{"id":7993,"date":"2011-04-23T09:18:00","date_gmt":"2011-04-23T07:18:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:46:46","modified_gmt":"2024-11-12T13:46:46","slug":"algunha-cousa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/04\/23\/algunha-cousa\/","title":{"rendered":"Algunha cousa"},"content":{"rendered":"<p>-Publicado en &#8216;La Comarca del Eo&#8217; desta semana-<\/p>\n<p>Ach\u00e9ganse as elecci\u00f3ns municipais. Chegan as promesas, pero tam\u00e9n un motivo para voltar a vista atr\u00e1s e complementar ou suplir a propia acci\u00f3n como cidad\u00e1. E con elo, facer repaso de moitas cousas transcorridas estes anos (non s\u00f3 dos catro \u00faltimos), ou que mesmo agora est\u00e1n a transcorrer e se proxectan cara \u00f3 futuro.<\/p>\n<p>Poder\u00edan collerse moitas cousas diferentes. Quiz\u00e1is as que ve\u00f1en a continuaci\u00f3n non sexan as m\u00e1is importantes dentro das que est\u00e1n nas mans do concello (o da importancia depende tam\u00e9n de quen a este\u00f1a a xulgar), pero levan no candeleiro meses (ou anos) e seguen sen soluci\u00f3n, cando aparentemente non son problem\u00e1ticas por haber un amplo acordo. As\u00ed, a residencia de maiores, as vidrieiras da capela do cemiterio, o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/castro%20das%20Grobas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Castro das Grobas<\/a>, o xulgado, o ascensor da Atalaia, &#8230;<\/p>\n<p>Cada unha delas necesita un tratamento abondo m\u00e1is amplo do que lles vou dar aqu\u00ed. T\u00edvoo. E ter\u00e1o.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 residencia de maiores, a comisi\u00f3n da plataforma constitu\u00edda \u00f3 efecto acordou parar no periodo pre- e eleitoral, despois de asegurarse que t\u00f3dolos partidos levan no seu programa o impulso para a s\u00faa construcci\u00f3n (seguro que se plasmar\u00e1 de xeito diferente, e haber\u00e1 que ver as diferenzas), polo que, polo momento, deixo s\u00f3 o comentario de que o tema segue, a\u00ednda que haxa un par\u00e9ntese anunciado.<\/p>\n<p>En canto \u00e1s vidrieiras do cemiterio, despois da denuncia p\u00fablica feita polo Tes\u00f3n caeu o mutismo administrativo mentras a asociaci\u00f3n comeza a impulsar un movemento cara \u00e1 s\u00faa recuperaci\u00f3n, \u00e1 espera de que quen pode falar, fale. Pancho Campos xa ten recollido alg\u00fan dato, mentres Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez foi \u00faltimo en falar da situaci\u00f3n, no seu blog e na Comarca. As\u00ed, Pancho contou as 600 pezas de vidro montadas de cada unha das vidrieiras enteiras (hai varias que te\u00f1en s\u00f3 dous dos tres corpos nos que est\u00e1n divididas). En total ser\u00edan 4 000 pezas as montadas antes do destrozo. E as que hai que recuperar. S\u00f3 esta cantidade, a parte da propia reproducci\u00f3n dos vidros cunha t\u00e9cnica que ten que ser complexa, ou da minuciosa montaxe necesaria, da unha idea do monto econ\u00f3mico que pode supo\u00f1er o voltar as vidrieiras a un estado decoroso, o que pode rondar os 500 000 \u20ac. De onde se van sacar os cartos, quiz\u00e1is dun seguro? Poder\u00eda dar lugar \u00e1 formaci\u00f3n de xente que entenda do tema en Ribadeo e \u00f3 nacemento dunha industria relacionada? De canto tempo estamos a falar? Moitas preguntas, e poucas respostas polo momento. Respostas que haber\u00e1 que ir dando, pero que ningu\u00e9n -l\u00e9ase dentro da corporaci\u00f3n municipal- pide<\/p>\n<p>En relaci\u00f3n \u00f3 Castro das Grobas, vai para dous anos que se fixeron as catas, das que se deron moi boas referenzas iniciais. D\u00edxose naquel ent\u00f3n que se atoparan 300 pezas, pero