{"id":8071,"date":"2011-02-22T07:29:00","date_gmt":"2011-02-22T06:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:49:07","modified_gmt":"2024-11-12T13:49:07","slug":"participa-cono-ii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/02\/22\/participa-cono-ii\/","title":{"rendered":"Participa, co\u00f1o! (II)"},"content":{"rendered":"<p>&#8212; enviado \u00f3s medios para a s\u00faa publicaci\u00f3n &#8212;<\/p>\n<p>&#8212; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/03\/participando-e-iv.html\">4\u00aa parte<\/a>; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/03\/participando-iii.html\">3\u00aa parte<\/a>; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/02\/participa-cono-ii.html\">2\u00aa parte<\/a>; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/02\/participa-cono.html\">1\u00aa parte<\/a> &#8212;<\/p>\n<p>Coido que antes de comezar a expo\u00f1er alg\u00fans cambios desexables no regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1 aprobado inicialmente no pleno de xaneiro (non todos, sen\u00f3n isto ser\u00eda demasiado longo), \u00e9 cousa de ter unha visi\u00f3n xeral do documento.<\/p>\n<p>Saltemos cuesti\u00f3ns menores, como os diversos formatos do texto, indicativos dun &#8216;corta e pega&#8217; sen posterior revisi\u00f3n de lugares asemade diferentes. O inicio da proposta aprobada consiste nunha relaci\u00f3n de contido:<\/p>\n<p>Exposici\u00f3n de motivos<\/p>\n<p>Titulo 1.-Informaci\u00f3n municipal<\/p>\n<p>Titulo 2.-Das Entidades cidadas e do Rexistro municipal de asociaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Titulo 3.-Dos Consellos de participaci\u00f3n cidad\u00e1<\/p>\n<p>Titulo 4.-Dos Consellos Sectoriais ou de Area.<\/p>\n<p>Titulo 5.-Da iniciativa cidad\u00e1<\/p>\n<p>Titulo 6.-Da consulta popular.<\/p>\n<p>Titulo 7.-Da participaci\u00f3n nos organos de goberno municipal<\/p>\n<p>Titulo 8.-Da audiencia p\u00fablica<\/p>\n<p>Titulo 9.-Da declaraci\u00f3n de utilidade p\u00fablica das entidades e asociaci\u00f3ns .<\/p>\n<p>Titulo 10.-Da Comisi\u00f3n Especial de suxerencias e reclamaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Disposici\u00f3n adicional<\/p>\n<p>Disposici\u00f3n transitoria<\/p>\n<p>Disposici\u00f3n derrogatoria<\/p>\n<p>Disposici\u00f3n final<\/p>\n<p>As disposici\u00f3ns \u00f3 final do documento son de m\u00e9todo, a\u00ednda que unha, a transitoria, deixa precisamente un punto fundamental \u00e1 disposici\u00f3n posterior da alcald\u00eda: o procedemento de designaci\u00f3n dos representantes veci\u00f1ais.<\/p>\n<p>En canto \u00f3 que \u00e9 unha introducci\u00f3n, a exposici\u00f3n de motivos desenvolta \u00f3 longo de varias p\u00e1xinas, a parte de engrosar o tama\u00f1o e a farragosidade dun texto de por si enrevesado e pesado, parece estar de m\u00e1is se o que se pretende \u00e9 que funcione e non o explicar que bonito \u00e9. De calquera xeito, non deixa de ser unha irrelevante exposici\u00f3n de bos desexos.<\/p>\n<p>Do t\u00edtulo primeiro, sobre a informaci\u00f3n municipal (que no texto aparece de xeito diferente \u00f3 \u00edndice, como &#8216;disposici\u00f3ns xerais e informaci\u00f3n municipal&#8217;), destacar que incl\u00fae os obxectivos que se prev\u00e9n para o regulamento. Entre eles, o facer efectivos os dereitos dos veci\u00f1os segundo a lei reguladora do r\u00e9xime local, promulgada hai s\u00f3 25 anos, levando pois os dereitos dos ribadenses 25 anos aprazados. Asemade tam\u00e9n recolle como obxectivo a informaci\u00f3n sobre temas diversos, solicitadas polo 50% das asociaci\u00f3ns inscritas no rexistro municipal. Non sei c\u00e1ntas asociaci\u00f3ns ten inscritas nestes momentos o rexistro, pero apostar\u00eda a que son abondas, e tam\u00e9n a que m\u00e1is dunha xa non funciona.