se utilizan impunemente para embrutecer, desfigurar e destru\u00edr o patrimonio colectivo.<\/em><\/p>\n<p><em>A destruci\u00f3n das vidreiras, e os anteriores expolios sobre elementos singulares, pon en evidencia por un lado, a incompetencia t\u00e9cnica da direcci\u00f3n do obradoiro, en concreto do m\u00f3dulo de albaneler\u00eda, e por outro, a inopia institucional \u00e1 hora de reco\u00f1ecer e protexer o valor art\u00edstico, representativo, e educativo do patrimonio local. As preguntas obvias son: quen decide, planifica e define estas obras de \u201crestauraci\u00f3n\u201d a realizar nos bens com\u00fans de car\u00e1cter hist\u00f3rico, art\u00edstico ou etnogr\u00e1fico? Como se aplica o protocolo de actuaci\u00f3n recomendado polos organismos internacionais e os estados a trav\u00e9s das Cartas e da Lexislaci\u00f3n que regulan as actuaci\u00f3ns neste patrimonio cultural?<\/em><\/p>\n<p><em>A pregunta non \u00e9 ret\u00f3rica. A capela e os seus tesouros v\u00edtreos non figuran no Cat\u00e1logo Patrimonial Ribadense que a empresa Eptisa elaborou dentro do novo Plan Xeral. O esquecemento non nos sorprende. Protecci\u00f3ns legais sesgadas; desidia patrimonial de propietarios, promotores e autoridades est\u00e1n \u00e1 orde do d\u00eda. A\u00ednda que a administraci\u00f3n ten o deber legal de identificar, protexer e amparar o patrimonio local, na pr\u00e1ctica esta tutela apenas existe. En teor\u00eda, o Cat\u00e1logo municipal identifica e protexe os bens locais; bens que pasan directamente a formar parte do Inventario Xeral de Galicia e gozar de protecci\u00f3n legal. Por alg\u00fan motivo que desco\u00f1ecemos, o criterio foi non inclu\u00edr a capela, deixando as vidreiras sen protecci\u00f3n legal.<\/em><\/p>\n<p><em>Cuestionar hoxe o valor das vidreiras \u00e9 un tema extempor\u00e1neo. A noci\u00f3n do que merece ser conservado variou e ampliouse constantemente \u00f3 longo da historia e sobre este aspecto non cabe a m\u00ednima d\u00fabida de que as vidreiras, polo seu reco\u00f1ecido valor propio, formaban hoxe parte do patrimonio cultural galego, como as\u00ed o dita a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia no seu artigo 1\u00ba. Como tam\u00e9n establece a Lei que \u201cson as corporaci\u00f3ns locais as encargadas de protexer, defender, realzar e dar a co\u00f1ecer o valor cultural dos bens integrantes deste patrimonio cultural de Galicia que radiquen no seu termo municipal\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em>O \u201cincidente\u201d deixa \u00f3 descuberto a pobreza cultural e moral do pa\u00eds colonizado. A falta de identificaci\u00f3n, valoraci\u00f3n e protecci\u00f3n do patrimonio hist\u00f3rico permite en Galicia levar adiante con moito \u00e9xito o programa neoliberal de explotaci\u00f3n territorial. A destruci\u00f3n do patrimonio borra a memoria do pasado sumindo \u00e1 sociedade na pobreza e no desarraigo. Para a sociedade civil a perda das referencias identitarias sup\u00f3n un trauma que a debilita. O primeiro efecto evidente \u00e9 o medo e a submisi\u00f3n. O segundo, o pesimismo que introduce. Todo forma parte do programa de intimidaci\u00f3n, confusi\u00f3n e transculturizaci\u00f3n necesario para o control corporativo. Os asasinos da memoria parecen ter claro que, como advirte George Orwell, \u201cquen controla o pasado, controla as opci\u00f3ns futuras\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em>Ante isto, \u00e9 fundamental tomar conciencia e difundir en Galicia a idea \u201crevolucionaria\u201d de que o patrimonio cultural \u00e9 un patrimonio colectivo, que nos instr\u00fae e educa. O patrimonio individual \u00e9 un concepto ben entendido e defendido en Galicia. Etimoloxicamente patrimonium, -i deriva de Pater, en referencia \u00f3s bens que proceden da familia e que son herdados. Como cidad\u00e1ns, tam\u00e9n herdamos un acervo com\u00fan que nos pertence do mesmo xeito que nos pertencen os seres e as cousas que amamos sent\u00edndonos responsables deles. Este patrimonio com\u00fan, \u00e9 fundamental para a nosa supervivencia e benestar espiritual xa que constit\u00fae a espi\u00f1a dorsal que ata cada membro individual \u00e1 \u201ccomunidade imaxinada\u201d de Benedict Anderson.