{"id":8095,"date":"2011-01-29T11:16:00","date_gmt":"2011-01-29T10:16:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:49:52","modified_gmt":"2024-11-12T13:49:52","slug":"fototecas-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/01\/29\/fototecas-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Fototeca(s) de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Anda estes d\u00edas pola prensa a realizac\u00f3n dunha fototeca en Ribadeo. Deuse o aviso dende o concello dun convenio polo que a Deputaci\u00f3n ced\u00eda 5 000 \u20ac para a realizaci\u00f3n do proxecto, e logo tam\u00e9n se avisou da <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=671&amp;lg=gal\">posta en marcha<\/a>,  comezando a pr\u00f3xima semana a recibirse o material no telecentro, co compromiso de devoluci\u00f3n e a\u00ednda entrega dunha copia dixital. A idea non est\u00e1 mal, a\u00ednda que entendo que debera vertebrarse mellor tanto con iniciativas p\u00fablicas que xa hai como con outras privadas. As\u00ed, na mesma p\u00e1xina do concello hai varios conxuntos de fotos, antigas e modernas, que coido deberan integrarse, como as <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/\">galer\u00edas de fotos na p\u00e1xina principal do concello<\/a> ou o <a href=\"http:\/\/www.pagusc4.com\/ribadeo\/\">museo virtual de Ribadeo<\/a> [ver comentarios], tam\u00e9n accesible dende esa p\u00e1xina e que pretende constitu\u00edr un todo a partir de fotos antigas que nada por diversos lugares. Na beira privada, en <a href=\"http:\/\/www.flickr.com\/search\/?q=Ribadeo&amp;w=all\">flickr<\/a> ofr\u00e9cese unha morea de fotos de agora mesmo (tam\u00e9n en <a href=\"http:\/\/picasaweb.google.com\/lh\/view?q=Ribadeo&amp;uname=agremon&amp;psc=G&amp;filter=1#\">Picasa<\/a>, pero estas son menos \u00fatis a efects de Ribadeo-Ribadeo), a p\u00e1xina de Ribadeo en facebook est\u00e1 a desenvoltar unha labor de dar a co\u00f1ecer as imaxes do  <a href=\"http:\/\/www.facebook.com\/#%21\/pages\/RIBADEO\/229982326216\">Ribadeo actual<\/a>, con moitas fotos xa publicadas e con alg\u00fan comentario, sen esquecer os libros de fotos que te\u00f1o deixado eu en <a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/\">publicado en Ribadeo<\/a> (<a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Ribadeo+Falls\">Ribadeo falls<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.blogger.com\/Ribadeo%20no%20tempo\">Ribadeo no tempo<\/a> ou as d\u00faas <a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Fotos+do+Ribadeo+antigo\">series de fotos antigas<\/a>) ou a\u00ednda as fotos que <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search\/label\/Fotos%20Ribadeo\">te\u00f1en sa\u00eddo neste blog<\/a> (ou <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search\/label\/Fotos%20r%C3%ADa%20de%20Ribadeo\">sobre a r\u00eda<\/a>) que entre exteriores e interiores soben do milleiro.<br \/>\nEn fin, algo m\u00e1is para conservar a memoria e as\u00ed ter unha base de historia para poder encarar o futuro Ribadeo &#8230; quiz\u00e1is, porque non \u00e9 s\u00f3 dispor de algo, e usalo para un fin. Como visi\u00f3n alternativa, algue\u0144 pode pensar: &#8216;ou un gasto de 5 000 \u20ac para algo que xa se estaba a facer de calquera xeito&#8230;&#8217;. M\u00e1is visi\u00f3ns alternativas? Pois por exemplo, unha fonte de ingresos complementaria para manter en funcionamento algo \u00fatil como o telecentro.<br \/>\nM\u00e1goa de falta de tempo! Unha p\u00e1xina medianamente ben feita onde se centralizaran as referencias \u00e1s fotos de Ribadeo que se van colgando na rede coido que ser\u00eda moi ben acollida, mesmo dar\u00eda oportunidades de negocio. Pero o dito: material hai en abundancia, t\u00f3dolos d\u00edas est\u00e1 a aumentar, e require moito tempo&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Anda estes d\u00edas pola prensa a realizac\u00f3n dunha fototeca en Ribadeo. Deuse o aviso dende o concello dun convenio polo que a Deputaci\u00f3n ced\u00eda 5 000 \u20ac para a realizaci\u00f3n do proxecto, e logo tam\u00e9n se avisou da posta en marcha, comezando a pr\u00f3xima semana a recibirse o material no telecentro, co compromiso de devoluci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[93],"class_list":["post-8095","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos-ribadeo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8095","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8095"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8095\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8095"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8095"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8095"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}