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n recolle este t\u00edtulo os dereitos formulados por leis superiores. As\u00ed, por exemplo, todo cidad\u00e1n ten o dereito de esixir responsabilidades da Corporaci\u00f3n Local. E establece o prazo de resposta (en forma de acta) do concello se unha proposta chega a ser tratada nun \u00f3rgano colexiado: 30 d\u00edas (ent\u00e9ndese a partires de que foi tratado)<\/p>\n<p>A\u00ednda m\u00e1is: establece o dereito que temos, t\u00f3dolos cidad\u00e1ns, de identificar \u00e1s autoridades e \u00f3 persoal \u00f3 servicio das corporaci\u00f3ns locais que te\u00f1an baixo a s\u00faa responsabilidade a tramitaci\u00f3n dos procedementos.<\/p>\n<p>No seu artigo 7, en troques, aparece algo que non se entende moi ben. Despois de establecer que os plenos son p\u00fablicos (ent\u00e9ndese que s\u00f3 para a asistencia de p\u00fablico, non para a participaci\u00f3n), con facilidades para asistencia e informaci\u00f3n, dalle un acceso preferente a eles \u00f3s medios de comunicaci\u00f3n social. A preparaci\u00f3n dos plenos (comisi\u00f3ns informativas e de goberno) non \u00e9 p\u00fablica, a\u00ednda que &#8216;poder\u00e1n&#8217; ser p\u00fablicas outras sesi\u00f3ns.<\/p>\n<p>No t\u00edtulo segundo establ\u00e9cese que o concello subvencionar\u00e1 as asociaci\u00f3ns, as\u00ed como que lles facilitar\u00e1 locais, ou os dereitos das asociaci\u00f3ns, que xa ve\u00f1en rexidos por outras leis superiores e \u00f3s que non parece engad\u00edrselles ning\u00fan novo, sen\u00f3n m\u00e1is ben restr\u00ednselles obrigando \u00e1 inscrici\u00f3n no rexistro municipal para exercelos.<\/p>\n<p>O t\u00edtulo terceiro \u00e9 ilustrativo do conxunto da estrutura de participaci\u00f3n, na que se contemplan b\u00e1sicamente d\u00faas figuras: o Consello de Relaci\u00f3ns Veci\u00f1ais e o Consello Econ\u00f3mico e Social.<\/p>\n<p>En canto \u00f3 Consello de Relaci\u00f3ns Veci\u00f1ais, de estar constitu\u00eddo a d\u00eda de hoxe, estar\u00eda formado por 8 representantes dos partidos pol\u00edticos, o secretario, unha representante do \u00fanico consello sectorial establecido e \u2026 seis representantes veci\u00f1ais! Iso si, estes \u00faltimos, rotatorios. Visto o anterior, coido que folga dicir que o seu funcionamento est\u00e1 totalmente subrogado \u00e1s instancias pol\u00edticas, tendo como funci\u00f3ns facer propostas, emitir informes, e presentar iniciativas e suxerencias.<\/p>\n<p>Outra cousa \u00e9 o CES, onde non participan as asociaci\u00f3ns veci\u00f1ais. Neste caso, van por diante as funci\u00f3ns e logo a s\u00faa constituci\u00f3n. Constituci\u00f3n que non saber\u00eda dicir agora mesmo como ser\u00eda: se ben pode haber maior\u00eda de pol\u00edticos, non pon l\u00edmite \u00e1 participaci\u00f3n de entidades empresariais e s\u00f3 limita os sindicatos \u00f3s &#8216;m\u00e1is representativos&#8217;, sen indicar n\u00famero ou outro criterio. En canto \u00e1s funci\u00f3ns, est\u00e1 tanto o elaborar informes, de oficio ou a instancias do concello como o ser informado, e co\u00f1ecer as medidas de planificaci\u00f3n, as\u00ed como servir de canle de participaci\u00f3n e di\u00e1logo, e por suposto propor, non s\u00f3 soluci\u00f3ns, sen\u00f3n criterios de actuaci\u00f3n. E emitir un informe anual.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8212; enviado \u00f3s medios para a s\u00faa publicaci\u00f3n &#8212; &#8212; 4\u00aa parte; 3\u00aa parte; 2\u00aa parte; 1\u00aa parte &#8212; Coido que antes de comezar a expo\u00f1er alg\u00fans cambios desexables no regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1 aprobado inicialmente no pleno de xaneiro (non todos, sen\u00f3n isto ser\u00eda demasiado longo), \u00e9 cousa de ter unha visi\u00f3n xeral do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[74,78,13,9],"class_list":["post-8071","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-teson","tag-participacion","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8071","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8071"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8071\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8071"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8071"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8071"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}