<\/em><\/p>\n<p><em>A conciencia do que e belo e do que \u00e9 bo adqu\u00edrese a trav\u00e9s desta cultura e da \u201chonestidade do coraz\u00f3n\u201d. \u00c9 significativo que a mirada est\u00e9tica e educada dunha persoa, que casualmente se atopaba no camposanto, puidese salvar unha das oito vidreiras despedazadas. Esta vidreira representa dende agora o refinamento local de hai un s\u00e9culo e a barbarie de hoxe. Como aleccionaba hai douscentos anos o Abb\u00e9 Gr\u00e9goire (1750-1831) \u00f3s soldados republicanos franceses \u201c(&#8230;) os b\u00e1rbaros e escravos detestan o co\u00f1ecemento e destr\u00faen as obras de arte, os homes libres \u00e1manas e cons\u00e9rvanas (&#8230;) a indiferenza ante a destruci\u00f3n ser\u00e1 un crime, xa que v\u00f3s sodes simplemente os gardi\u00e1ns do patrimonio\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em>O vandalismo e a destruci\u00f3n de monumentos hist\u00f3ricos no pasado espertou, ironicamente, a conciencia colectiva cara \u00e1 conservaci\u00f3n e a tutela. \u00c9 a nosa esperanza que a destruci\u00f3n destes documentos v\u00edtreos da historia art\u00edstica e social de Ribadeo, coma a de tantos outros, non sexa en balde. Que como reacci\u00f3n esperte a capacidade cr\u00edtica e de participaci\u00f3n dos cidad\u00e1ns. A construci\u00f3n do templo da Sagrada Familia nunca tivo apoio econ\u00f3mico das instituci\u00f3ns, vive dos donativos dos que a visitan, m\u00e1is de 2 mill\u00f3ns o ano, m\u00e1is de 25 mill\u00f3ns de euros. Estase levantando como unha catedral medieval. Alimentada pola fe e a determinaci\u00f3n humana.<\/em><\/p>\n<p><em>V\u00e9nseme \u00e1 memoria, para conclu\u00edr, a conversaci\u00f3n que recoll\u00eda o vendedor de biblias brit\u00e1nico George Borrow a finais da d\u00e9cada de 1830, cando un viaxeiro exclama pesaroso nunha fonda de Lugo: \u201c\u00a1Ay, Dios m\u00edo! A bonita tierra hemos venido a parar\u201d. E Borrow responde: \u201cNo veo por qu\u00e9 les parece a ustedes tan malo un pa\u00eds que por su naturaleza es el m\u00e1s rico y abundante de toda Espa\u00f1a. Cierto que la generalidad de los habitantes est\u00e1 en la miseria; pero la culpa es suya, no de la tierra\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em>Esta escena pode parecernos moi lonxana, pero a mi\u00fado pregunt\u00e1monos se realmente fomos capaces de erradicar os estigmas da miseria e da ignorancia. Algo debe quedar, daquel esp\u00edrito submiso e resignado dos que entend\u00edan que eles nada ti\u00f1an que ver con quen os somet\u00eda e gobernaba. \u00c9 hora de que isto cambie. E agora \u00e9 un bo momento.<\/em><\/p>\n<p><em>Carlota Eiros. 17\/01\/2011<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Deixo a continuaci\u00f3n un artigo de Carlota Eiros que sair\u00e1 pr\u00f3ximamente noutros medios:&nbsp; ASUSTA PORQUE HAI H\u00c1BITO. &nbsp;&nbsp; &nbsp;A estas alturas a maridaxe entre patrimonio e vandalismo non resulta estra\u00f1a en Ribadeo. Por patrimonio refer\u00edmonos \u00f3 legado valioso que representa a mentalidade e o saber dos que no pasado constru\u00edron e habitaron o lugar. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,32,13,9],"class_list":["post-8104","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8104","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8104"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8104\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8104"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8104"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8104"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}