{"id":8075,"date":"2011-02-19T09:41:00","date_gmt":"2011-02-19T08:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:49:13","modified_gmt":"2024-11-12T13:49:13","slug":"participa-cono_19","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/02\/19\/participa-cono_19\/","title":{"rendered":"Participa, co\u00f1o!"},"content":{"rendered":"<p>-enviado para a s\u00faa publicaci\u00f3n en diversos medios-<\/p>\n<p><span style=\"font-size:130%;\">Participa, co\u00f1o!<\/span><\/p>\n<p>Coido que pode verse claro que o t\u00edtulo leva en si unha contradicci\u00f3n. Dende a historia do regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1 en Ribadeo ata as alegaci\u00f3ns que deberan terse en conta, tentarei esbozar en varias entregas algo do que significa unha normativa que \u00e9, para a cidadan\u00eda, mesmo m\u00e1is fundamental que o estado de contas do concello, algo dunha relevancia que est\u00e1 f\u00f3ra de toda d\u00fabida. E isto \u00e9 as\u00ed porque se non hai participaci\u00f3n, se os cidad\u00e1ns estamos \u00e1 marxe, limitados a votar cada certo tempo por unhas listas cerradas que non confeccionamos, ent\u00f3n non hai democracia e tampouco importar\u00e1 o que pase coas contas municipais, pois sinxelamente non ser\u00e1 cousa nosa. A participaci\u00f3n non se pode impor dende arriba, e en cambio, si que se pode tentar desincentivala -algo que est\u00e1 a suceder-.<br \/>\n<span style=\"font-weight: bold;\">1.Introducci\u00f3n<\/span><br \/>\nDin que estamos en democracia, no goberno do pobo, un r\u00e9xime pol\u00edtico no que a soberan\u00eda reside no pobo e \u00e9 exercida por este de xeito directo ou indirecto. Si? O caso \u00e9 que se non se participa, non se pode exercer a propia soberan\u00eda, o propio poder, o goberno. E isa participaci\u00f3n est\u00e1 baixando dende hai tempo, como pode verse a pouco que se mire, non s\u00f3 na porcentaxe de participaci\u00f3n eleitoral, sen\u00f3n tam\u00e9n no interese polos asuntos p\u00fablicos f\u00f3ra das charlas do caf\u00e9 ou o que non vai \u00f3 bolsillo.<br \/>\nVisto doutro xeito, calquera que tente seguir a vida municipal t\u00e9no dif\u00edcil se non \u00e9 a traverso da imaxe nos medios dos enfrontamentos dos pol\u00edticos nos diferentes temas. Se se quere enterar de algo do que pasa no concello de primeira man, l\u00e9vao cru. Unha mostra? Mesmo o acceso \u00f3 texto do Regulamento de R\u00e9xime Org\u00e1nico de Participaci\u00f3n Cidada do Concello de Ribadeo, aprobado inicialmente no pleno de xaneiro, ata agora non est\u00e1 dispo\u00f1ible en internet, nin foi anunciada polo concello a publicaci\u00f3n da s\u00faa aprobaci\u00f3n inicial no BOP (de d\u00eda 1 de febreiro) e polo tanto comezo do per\u00edodo de alegaci\u00f3ns &#8230; e iso despois de que o \u00fanico punto no que tivo participaci\u00f3n a cidadan\u00eda dun xeito directo f\u00f3ra precisamente o da publicitaci\u00f3n de acordos, normativas e dem\u00e1is en internet (diso falarase m\u00e1is adiante).<br \/>\n<span style=\"font-weight: bold;\">2.Unha historia ata o 2010<\/span><br \/>\nAl\u00f3 hai vinte anos, cando a\u00ednda coleaba o impulso da democratizaci\u00f3n en Espa\u00f1a despois de anos de ditatura, houbo unha aprobaci\u00f3n inicial, por parte da corporaci\u00f3n municipal de Ribadeo, dun estatuto de participaci\u00f3n cidad\u00e1. A cousa quedou a\u00ed, de cara \u00e1 galer\u00eda, xa que non houbo unha aprobaci\u00f3n definitiva nin intento dela.<br \/>\nOs anos pasaron, e novas leis e normativas de rango superior fixeron xa imposible a aprobaci\u00f3n definitiva.<br \/>\nAs\u00ed chegamos \u00f3 anterior mandato municipal, no que a avv O Tes\u00f3n deu un t\u00edmido paso pedindo o desenvolvemento da normativa de orde superior para aproveitar posibilidade de ter unha m\u00ednima participaci\u00f3n nos plenos. Outorgouse unha pequena compensaci\u00f3n, de xeito que no Pleno do Concello o 13 de setembro de 2004 aprobouse un regulamento para permitir a contestaci\u00f3n de preguntas formuladas polas asociaci\u00f3ns, &#8216;despois&#8217; dos plenos.