tam\u00e9n que cara a setembro (de 2009) entregar\u00edase un informe completo do tema. Non sei se se entregou, a pesares de que tentei enterarme. Se o houbo (que supo\u00f1o que si, por contrato coa xente que se encargou da escavaci\u00f3n), difusi\u00f3n non tivo. Isa difusi\u00f3n ser\u00eda o seguinte paso. Mentras, un lugar que pode servir de turismo de proximidade a Ribadeo, est\u00e1 a servir para encherse de novo de maleza. F\u00edxose algunha actividade para promocionalo (a parte das de O Tes\u00f3n que focalizaron a atenci\u00f3n sobre a paraxe)? Un d\u00edptico que indicara o lugar cun par de fotos do atopado? No seu momento d\u00edxose que se \u00eda tapar de novo para evitar o roubo de posibles restos. Nin iso.<\/p>\n<p>O xulgado de Ribadeo segue en Mondo\u00f1edo. Sinaturas si, foron recollidas polo Tes\u00f3n. A foto da entrega das sinaturas para o seu env\u00edo \u00f3 Ministerio congregou a representantes pol\u00edticos dos catro partidos pol\u00edticos instalados na corporaci\u00f3n en Ribadeo. A resposta de Madrid a\u00ednda non chegou, e ter\u00e1 que ser reclamada, a parte de que necesite unha entrevista, por exemplo. Pero a nivel local, tampouco houbo movemento: no seu momento, pediuse apoio, e de xeito oral, coido que todo o mundo presente na foto estivo de acordo con facer unha petici\u00f3n com\u00fan no pleno, a\u00ednda que se dixo que xa houbera petici\u00f3ns anteriores. Iso foi o 31 de decembro. Pasaron xa m\u00e1is de 100 d\u00edas e dous plenos ordinarios, e a solicitude segue orfa pola parte pol\u00edtica. M\u00e1is de medio s\u00e9culo sen xulgado e o que vir\u00e1 a\u00ednda.<\/p>\n<p>Se miramos \u00f3 ascensor da Atalaia, e deixando \u00e1 beira cuesti\u00f3ns como que sexa un ascensor panor\u00e1mico que tapa o panorama, ten habido acci\u00f3ns tentando paralo nas d\u00faas corporaci\u00f3ns implicadas, ou pedindo que se fixera un estudo de custes de mantemento. As respostas via pleno foron vac\u00edas. A d\u00eda de hoxe, que saibamos, non hai dito estudo, pero si hai gastos, reflexados xa nos plenos pasados e que se poden consultar nos rexistros correspondentes. D\u00edxose tam\u00e9n que as instalaci\u00f3ns \u00f3 p\u00e9 pod\u00edan albergar unha tenda de cara o turismo, que poder\u00eda ter asemade informaci\u00f3n e mesmo botar un ollo polo ascensor. Polo momento non hai nada. O ascensor \u00fasase (con diferenza grande entre \u00e9pocas, non \u00e9 necesario estat\u00edsticas para constatalo) pero desenvolvemento posterior non houbo. Un estudo de beneficios econ\u00f3micos que compensaran a s\u00faa construcci\u00f3n ou mantemento, tampouco.<\/p>\n<p>E poderiamos seguir. Outro d\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>-Publicado en &#8216;La Comarca del Eo&#8217; desta semana- Ach\u00e9ganse as elecci\u00f3ns municipais. Chegan as promesas, pero tam\u00e9n un motivo para voltar a vista atr\u00e1s e complementar ou suplir a propia acci\u00f3n como cidad\u00e1. E con elo, facer repaso de moitas cousas transcorridas estes anos (non s\u00f3 dos catro \u00faltimos), ou que mesmo agora est\u00e1n a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[73,74,13,9],"class_list":["post-7993","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-castro-das-grobas","tag-o-teson","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7993","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7993"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7993\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7993"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7993"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7993"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}