{"id":8033,"date":"2011-03-22T07:02:00","date_gmt":"2011-03-22T06:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:47:58","modified_gmt":"2024-11-12T13:47:58","slug":"e-onte-pleno","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/03\/22\/e-onte-pleno\/","title":{"rendered":"E onte, pleno"},"content":{"rendered":"<p>Con pouca asistencia, e menos despois do ecuador, tivo lugar onte un pleno longo en puntos, de duraci\u00f3n 2h e media \u00f3 que faltou Horacio Cupeiro, contando pois o BNG con s\u00f3 tres ed\u00eds no mesmo. O pleno non foi pol\u00e9mico, sen\u00f3n m\u00e1is ben de acordos xerais e outros de xeometr\u00eda variada respecto a anteriores ocasi\u00f3ns, e nel tampouco se presentou unha moci\u00f3n conxunta sobre a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/01\/entregaronse-as-sinaturas-para-que-o.html\">peti\u00f3n de retorno do xulgado a Ribadeo<\/a>.<\/p>\n<p>A relaci\u00f3n de asuntos foi:<\/p>\n<p>1.Aprobaci\u00f3n da acta anterior<\/p>\n<p>2.Decretos da alcald\u00eda<\/p>\n<p>3.Cambio de representante do PP nunha comisi\u00f3n<\/p>\n<p>4.Representantes na mesa local de comercio<\/p>\n<p>5.Adhesi\u00f3n \u00f3 convenio Xunta-Fegamp sobre administraci\u00f3n electr\u00f3nica<\/p>\n<p>6.Aprobaci\u00f3n inicial da ordenanza de administraci\u00f3n electr\u00f3nica.<\/p>\n<p>7.Modificaci\u00f3n da taxa de servizo do mercado<\/p>\n<p>8.Cambio de nome da concesionaria do matadoiro municipal<\/p>\n<p>9.Convenio con Coniproma<\/p>\n<p>10.Convenio con Coniproma e Anselmo<\/p>\n<p>11.Aprobaci\u00f3n inicial de convenio con Isabel Arias<\/p>\n<p>12.Escrito de reco\u00f1ecemento de dominio na parte posterior do colexio Sagrado Coraz\u00f3n<\/p>\n<p>13.Aprobaci\u00f3n de novo trazado de cami\u00f1o en Arante<\/p>\n<p>14.Moci\u00f3n do BNG polo plan de emprego feminino e apoio das mulleres<\/p>\n<p>15.Proposta da alcald\u00eda da representaci\u00f3n do concello na xestora mixta Concello-CCA<\/p>\n<p>16.Moci\u00f3n de UPRi para facilitar a instalaci\u00f3n de empresas no pol\u00edgono<\/p>\n<p>17.Rogos e preguntas<\/p>\n<p>Asemade, \u00f3 final, deuse contestaci\u00f3n\u00e1s tres \u00faltimas preguntas de O Tes\u00f3n, <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2010\/11\/preguntas-o-pleno-de-20101115.html\">esquecendo as anteriores, de hai xa catro meses<\/a>, que esperemos sexan contestadas no seguinte ordinario&#8230;<\/p>\n<p>En canto \u00e1s <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/03\/preguntas-o-pleno-de-20110321.html\">preguntas contestadas neste<\/a>, f\u00f3rono ausent\u00e1ndose primeiro Balbino P\u00e9rez e logo outra representante do PSOE:<\/p>\n<p>Do xulgado e as sinaturas presentadas, non se sabe nin se fixo nada, nin se recibiu acuse de recibo. Tampouco sobre o actual edificio adicado \u00f3 xulgado, e non se espera facer nada pois quedan dous meses para as elecci\u00f3ns e poder\u00edase comprometer un futuro equipo de goberno.<\/p>\n<p>No relativo \u00f3 mercado, o alcalde entende que a pregunta \u00e9 referente a manteiros actuando nel, e di que a polic\u00eda Local e o encargado do cobro te\u00f1en orde de levantar inmediatamente os postos que non paguen.<\/p>\n<p>En canto \u00e1s d\u00faas comisi\u00f3ns, aclara que non \u00e9 responsable o que digan os representantes, pero que lle consta que a nova comisi\u00f3n est\u00e1 ben constitu\u00edda, a\u00ednda que non ten todos os detalles. A subvenci\u00f3n de 2010 ser\u00e1lle pagada \u00e1 anterior comisi\u00f3n, e aclara asemade que non quere entrar en pol\u00e9mica sobre o tema.