<br \/>\nDende aquela, na case totalidade dos plenos ordinarios houbo preguntas, contestadas sen ning\u00fan tipo de levantamento de acta oficial, sen posibilidade de reprantexamento, explicaci\u00f3n da propia pregunta ou detalles, &#8230; e con respostas \u00e1s veces adiadas, \u00e1s veces sen efectividade. Se ben tam\u00e9n as houbo que foron contestadas de xeito adecuado, a canle aberta no 2004 pronto se manifestou totalmente insuficiente.<br \/>\nE volta a comezar. No seo na Mesa de Asociaci\u00f3ns veci\u00f1ais plantexouse non s\u00f3 a petici\u00f3n dun regulamento de participaci\u00f3n, sen\u00f3n que, en vista do pouco entusiasmo dos mun\u00edcipes,  estudouse e presentouse un borrador de regulamento. Tempo despois de ter desesperado unha resposta, recibiuse nunha xuntanza co alcalde un novo texto de borrador para que se estudara. Do antigo, nada.<br \/>\nEstudouse, viuse que estaba feito de anacos doutros regulamentos, con diferentes formatos, e que deixaba diversas cousas mal conectadas, ou sen canles efectivas, ou sen posibilidades de desenvolvemento. Por iso, en setembro pasado, despois de varias xuntanzas da Mesa de Asociaci\u00f3ns, foi remitida \u00f3 concello unha nova versi\u00f3n cun escrito de acompa\u00f1amento no que se dic\u00eda claramente que a\u00ednda cos cambios propostos, o documento era farragoso, pero tent\u00e1base variar o menos posible na procura dun entendemento, e ped\u00edase unha xuntanza co alcalde para facer as aclaraci\u00f3ns pertinentes.<br \/>\nA xuntanza non chegou.<br \/>\n<span style=\"font-weight: bold;\">3.O 2011 xa \u00e9 historia.<\/span><br \/>\nNo Pleno de 17 de xaneiro f\u00edxose a aprobaci\u00f3n inicial do regulamento org\u00e1nico. Aprobaci\u00f3n un\u00e1nime, despois de pasar pola comisi\u00f3n previa. Comisi\u00f3n que deixou pasar cousas como un &#8216;Santiago&#8217; onde ti\u00f1a que po\u00f1er &#8216;Ribadeo&#8217;. Aprobaci\u00f3n que contou con detalles como un comentario de que se as asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os -e O Tes\u00f3n m\u00e1is en concreto- quer\u00edan participar, que se presentaran \u00e1s elecci\u00f3ns; algo que deixa \u00e1s claras a idea de participaci\u00f3n cidad\u00e1 que te\u00f1en alg\u00fans pol\u00edticos.<br \/>\nSer\u00eda l\u00f3xico supo\u00f1er, despois da unanimidade na votaci\u00f3n, que a versi\u00f3n se manifeste como definitiva pr\u00f3ximamente, a\u00ednda que haxa alegaci\u00f3ns (&#8230; tam\u00e9n pode ocorrer que haxa cambios de voto como ten pasado outras veces). F\u00f3ra das propias alegaci\u00f3ns que se fagan, pouco queda por explicar. Quiz\u00e1is unha precisi\u00f3n: a letra aprobada non implica que se te\u00f1a en consideraci\u00f3n despois, como xa ten ocorrido tantas veces, deixando cousas aprobadas en letra morta. Aprobar \u00e9 doado, e m\u00e1is se hai un consenso de atribuci\u00f3n \u00f3 tema de pouca ou nula importancia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>-enviado para a s\u00faa publicaci\u00f3n en diversos medios- Participa, co\u00f1o! Coido que pode verse claro que o t\u00edtulo leva en si unha contradicci\u00f3n. Dende a historia do regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1 en Ribadeo ata as alegaci\u00f3ns que deberan terse en conta, tentarei esbozar en varias entregas algo do que significa unha normativa que \u00e9, para [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-8075","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8075","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8075"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8075\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8075"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8075"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8075"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}