{"id":8018,"date":"2011-04-04T20:44:00","date_gmt":"2011-04-04T18:44:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:47:29","modified_gmt":"2024-11-12T13:47:29","slug":"rendemento-economico-unha-imaxe-da","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/04\/04\/rendemento-economico-unha-imaxe-da\/","title":{"rendered":"Rendemento econ\u00f3mico: unha imaxe da f\u00edsica para comprender algo do que pasa en econom\u00eda"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgiphTL3pd_8gLvvGGcZqbU6qPCoRY5mvjSQQELFA0Pfhob4X5D-yCIxDTsrkb9w5Yn6G2059eoIBMSjhoZ_gzAA_ZGjdI5JRgeiMZtbLmDvsAx1Ev-oAlHJlWj8WIUepcQFVeT\/s2048\/rendemento+termodinamico.jpeg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgiphTL3pd_8gLvvGGcZqbU6qPCoRY5mvjSQQELFA0Pfhob4X5D-yCIxDTsrkb9w5Yn6G2059eoIBMSjhoZ_gzAA_ZGjdI5JRgeiMZtbLmDvsAx1Ev-oAlHJlWj8WIUepcQFVeT\/s2048\/rendemento+termodinamico.jpeg\" alt=\"\" \/><\/a>Nos tempos que corren, \u00e9 convinte o ter unha idea clara de como se obt\u00e9n o rendemento econ\u00f3mico. O c\u00e1lculo do mesmo pode darnos unha informaci\u00f3n precisa de como funcionan algunhas cousas no mundo. E, \u00f3 igual que noutras partes da econom\u00eda, podemos aproveitar un modelo f\u00edsico ben probado e desenvolto para facer unha adaptaci\u00f3n \u00e1 econom\u00eda e as\u00ed comprender mellor o que pasa nesta \u00faltima.<br \/>\nO rendemento <span style=\"font-style: italic;\">econ\u00f3mico<\/span> dunha actividade pode as\u00ed po\u00f1erse en relaci\u00f3n co rendemento termodin\u00e1mico, cun esquema ben co\u00f1ecido, que se pode especificar como se fai aqu\u00ed \u00e1 beira: O c\u00edrculo, que representa calquera m\u00e1quina que funcione obtendo traballo a partir dunha fonte de calor (\u00f3 fin, unha fonte de enerx\u00eda), ten un rendemento que ven dado en relaci\u00f3n \u00e1 enerx\u00eda recibida e \u00e9 igual \u00f3 traballo realizado entre a enerx\u00eda recibida, ou \u00e1 diferenza entre calor recibido e calor cedido, entre calor recibido. De igual xeito, pode amosarse que \u00e9 tam\u00e9n igual \u00e1 diferenza entre a temperatura \u00e1 que recibe o calor menos a temperatura \u00e1 que cede calor, entre a primeira de ambas temperaturas.<br \/>\nDeste xeito, se queremos aumentar o rendemento, ou ben temos que aumentar o calor recibido (equivalente a aumentar a temperatura a que se recibe) ou baixar a cantidade de calor cedido (equivalente a baixar a temperatura \u00e1 que se cede). O primeiro caso significa darlle m\u00e1is enerx\u00eda \u00f3 sistema, mentras o segundo significa retirar menos enerx\u00eda del; en calquera dos dous casos, o resultado \u00e9 que queda m\u00e1is traballo resultante.<br \/>\nVaiamos agora \u00e1 econom\u00eda, cunha sinxela comparaci\u00f3n: <span style=\"font-style: italic;\">relacionemos o calor recibido pola m\u00e1quina t\u00e9rmica cos cartos que entran nunha empresa, o calor cedido cos cartos que saen, e o traballo resultante co beneficio empresarial<\/span>. As\u00ed, de xeito equivalente \u00f3 que pasa en termodin\u00e1mica, <span style=\"font-style: italic;\">para aumentar o beneficio, teremos que facer entrar m\u00e1is cartos ou facer que saian menos cartos: o primeiro caso significa m\u00e1is ingresos e o segundo, menos gastos, quedando en ambos m\u00e1is lucro resultante<\/span>.<br \/>\n<span style=\"font-style: italic;\">\u00c9 dicir, o que queda para aumentar o rendemento empresarial \u00e9 b\u00e1sicamente aumentar o recibido polas vendas<\/span> (o &#8216;calor do foco quente&#8217;) ,<span style=\"font-style: italic;\"> ou diminu\u00edr os salarios e pagos de subministros<\/span> (o calor cedido no &#8216;foco fr\u00edo&#8217;)<br \/>\nVisto nunha perspectiva hist\u00f3rica, tecnol\u00f3xicamente, foi m\u00e1is doado aumentar o calor dado \u00f3 aparello t\u00e9rmico, darlle m\u00e1is enerx\u00eda (ou, de xeito equivalente, <span style=\"font-style: italic;\">vender por un monto de cartos maior -m\u00e1is e\/ou m\u00e1is caro-<\/span>), pero despois, xa que as temperaturas acadadas foron abondo elevadas (ou as <span style=\"font-style: italic;\">vendas dif\u00edciles de aumentar, \u00f3 ser saturado o mercado<\/span> &#8230;) p\u00faxose no punto de mira o rebaixar o calor cedido (<span style=\"font-style: italic;\">pagar menos polo produto, por exemplo rebaixando o custe dos subministros ou o salario<\/span>), rebaixando a temperatura (<span style=\"font-style: italic;\">enfriando a actividade sindical<\/span>, por exemplo) o que require t\u00e9cnicas un pouco m\u00e1is complicadas: \u00f3 elevar a temperatura (a enerx\u00eda entregada \u00f3 aparello t\u00e9rmico, ou o <span style=\"font-style: italic;\">nivel das vendas e polo tanto a cantidade de cartos que entra na empresa<\/span>) s\u00f3 hai problemas &#8216;t\u00e9cnicos&#8217; de capacidade (a competencia, por exemplo), o intento de baixar a temperatura do foco fr\u00edo (a calor a el entregada, ou <span style=\"font-style: italic;\">as prestaci\u00f3ns sociais ou o nivel de actividade sindical e os cartos pagados \u00f3s traballadores) enfr\u00f3ntase coa limitaci\u00f3n da temperatura ambiente (enfr\u00f3ntase coa estrutura social) que ten que violentar enfriando de xeito forzado (que ten que violentar forzando a sociedade)<\/span> &#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nos tempos que corren, \u00e9 convinte o ter unha idea clara de como se obt\u00e9n o rendemento econ\u00f3mico. O c\u00e1lculo do mesmo pode darnos unha informaci\u00f3n precisa de como funcionan algunhas cousas no mundo. E, \u00f3 igual que noutras partes da econom\u00eda, podemos aproveitar un modelo f\u00edsico ben probado e desenvolto para facer unha adaptaci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21],"class_list":["post-8018","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8018","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8018"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8018\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8018"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8018"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8018"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}