{"id":7995,"date":"2011-04-22T08:33:00","date_gmt":"2011-04-22T06:33:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:46:50","modified_gmt":"2024-11-12T13:46:50","slug":"traer-xente-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/04\/22\/traer-xente-ribadeo\/","title":{"rendered":"Traer xente a Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Hai uns d\u00edas apareceu o novo convenio entre Concello, Deputaci\u00f3n e FEVE para traer asturianos a Ribadeo. Segundo a nova na <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=726&amp;lg=gal\">nota do concello<\/a>, a Deputaci\u00f3n aporta este ano 15 000 \u20ac, cun retorno esperado de 700 pasaxeiros en 14 fins de semana (non porque este\u00f1a calculado que ser\u00e1 as\u00ed, sen\u00f3n porque \u00e9 para o que da).<\/p>\n<p>Hoxe mesmo Ribadeo est\u00e1 cheo. Sen tren, e con procesi\u00f3ns. No ver\u00e1n, ven sendo tam\u00e9n as\u00ed os \u00faltimos anos. Este, cada fin e semana, dende mediados de xu\u00f1o a mediados de setembro, inclu\u00eddas as patronais, a Deputaci\u00f3n po\u00f1er\u00e1 pois m\u00e1is de 1 000 \u20ac para traer a 50 persoas, isto \u00e9, 21,43 \u20ac\/persoa. A Ribadeo no ver\u00e1n ve\u00f1en abondo m\u00e1is de 700 persoas e non se  botan c\u00e1lculos sobre o que custa atraelas, porque est\u00e1 no conxunto de Ribadeo, dende a s\u00faa paisaxe ata a xesti\u00f3n da limpeza das s\u00faas r\u00faas.<\/p>\n<p>Neste caso, xa que hai subvenci\u00f3n, coido que ser\u00eda cousa de facer o c\u00e1lculo do retorno esperado. Como non te\u00f1o m\u00e1is datos de custes e beneficios, aqu\u00ed s\u00f3 podo limitarme a botar alg\u00fans n\u00fameros, como xa estou a facer, e tentar esbozar algunha comparaci\u00f3n sobre o retorno logrado pola inversi\u00f3n. No pobo, Rinlo, a praia das catedrais e Mondo\u00f1edo. Porque os turistas van a Mondo\u00f1edo e os cartos da Deputaci\u00f3n son de toda a provincia, non s\u00f3 de Ribadeo. Aqu\u00ed estar\u00eda o primeiro tema a considerar: hai quen pensa que os cartos p\u00fablicos non son de ningu\u00e9n, e polo tanto \u00f3 non ter dono son dos primeiro que os pilla. Evidentemente, non \u00e9 as\u00ed, ou non debera selo. Tam\u00e9n hai quen considera que \u00f3 ser de todos, se os logramos n\u00f3s, \u00e9 o que ganamos, e a\u00ednda que a ganancia nun punto concreto, &#8216;n\u00f3s&#8217;, non equilibre a perda xeral, non importa, porque &#8216;n\u00f3s&#8217; somos beneficiados, e \u00f3 resto, que o parta un raio. Esa consideraci\u00f3n \u00e9 un paso previo para o expolio de dous puntos e seguido antes. Coido que os cartos de todos hai que invertilos para ben de todos (en inversi\u00f3n direitamente produtiva ou indireitamente, que o servizo p\u00fablico tam\u00e9n \u00e9 produtivo, e pode selo moito), a\u00ednda que a &#8216;n\u00f3s&#8217; nos toque menos relativamente por esta vez. O resto non deixa de ser alg\u00fan tipo de tr\u00e1fico de influenzas, m\u00e1is suave ou m\u00e1is duro. De calquera xeito, como unha an\u00e1lise exhaustiva do rendemento comer\u00eda o orzamento e non quedar\u00eda para a inversi\u00f3n, hai que deixar unha marxe \u00e1 confianza e \u00e1 bonhom\u00eda dos nosos directivos.<\/p>\n<p>Voltando \u00f3 rendemento, unha <a href=\"http:\/\/www.vialibre-ffe.com\/noticias.asp?not=3663&amp;cs=oper\">nova de 2009<\/a> da alg\u00fan dato m\u00e1is sobre n\u00fameros que se manexan. Daquela a viaxe costaba 124 \u20ac para 1 noite en Ribadeo. Agora non aparecen datos de custe, pero \u00e9 de supo\u00f1er que ande por 135 \u20ac, \u00f3 que se sumar\u00eda a subvenci\u00f3n. Hai  que sacar os gastos de transporte, tanto ata Ribadeo como logo por Ribadeo e Mondo\u00f1edo e facer contas para ver cantos cartos chegan realmente, e se quedan, en Ribadeo. As\u00ed saberemos se paga a pena.<\/p>\n<p>Coido que si poder\u00eda pagar a pena para todos o beneficiarnos de esa subvenci\u00f3n, pero facer un pouco de n\u00fameros claramente \u00e9 mellor para todos que un anuncio de que chegou unha subvenci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai uns d\u00edas apareceu o novo convenio entre Concello, Deputaci\u00f3n e FEVE para traer asturianos a Ribadeo. Segundo a nova na nota do concello, a Deputaci\u00f3n aporta este ano 15 000 \u20ac, cun retorno esperado de 700 pasaxeiros en 14 fins de semana (non porque este\u00f1a calculado que ser\u00e1 as\u00ed, sen\u00f3n porque \u00e9 para o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,13,9,77],"class_list":["post-7995","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7995","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7995"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7995\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7995"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7995"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7995"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}