{"id":8085,"date":"2011-02-09T07:27:00","date_gmt":"2011-02-09T06:27:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:49:36","modified_gmt":"2024-11-12T13:49:36","slug":"un-emblema-vendido-un-emblema-mercado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/02\/09\/un-emblema-vendido-un-emblema-mercado\/","title":{"rendered":"Un emblema vendido, un emblema mercado"},"content":{"rendered":"<p>Hai pouco tempo que se vi\u00f1an rumiando medidas para <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/01\/programando-ribadeo-xa-non-e-o-que-era.html\">evitar a ca\u00edda da Torre dos Moreno<\/a>. Na fin de semana houbo unha sorpresa: o cambio de titularidade do 50% da propiedade da Torre. A cousa entendo que pasou de:<\/p>\n<p>21% pertencente \u00f3 Concello<\/p>\n<p>15% \u00e1 familia Vigil de Qui\u00f1ones Parga<\/p>\n<p>10% \u00e1 familia Sevilla (entendo que \u00e9 as\u00ed por informaci\u00f3ns que me chegaron, se ben a prensa fai recaer esta porcentaxe a herdeiros arxentinos e non puiden testar cal \u00e9 a opci\u00f3n v\u00e1lida)<\/p>\n<p>35% \u00e1s familias Quintana Calamita e Basanta<\/p>\n<p>19% a herdeiros na Arxentina<\/p>\n<p>a:<\/p>\n<p>21% pertencente \u00f3 Concello<\/p>\n<p>50% a Paisajes de Asturias<\/p>\n<p>10% \u00e1 familia Sevilla<\/p>\n<p>19% a herdeiros na Arxentina.<\/p>\n<p>A cousa pode ser boa ou mala de cara \u00e1 conservaci\u00f3n do edificio. En principio, ent\u00e9n<a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEite48TWcvoZMbmfh9uWiDLlB2QxrNB0SzHIuaG7By58jZOosTNI4vtJC34NiKzv1TgF5JNBOnT9_EeKSoGla1WGzmzMq7pKp2dTsnmJx3ex0BmxlNOt-P1_fejXMQJd2RFRYdbSA\/s2048\/casaPerecitos.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEite48TWcvoZMbmfh9uWiDLlB2QxrNB0SzHIuaG7By58jZOosTNI4vtJC34NiKzv1TgF5JNBOnT9_EeKSoGla1WGzmzMq7pKp2dTsnmJx3ex0BmxlNOt-P1_fejXMQJd2RFRYdbSA\/s2048\/casaPerecitos.jpg\" \/><\/a>dese que se unha empresa o merca, \u00e9 para darlle aire, para aproveitalo, o que implicar\u00eda un coidado e polo tanto os preceptivos ama\u00f1os e reformas para que non s\u00f3 non se caia, sen\u00f3n que se poda aproveitar como residencia ou servizos. Non obstante, non s\u00f3 queda o impedimento do 29% alleo \u00f3 trato e \u00f3 concello, sen\u00f3n que a prensa faise eco de que a empresa asturiana xa ten outro edificio en Ribadeo, a Casa dos Perecitos, sinalada na toma do sigpac (ver foto ampliada) cunha cruz, na r\/ Viejo Pancho, na praci\u00f1a entre as &#8216;Catro calles&#8217; e o Hotel Rolle (r\/ Ing. Schulz, que presenta unha fachada uniforme debido \u00e1 tea de cobertura de obra que ti\u00f1a cando se tomou a foto). A casa est\u00e1 literalmente sen balc\u00f3ns ou teito, esperando dende que o concello tomou a decisi\u00f3n de evitar que houbera un accidente. \u00c9 evidente que non est\u00e1 sendo aproveitada; m\u00e1is ben parece que est\u00e1 &#8216;\u00e1 espera&#8217; dunha rendibilidade especulativa. Espero que non sexa as\u00ed, pero \u00e9 a impresi\u00f3n que da. Mal andariamos se coa Torre se segue o mesmo cami\u00f1o.<\/p>\n<p>E \u00e9 que o tema da venda da Torre parece ter algo de falta de diplomacia: di o alcalde que se enterou pola prensa, mentres o representante de Cultura &#8211; Xunta en Lugo anunciou a operaci\u00f3n, despois de estar ambos os dous no allo da conservaci\u00f3n da Torre, para a que se decidiu (concello) un apuntalamento que a\u00ednda non se levou a cabo por falta de cartos (30 000 \u20ac). Vistas as\u00ed as cousas, o tema par\u00e9cese a unha especie de &#8216;OPA hostil&#8217; na que algu\u00e9n alleo en principio, a empresa &#8216;Paisajes de Asturias&#8217; se fai cunha parte decisiva dun inmoble para especular. Entendo (non \u00e9 o que di o ordenamento xur\u00eddico que puiden consultar) que os copropietarios dun inmoble deberan ter <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Derecho_de_tanteo\">dereito de tanteo<\/a>, co que o concello ter\u00edao, e a\u00ednda que non te\u00f1a a capacidade econ\u00f3mica para afrontalo, ter\u00eda ese primeiro aviso da posibilidade de exercelo. Polo tanto, a cousa ir\u00eda m\u00e1is al\u00f3 das malas relaci\u00f3ns entre alcalde e anteriores propietarios.<\/p>\n<p>Vista a <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=679&amp;lg=gal\">nota de prensa do concello<\/a>, non parece confirmarse o dereito de tanteo, pero si a necesidade dunha cautela por falta de informaci\u00f3n e declaraci\u00f3n de intenci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&#8212; Actualizaci\u00f3n, un d\u00eda despois:<\/p>\n<p>Unha nota de prensa do concello indica que <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=680&amp;lg=gal\">os compradores parecen colaborar<\/a>: ogall\u00e1 sexa as\u00ed, o que non invalida os comentarios xa feitos.<\/p>\n<p>&#8212; &#8212; Actualizaci\u00f3n posterior:<\/p>\n<p>A familia Sevilla vendeu a s\u00faa parte a Paisajes de Asturias. A parte do concello tam\u00e9n perece destinada \u00e1 venda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai pouco tempo que se vi\u00f1an rumiando medidas para evitar a ca\u00edda da Torre dos Moreno. Na fin de semana houbo unha sorpresa: o cambio de titularidade do 50% da propiedade da Torre. A cousa entendo que pasou de: 21% pertencente \u00f3 Concello 15% \u00e1 familia Vigil de Qui\u00f1ones Parga 10% \u00e1 familia Sevilla (entendo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,58],"class_list":["post-8085","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8085","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8085"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8085\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8085"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8085"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8085"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}