{"id":8063,"date":"2011-03-01T07:30:00","date_gmt":"2011-03-01T06:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:48:56","modified_gmt":"2024-11-12T13:48:56","slug":"participando-iii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/03\/01\/participando-iii\/","title":{"rendered":"Participando (III)"},"content":{"rendered":"<p>&#8212; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/03\/participando-e-iv.html\">4\u00aa parte<\/a>; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/03\/participando-iii.html\">3\u00aa parte<\/a>; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/02\/participa-cono-ii.html\">2\u00aa parte<\/a>; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/02\/participa-cono.html\">1\u00aa parte<\/a> &#8212;<\/p>\n<p>Se est\u00e1s a ler isto despois das entregas anteriores (Participa, co\u00f1o! 1 e 2), \u00e9 que tes interese no tema. E un m\u00ednimo de informaci\u00f3n. Polo tanto, xa non se trata de chamar a atenci\u00f3n cun titular malsoante, nin de facer ver que a pretendida participaci\u00f3n pode ser unha imposici\u00f3n ou comenencia. Tr\u00e1tase sinxelamente de exercer un dereito e un deber.<\/p>\n<p>A diversificaci\u00f3n da participaci\u00f3n cidad\u00e1 encaixa dentro dos consellos sectoriais de \u00e1rea que configura o t\u00edtulo IV do regulamento proposto. Os consellos contemplados como posibles (de Asuntos Sociais, Medio Ambiente e sostibilidade, Escolar, de Cultura, da mocidade, da Muller, de Deportes) de seren creados ter\u00edan un posto representativo no consello veci\u00f1al. Na actualidade s\u00f3 funciona un, o correspondente \u00e1 muller, como foi dito na entrega anterior. Unha caracter\u00edstica fundamental destes consellos \u00e9 que son ad-hoc, como proba o par\u00e1grafo seguinte: \u201cCada Corporaci\u00f3n deber\u00e1, ao comezo do seu mandato, resolver a creaci\u00f3n dos Consellos municipais sectoriais que estime procedentes, cesando autom\u00e1ticamente a totalidade dos membros dos mesmos e as funci\u00f3ns dos Consellos co gallo da convocatoria de cada nova elecci\u00f3n local.\u201d Isto evita unha continuidade que ser\u00eda desexable de ser considerado v\u00e1lido un consello determinado, e crea unha dependencia do equipo de goberno correspondente que os manexar\u00e1 segundo estime.<\/p>\n<p>Complica m\u00e1is o anterior o que te\u00f1an id\u00e9nticas funci\u00f3ns que o Consello de Relaci\u00f3ns Veci\u00f1ais, no seu \u00e1mbito de actuaci\u00f3n, ou que o regulamento de cada un sexa aprobado polo pleno de xeito independente, facendo patente unha compartimentaci\u00f3n que dificulta as acci\u00f3ns conxuntas.<\/p>\n<p>O t\u00edtulo sobre a iniciativa cidad\u00e1, o n\u00famero 5, admite a presentaci\u00f3n de iniciativas colectivas pero tam\u00e9n das individuais. Cunha precisi\u00f3n importante, que m\u00e1is que limitar o n\u00famero, potencia a profundidade das iniciativas posibles: han ter abondo grao de elaboraci\u00f3n previo como para que se poda valorar direitamente o ser executables. A\u00ednda as\u00ed, os par\u00e1grafos seguintes \u00f3 que especifica o anterior poden enfriar algo a consideraci\u00f3n positiva do t\u00edtulo: o primeiro que se fai por parte da administraci\u00f3n \u00e9 informar dos tr\u00e1mites que se seguir\u00e1n e de que se comunicar\u00e1 de se se considera ou non. Sen prazos. O segundo, especificar que se debe axustar \u00e1 disponibilidade presupostaria. E a\u00ednda despois, fala dunha avaliaci\u00f3n antes da inclusi\u00f3n dos presupostos anuais.<\/p>\n<p>O t\u00edtulo seguinte trata da consulta popular. \u00c9 dicir, da consulta \u00f3 pobo en conxunto. Coido os medios de difusi\u00f3n xa se fixeron eco a comezos do 2010 de consultas populares en Catalu\u00f1a por parte de concellos, algo reco\u00f1ecido legalmente xa no ano 1985. A consulta pode ser iniciada pola alcald\u00eda ou por o 8-10% dos electores. Despois da indefinici\u00f3n de porcentaxe, o texto s\u00f3 fai referencia a que se cumprir\u00e1 a lexislaci\u00f3n que ordea as consultas. Entendo que o t\u00edtulo non engade nada sobre o que xa est\u00e1 concedido por esa lexislaci\u00f3n de orde superior.<\/p>\n<p>A participaci\u00f3n nos \u00f3rganos de goberno da p\u00e9 a un t\u00edtulo que aglutina dous artigos nos que o \u00fanico que se fai \u00e9 referirse a outros anteriores, especificando as mesmas condici\u00f3ns de participaci\u00f3n (que son estipuladas no artigo 10, t\u00edtulo 1\u00ba, e que non \u00e9 citado de xeito directo).<\/p>\n<p>Respecto \u00e1 audiencia p\u00fablica, est\u00e1se directamente o que se di na lei de r\u00e9xime xur\u00eddico das administraci\u00f3ns p\u00fablicas, do ano 92. Pode ser pedida polo 5% da poboaci\u00f3n afectada ou polo consello sectorial correspondente. \u00d3 non estipular un xeito de medici\u00f3n da poboaci\u00f3n afectada, a medida, para ser iniciada popularmente, depende da vontade ou criterio das instancias pol\u00edticas correspondentes. Polo dem\u00e1is, aqu\u00ed si se establecen prazos, que abranguen un total de dous meses e medio dende a recepci\u00f3n da documentaci\u00f3n, e, ent\u00e9ndese, aceptaci\u00f3n da s\u00faa adecuaci\u00f3n \u00f3 procedemento.<\/p>\n<p>En canto \u00f3 t\u00edtulo para a declaraci\u00f3n da utilidade p\u00fablica de entidades e asociaci\u00f3ns, pode pedirse tal declaraci\u00f3n con poucos requisitos, basicamente presentando unha instancia, un informe de inscrici\u00f3n no rexistro municipal e unha relaci\u00f3n de actividades dos dous \u00faltimos anos. Se se declara de utilidade p\u00fablica, a entidade correspondente ten ventaxas: pode usar o t\u00edtulo, acceder \u00e1s axudas econ\u00f3micas establecidas e \u00f3s medios locais para o desenvolvemento das s\u00faas actividades, e ter os beneficios fiscais que correspondan segundo as ordenanzas municipais que traten o tema e o T\u00edtulo Primeiro da Lei Xeral Tributaria. A cambio, te\u00f1en que emitir os informes que lles sexan pedidos e presentar as actividades realizadas cada ano. E, de xeito m\u00e1is doado que \u00e1 hora de concederlles o t\u00edtulo, este pode serlles quitado.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8212; 4\u00aa parte; 3\u00aa parte; 2\u00aa parte; 1\u00aa parte &#8212; Se est\u00e1s a ler isto despois das entregas anteriores (Participa, co\u00f1o! 1 e 2), \u00e9 que tes interese no tema. E un m\u00ednimo de informaci\u00f3n. Polo tanto, xa non se trata de chamar a atenci\u00f3n cun titular malsoante, nin de facer ver que a pretendida [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[78,9],"class_list":["post-8063","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-participacion","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8063","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8063"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8063\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8063"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8063"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8063"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}