{"id":8052,"date":"2011-03-08T17:37:00","date_gmt":"2011-03-08T16:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:48:32","modified_gmt":"2024-11-12T13:48:32","slug":"rematou-o-antroido-ou-debera-ter","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/03\/08\/rematou-o-antroido-ou-debera-ter\/","title":{"rendered":"Rematou o antroido. Ou debera ter rematado: Manifesto para o 15 de maio"},"content":{"rendered":"<p>&#8216;Manifesto para o 15 de maio&#8217;, collido do blog &#8216;<a href=\"http:\/\/terceraola.com\/\">tercera ola<\/a>&#8216; e traducido \u00f3 galego. \u00c9 un alegato para manifestarse antes das elecci\u00f3ns municipais. Pode parecer mesmo algo m\u00e1is dunha charanga. Pero non o \u00e9.<br \/>\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"YouTube video player\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/nAq273qwnZw\" allowfullscreen=\"\" frameborder=\"0\" height=\"390\" width=\"480\"><\/iframe><br \/>\n&#8221;<br \/>\nSomos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se levanta polas ma\u00f1\u00e1s para estudar, para traballar ou para buscar traballo, xente que ten familia e amigos. Xente que traballa duro todos os d\u00edas para vivir e dar un futuro mellor aos que nos rodean.<br \/>\nUns consider\u00e1monos m\u00e1is progresistas, outros m\u00e1is conservadores. Uns crentes, outro non. Uns temos ideolox\u00edas ben definidas, outros nos consideramos apol\u00edticos\u2026 Pero todos estamos preocupados e indignados polo panorama pol\u00edtico, econ\u00f3mico e social que vemos ao noso ao redor. Pola corrupci\u00f3n dos pol\u00edticos, empresarios, banqueiros\u2026 Pola indefensi\u00f3n do cidad\u00e1n do mont\u00f3n.<br \/>\nEsta situaci\u00f3n fainos dano a todos diariamente. Pero se todos un\u00edmonos, podemos cambiala. \u00c9 hora de porse en movemento, hora de constru\u00edr entre todos unha sociedade mellor. Por iso sostemos firmemente o seguinte:<br \/>\n&#8211; As prioridades de toda sociedade avanzada han de ser a igualdade, o progreso, a solidariedade, o libre acceso \u00e1 cultura, a sustentabilidade ecol\u00f3xica e o desenvolvemento, o benestar e a felicidade das persoas.<br \/>\n&#8211; Existen uns dereitos b\u00e1sicos que deber\u00edan estar cubertos nestas sociedades: dereito \u00e1 vivenda, ao traballo, \u00e1 cultura, \u00e1 sa\u00fade, \u00e1 educaci\u00f3n, \u00e1 participaci\u00f3n pol\u00edtica, ao libre desenvolvemento persoal, e dereito ao consumo dos bens necesarios para unha vida sa e feliz.<br \/>\n&#8211; O actual funcionamento do noso sistema econ\u00f3mico e gobernamental non atende a estas prioridades e \u00e9 un obst\u00e1culo para o progreso da humanidade.<br \/>\n&#8211; A democracia parte do pobo (demos=poboo; cracia=goberno) as\u00ed que o goberno debe ser do pobo. Con todo, neste pa\u00eds a maior parte da clase pol\u00edtica nin sequera non escoita. As s\u00faas funci\u00f3ns deber\u00edan ser a de levar a nosa voz \u00e1s instituci\u00f3ns, facilitando a participaci\u00f3n pol\u00edtica cidad\u00e1 mediante canles directas e procurando o maior beneficio para o groso da sociedade, non a de enriquecerse e medrar \u00e1 nosa costa, atendendo tan s\u00f3 aos ditados dos grandes poderes econ\u00f3micos e aferr\u00e1ndose ao poder a trav\u00e9s dunha ditadura partitocr\u00e1tica encabezada polas inamovibles siglas do PPSOE.<br \/>\n&#8211; A ansia e acumulaci\u00f3n de poder nuns poucos xera desigualdade, crispaci\u00f3n e inxustiza, o cal conduce \u00e1 violencia, que rexeitamos. O obsoleto e antinatural modelo econ\u00f3mico vixente bloquea a maquinaria social nunha espiral que se consome a si mesma enriquecendo a uns poucos e sumindo na pobreza e a escaseza ao resto. At\u00e9 o colapso.<br \/>\n&#8211; A vontade e fin do sistema \u00e9 a acumulaci\u00f3n de di\u00f1eiro, prim\u00e1ndoa por encima da eficacia e o benestar da sociedade. Malgastando recursos, destru\u00edndo o planeta, xerando desemprego e consumidores infelices.<br \/>\n&#8211; Os cidad\u00e1ns formamos parte da engrenaxe dunha m\u00e1quina destinada a enriquecer a unha minor\u00eda que non sabe nin das nosas necesidades. Somos an\u00f3nimos, pero sen n\u00f3s nada disto existir\u00eda, pois n\u00f3s movemos o mundo.<br \/>\n&#8211; Se como sociedade aprendemos a non fiar o noso futuro a unha abstracta rendibilidade econ\u00f3mica que nunca redunda en beneficio da maior\u00eda, poderemos eliminar os abusos e carencias que todos sufrimos.<br \/>\n&#8211; \u00c9 necesaria unha Revoluci\u00f3n \u00c9tica. Puxemos o di\u00f1eiro por encima do Ser Humano e temos que polo ao noso servizo. Somos persoas, non produtos do mercado. Non son s\u00f3 o que compro, por que o compro e a quen llo compro.<br \/>\nPor todo o anterior, estou indignado.<br \/>\nCreo que podo cambialo.<br \/>\nCreo que podo axudar.<br \/>\nSei que unidos podemos.<br \/>\nSal connosco. \u00c9 o teu dereito.&#8221;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8216;Manifesto para o 15 de maio&#8217;, collido do blog &#8216;tercera ola&#8216; e traducido \u00f3 galego. \u00c9 un alegato para manifestarse antes das elecci\u00f3ns municipais. Pode parecer mesmo algo m\u00e1is dunha charanga. Pero non o \u00e9. &#8221; Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se levanta polas ma\u00f1\u00e1s para estudar, para traballar ou [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-8052","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8052","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8052"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8052\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8052"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8052"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8052"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}