<\/p>\n<p>O desenvolvemento dos puntos, despois de aprobada a acta, pasou polo detalle de varios decretos da alcald\u00eda preguntados polos diversos grupos, qued\u00e1ndome con d\u00faas facturas por un total de 1 400 \u20ac para o mantemento do ascensor da Atalaia (que sair\u00eda despois tam\u00e9n a conto de cartos), 6 000 \u20ac para o aluguer da carpa (s\u00f3) para o mercado do Nadal, 6 189 \u20ac para a Mancomunidade de concellos da Mari\u00f1a, da que se preguntou se segu\u00eda a funcionar e se era a cantidade correspondente a un pago ou a varios (resultou ser de varios anos, pero sen especificar), os 10 000 \u20ac de custe do novo vestiario (completo, inclu\u00edndo por exemplo, botas) da Polic\u00eda Local e a devoluci\u00f3n de varias cantidades, a maior, de 500 \u20ac a varios mercaderes dos m\u00e9rcores  a ra\u00edz da sentenza do contencioso administrativo que lle deu a raz\u00f3n \u00f3 concello sobre o sistema de cobro pero axustou que alg\u00fan c\u00e1lculo estaba mal feito.<\/p>\n<p>O cambio de representante do PP nunha comisi\u00f3n non tivo discusi\u00f3n.<\/p>\n<p>Os representantes na mesa local de comercio son necesarios para a constituci\u00f3n da mesma. Son &#8216;representantes natos&#8217; na mesa o alcalde e o secretario, e est\u00e1 estipulado que haxa un representante da Uni\u00f3n de Consumidores de Ribadeo e outro de ACISA, as\u00ed como 1 representante da administraci\u00f3n auton\u00f3mica e dous do concello. Foi proposto polo alcalde que foran representantes dos dous grupos maioritarios, e por UPRi que foran un do goberno e outro da oposici\u00f3n, retir\u00e1ndose da votaci\u00f3n para este segundo o propio goberno. Comentario de Andina a conto de repetidas acusaci\u00f3ns de pacto PP-BNG: &#8216;entendo que tenten aunar esforzos, ainda que non te\u00f1en pacto&#8217;. O PSOE tenta meter a proposta de que cada grupo presente o seu candidatos, pero non \u00e9 aceptado por secretar\u00eda \u00f3 contravir a normativa de funcionamento a presentaci\u00f3n no momento. \u00e9 aprada a proposta da alcald\u00eda por 7  (BNG-PP) contra 5 (PSOE-UPRi), o mesmo resultado que na elecci\u00f3n de candidatos: Vicente Castro e Jes\u00fas L\u00f3pez. Unha nota: neste punto e noutro posterior non pode deixarse pasar a s\u00faa relaci\u00f3n co <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/03\/participando-e-iv.html\">regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1<\/a>, pois tr\u00e1tase de comisi\u00f3ns participativas, pero a nivel de participaci\u00f3n empresarial<\/p>\n<p>A adhesi\u00f3n \u00f3 convenio Xunta-Fegamp sobre administraci\u00f3n electr\u00f3nica e a aprobaci\u00f3n inicial da ordenanza de administraci\u00f3n electr\u00f3nica foron por unanimidade.<\/p>\n<p>A modificaci\u00f3n da taxa de servizo do mercado foi aprobada cos votos en contra de UPRi, quedando o pago mensual os primeiros m\u00e9rcores e non establecendo pago para os domingos. Houbo algunha discusi\u00f3n por discrepancias, aportando UPRi, por exemplo, que as\u00ed non se pagar\u00eda t\u00f3dolos meses igual.<\/p>\n<p>O cambio de nome da concesionaria do matadoiro municipal deu lugar a algunha intervenci\u00f3n para aclarar que houbera unha compra societaria.<\/p>\n<p>Os convenios foron aprobados sen discusi\u00f3n, o que deu lugar a unha felicitaci\u00f3n do alcalde \u00f3s grupos por conseguir obxectivos dun xeito com\u00fan.<\/p>\n<p>O escrito de reco\u00f1ecemento de dominio na parte posterior do colexio Sagrado Coraz\u00f3n solicitado por M\u00aa Dolores Quelle Rivas a conta de Ram\u00f3n Bustelo desestimouse por ver que en todo caso, correspond\u00eda o reco\u00f1ecemento \u00f3 xulgado.<\/p>\n<p>A aprobaci\u00f3n de novo trazado de cami\u00f1o en Arante non tivo dificultades. Unha observaci\u00f3n: a obra ser\u00e1 realizada polos veci\u00f1os.