{"id":8098,"date":"2011-01-26T07:29:00","date_gmt":"2011-01-26T06:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:49:57","modified_gmt":"2024-11-12T13:49:57","slug":"desfacendo-caixa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/01\/26\/desfacendo-caixa\/","title":{"rendered":"Desfacendo caixa"},"content":{"rendered":"<p>Dise &#8216;facer caixa&#8217; cando se est\u00e1 a meter cartos na caixa e logo se contan, requisito previo para ganalos. Pero non vai a cousa nese sentido. En Galicia falouse a tempada pasada de facer unha caixa, que despois dunha longa xesti\u00f3n, trufada de pol\u00edtica local, galega e espa\u00f1ola e combate entre poderes econ\u00f3micos, quedou tras o parto como algo que pod\u00eda ser s\u00f3lido no futuro e cun nome impresentable (\u00f3 meu xu\u00edzo), &#8216;Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense y Pontevedra&#8217;, que fixo que tivera que adoitar unha marca comercial m\u00e1is acorde: Nova Caixa Galicia. O nome, no que o com\u00fan Galicia se dil\u00fae entre todos, tomando despois m\u00e1is parte a zona sur, da unha indicaci\u00f3n das dificultades e cami\u00f1o do proceso, inclu\u00eddas cuesti\u00f3ns pol\u00edticas.<br \/>\nO caso \u00e9 que hai cousa dun mes cerrouse o acordo, coa bendici\u00f3n das autridades centrais, despois de condicionalo previamente. Hai un plan a longo prazo, sancionado debidamente, para o saneamento, e parec\u00eda que Galicia, a pesar de todos os atrancos anteriores, \u00eda a poder sacar adiante unha instituci\u00f3n financieira p\u00fablica que apoiara a econom\u00eda galega. Xa sabemos que \u00f3s ollos dos cartos, as bandeiras deixan de ter cor, pero iso non significa que non te\u00f1an proximidade, e algo \u00e9 algo.<br \/>\nPero, despois de &#8216;facer caixa&#8217;, esta mesma semana vi\u00f1eron as rebaixas, e no caso da caixa de nome impresentable, significa pr\u00e1cticamente que tampouco ser\u00e1 presentable como tal caixa, pois moi previsiblemente non poder\u00e1 cumprir as novas normas. E far\u00e1se banco, e ser\u00e1 un tempo en parte do estado, e logo sinxelamente non ser\u00e1 p\u00fablica nin galega: ser\u00e1 un banco con accionistas norteamericanos ou chineses&#8230; despois de aportar o estado m\u00e1is cartos (a nome de todos, pero para o que se ter\u00e1 que endebedar m\u00e1is) para vendelo barato, barato, que \u00e9 o que pasa cando hai exceso de oferta (e neste caso presentarase unha boa parte do tecido financieiro espa\u00f1ol a subasta) despois de sanealo \u00e1 forza en troques de deixar que se saneara s\u00f3.<br \/>\nResultado: adeus entidade financieira galega e p\u00fablica, adeus cartos de saneamento, adeus soberan\u00eda econ\u00f3mica, adeus para sempre, adeus &#8230;<br \/>\nE unha nota m\u00e1is, a lembranza do que significaron en principio as caixas, instituci\u00f3ns de base social, nas que na actualidade, con todas as deficiencias que a\u00ed hab\u00eda, mal que ben, segu\u00edase a facer algo de &#8216;obra social&#8217;, lembrando que os cartos te\u00f1en unha labor non s\u00f3 de funcionamento econ\u00f3mico, sen\u00f3n de facilitaci\u00f3n e vertebraci\u00f3n da sociedade.<br \/>\nA perda de empregos na instituci\u00f3n? Bah, un &#8216;subproduto&#8217;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dise &#8216;facer caixa&#8217; cando se est\u00e1 a meter cartos na caixa e logo se contan, requisito previo para ganalos. Pero non vai a cousa nese sentido. En Galicia falouse a tempada pasada de facer unha caixa, que despois dunha longa xesti\u00f3n, trufada de pol\u00edtica local, galega e espa\u00f1ola e combate entre poderes econ\u00f3micos, quedou tras [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9],"class_list":["post-8098","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8098","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8098"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8098\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8098"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8098"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8098"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}