{"id":8051,"date":"2011-03-10T07:24:00","date_gmt":"2011-03-10T06:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:48:30","modified_gmt":"2024-11-12T13:48:30","slug":"participando-e-iv","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/03\/10\/participando-e-iv\/","title":{"rendered":"Participando (e IV)"},"content":{"rendered":"<p>&#8212; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/03\/participando-e-iv.html\">4\u00aa parte<\/a>; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/03\/participando-iii.html\">3\u00aa parte<\/a>; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/02\/participa-cono-ii.html\">2\u00aa parte<\/a>; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/02\/participa-cono.html\">1\u00aa parte<\/a> &#8212;<\/p>\n<p><span style=\"font-size: 85%;\">&#8216;Todas as enfermidades da democracia poden curarse con m\u00e1is democracia&#8217; (Alfred E. Smith, foi Gobernador de Nova York)<\/span><\/p>\n<p>Despois dunha introducci\u00f3n &#8216;hist\u00f3rica&#8217; e unha pequena an\u00e1lise \u00f3 Regulamento Org\u00e1nico de Participaci\u00f3n Cidad\u00e1 de Ribadeo aprobado no pleno de xaneiro de xeito inicial, queda o remate da serie: as disposici\u00f3ns \u00f3 final do texto e un comentario.<\/p>\n<p>En canto \u00e1s disposici\u00f3ns finais, a que leva o nome de disposici\u00f3n adicional reflexa a subordinaci\u00f3n do regulamento a diversas leis (se ben dun xeito sui generis: sup\u00f3n que s\u00f3 no non previsto, e non como subordinaci\u00f3n total que \u00e9 a realidade). Por orde de datas de promulgaci\u00f3n, estas leis ser\u00edan:<\/p>\n<p>Lei 92\/1960, do 22 de decembro, reguladora do dereito de petici\u00f3n<\/p>\n<p>Lei 2\/1980, do 18 de xaneiro, reguladora das distintas modalidades de referendo<\/p>\n<p>Lei 7\/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de r\u00e9xime local<\/p>\n<p>Regulamento de organizaci\u00f3n, funcionamento e r\u00e9xime xur\u00eddico das entidades locais, do 28 de novembro de 1986<\/p>\n<p>Lei 30\/1992, de 26 de novembro do r\u00e9ximen xuridico das administraci\u00f3ns p\u00fablicas e procedemento administrativo com\u00fan<\/p>\n<p>Lei 5\/1997, de 22 de xullo, de administraci\u00f3n local de Galicia. Estas d\u00faas derradeiras ser\u00edan as que far\u00edan desfasada a versi\u00f3n anterior do regulamento aprobada de xeito inicial con anterioridade a elas, e nunca aplicada.<\/p>\n<p>A disposici\u00f3n transitoria xa foi comentada con anterioridade. Textualmente di: \u201dNo referente ao procedemento para a designaci\u00f3n dos representantes veci\u00f1ais, previsto no art. 20, estarase \u00f3 que, previa consulta coas entidades representativas do movemento veci\u00f1al e a xunta de voceiros, se dispo\u00f1a por resoluci\u00f3n da Alcald\u00eda.\u201d Queda con elo un dos puntos claves da representaci\u00f3n, a propia elecci\u00f3n de representantes, sen resolver.<\/p>\n<p>Co anterior, e visto en conxunto, o regulamento parece fortemente escorado cara a unha representatividade mediada, en particular, por entidades relacionadas coas empresas, en detrimento da representaci\u00f3n das persoas, e controlada dende unha posici\u00f3n dominante, polos partidos. Copio o artigo 23.1 da Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola (que se pode consultar por exemplo en <a href=\"http:\/\/www.congreso.es\/constitucion\/ficheros\/c78\/cons_gall.pdf\">http:\/\/www.congreso.es\/constitucion\/ficheros\/c78\/cons_gall.pdf<\/a>): \u201cArtigo 23<\/p>\n<p>.1. Os cidad\u00e1ns te\u00f1en dereito a participar nos asuntos p\u00fablicos, directamente ou por medio de representantes, libremente elixidos en<\/p>\n<p>elecci\u00f3ns peri\u00f3dicas por sufraxio universal.<\/p>\n<p>\u201d \u00c9 dicir, a participaci\u00f3n pode facerse por medio directo se as\u00ed se desexa, ou pode delegarse. A delegaci\u00f3n \u00e9 o xeito usado, pero a participaci\u00f3n directa est\u00e1 sendo menoscabada.<\/p>\n<p>Fronte \u00e1 proposta deste regulamento, no seu momento presentouse por parte da Mesa de Asociaci\u00f3ns unha variaci\u00f3n do mesmo, coa pretensi\u00f3n de botar a andar na participaci\u00f3n en Ribadeo cun un m\u00ednimo que fixera que o d\u00e9ficit de democracia non fora alarmante. Estimouse que non era ideal, sen\u00f3n unha situaci\u00f3n de compromiso tentando acadar uns m\u00ednimos. Mesmo se comentou que a proposta (que se pode consultar en <a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Acci%C3%83%C2%B3ns+diversas\">http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Acci\u00f3ns+diversas<\/a>) non era moito menos farragosa que a aprobada inicialmente. Non obstante, e por propia consistencia, foi presentada de novo como alegaci\u00f3n pola AVV O Tes\u00f3n, a modo de enmenda \u00e1 totalidade e tentando non apartarse do &#8216;menos malo&#8217;.<\/p>\n<p>Chegados a este punto, enfront\u00e1monos a varias posibilidades. Est\u00e1 a &#8216;soluci\u00f3n dos 90&#8217;, pola que quedar\u00eda sen entrar en vigor e relegada a participaci\u00f3n cidad\u00e1 a unha soluci\u00f3n &#8216;sine die&#8217;, por non ser votadas as alegaci\u00f3ns. Estar\u00eda outra posibilidade, de aprobar o regulamento de xaneiro de 2011 aceptando algunha alegaci\u00f3n, que ser\u00eda m\u00e1is ou menos boa ou mala segundo as reformas aprobadas. E por \u00faltimo, a que estimo ideal en forma, pero con diferenza a m\u00e1is alonxada en probabilidades: a de recomezar a bo paso para constru\u00edr un regulamento de participaci\u00f3n aplicando xa un embri\u00f3n desa participaci\u00f3n. Algo que por certo, e como queda dito nunha entrega anterior, parec\u00eda que \u00eda ser a opci\u00f3n elixida esta vez.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8212; 4\u00aa parte; 3\u00aa parte; 2\u00aa parte; 1\u00aa parte &#8212; &#8216;Todas as enfermidades da democracia poden curarse con m\u00e1is democracia&#8217; (Alfred E. Smith, foi Gobernador de Nova York) Despois dunha introducci\u00f3n &#8216;hist\u00f3rica&#8217; e unha pequena an\u00e1lise \u00f3 Regulamento Org\u00e1nico de Participaci\u00f3n Cidad\u00e1 de Ribadeo aprobado no pleno de xaneiro de xeito inicial, queda o remate [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[78,13,9],"class_list":["post-8051","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-participacion","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8051","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8051"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8051\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8051"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8051"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8051"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}