<\/p>\n<p>A moci\u00f3n do BNG polo plan de emprego feminino e apoio das mulleres (e contra o anteproxecto de lei da familia, considerado regresivo polo BNG) recibiu o apoio de t\u00f3dolos grupos a excepci\u00f3n do PP, dando lugar a unha longa discusi\u00f3n J.Carlos-M. Luz. Recollo d\u00faas citas: J.C. Andina: &#8216;Este pa\u00eds ten un parlamento e nese parlamento f\u00e1nse as leis&#8217; (en relaci\u00f3n \u00f3 Parlamento galego). F. Su\u00e1rez: &#8216;O noso fracaso tal vez sexa o despertar de moita xente&#8217; (en relaci\u00f3n \u00f3 fracaso do bipartito, que Andina puxera como proba de que a xente non quer\u00eda a li\u00f1a proposta pola moci\u00f3n do BNG). Foi aprobada por 8 (BNG, PSOE, UPRi) a 4 (PP)<\/p>\n<p>A proposta da alcald\u00eda da representaci\u00f3n do concello na xestora mixta Concello-CCA, sendo proposta Bego\u00f1a Sanjurjo  a parte da correspondente \u00f3 grupo de goberno, por 7 (BNG-PP) a 5 (PSOE-UPRi)<\/p>\n<p>A moci\u00f3n de UPRi para facilitar a instalaci\u00f3n de empresas no pol\u00edgono, inclu\u00edndo unha rebaixa do prezo das parcelas e o 50% de bonificaci\u00f3n nas licenzas de obra foi rexeitada na s\u00faa urxencia polo resto dos grupos, alegando que para comezar necesita de informes t\u00e9cnicos e xur\u00eddicos, podendo ser nula de pleno dereito en caso contrario. Foi acusado tam\u00e9n UPRi de ter sacado antes a proposta nos medios que dilixenciado a tempo no concello para que non fora por v\u00eda de urxencia, podendo seguir unha v\u00eda normal, respondendo Rivas que ma\u00f1\u00e1 (por hoxe) a presentar\u00edan para o pr\u00f3ximo pleno, e a ver que fac\u00edan ent\u00f3n.<\/p>\n<p>En rogos e preguntas, menos extenso que outras veces, diversas cousas sobre farolas, espellos en puntos sen visibilidade, conservaci\u00f3n de r\u00faas e semellantes, inclu\u00edda tam\u00e9n unha pregunta sobre as visitas do ascensor da Atalaia, \u00e1 vista de que de luz e tel\u00e9fono foron 2 300\u20ac en decembro e xaneiro, e tam\u00e9n a formulaci\u00f3n como pregunta por parte de Balbino da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/03\/nota-de-prensa.html\">proposta de Eduardo Guti\u00e9rrez sobre a retirada dos 60 \u20ac<\/a>, citando mesmo o refr\u00e1n usado anteriormente por E.Guti\u00e9rrez: &#8216;Morto o can, acabouse a rabia&#8217;, o que foi contestado polo alcalde no sentido de que estaba en consultas, pero que a sentencia non dic\u00eda o que pretend\u00eda Balbino.<\/p>\n<p>Nogtas de prensa do concello sobre temas do pleno:<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=709&amp;lg=gal\">Mercado<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=708&amp;lg=gal\">Administraci\u00f3n electr\u00f3nica<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Con pouca asistencia, e menos despois do ecuador, tivo lugar onte un pleno longo en puntos, de duraci\u00f3n 2h e media \u00f3 que faltou Horacio Cupeiro, contando pois o BNG con s\u00f3 tres ed\u00eds no mesmo. O pleno non foi pol\u00e9mico, sen\u00f3n m\u00e1is ben de acordos xerais e outros de xeometr\u00eda variada respecto a anteriores [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42,119],"class_list":["post-8033","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos","tag-xulgado"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8033","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8033"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8033\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8033"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8033"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8033"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}