{"id":7982,"date":"2011-05-01T02:14:00","date_gmt":"2011-05-01T00:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:46:28","modified_gmt":"2024-11-12T13:46:28","slug":"un-artigo-de-pablo-mosquera-democracia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/05\/01\/un-artigo-de-pablo-mosquera-democracia\/","title":{"rendered":"Un artigo de Pablo Mosquera: A democracia comeza nos concellos"},"content":{"rendered":"<p>(publicado <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/opinion\/2011\/04\/30\/0003_201104G30P15995.htm?utm_source=buscavoz&amp;utm_medium=buscavoz\">en castel\u00e1n na Voz de Galicia<\/a>)<\/p>\n<p>A democracia comeza nos concellos<\/p>\n<p>En 1911, na s\u00faa cidade natal de Alcal\u00e1 de Henares, don Manuel Aza\u00f1a estr\u00e9ase como orador cunha conferencia titulada &#8216;O problema espa\u00f1ol&#8217;. Este home, cuxa vida transcorre entre a influencia da contorna para un intelectual metido na pol\u00edtica e a achega da s\u00faa bagaxe curricular ao complexo mundo que lle toca vivir, desde os primeiros momentos do seu discurso subli\u00f1a o peso da cultura democr\u00e1tica como elemento indispensable para a convivencia e o car\u00e1cter municipal da democracia.<\/p>\n<p>Hoxe, gran parte dos problemas que sufrimos te\u00f1en que ver co Estado, que non debemos confundir co Goberno. Talvez por iso, cando se enquisa ao cidad\u00e1n rep\u00edtese machaconamente que, tras a situaci\u00f3n econ\u00f3mica e o paro, son os pol\u00edticos a preocupaci\u00f3n e a desconfianza da veci\u00f1anza.<\/p>\n<p>Os partidos pol\u00edticos seguen empe\u00f1ados en ser un fin en si mesmos; non est\u00e1n dispostos a deixar paso \u00e1s reformas democr\u00e1ticas que os fagan transparentes e medios entre a sociedade e as instituci\u00f3ns da divisi\u00f3n de poderes do sistema democr\u00e1tico. A sociedade civil cada vez ten menos espazo, est\u00e1 m\u00e1is vixiada, m\u00e1is encorsetada por normas \u00abpolo noso ben\u00bb, que logo se demostra que chocan cos dereitos fundamentais ou serven para recadar r\u00e1pido e seguro.<\/p>\n<p>A calidade da democracia vai depender da calidade das mulleres e homes que ocupen eses postos electivos nas instituci\u00f3ns onde se administra o poder que emana do pobo. E esa historia comeza nos concellos, coas virtudes da honestidade e o servizo ou cos vicios ao uso da corrupci\u00f3n, o arribismo interno na empresa partidaria e a soberbia no trato co cidad\u00e1n.<\/p>\n<p>Hai tres t\u00edpicos aspirantes a concelleiro. O que leva catro anos desaparecido, pendente do ingreso da n\u00f3mina a fin de mes, e que far\u00e1 a campa\u00f1a insultando, para que se note que volveu ao pobo. O que cambiou a chaqueta e logrou un posto de te\u00f3rica sa\u00edda, para empezar a \u00abgozar\u00bb de carreira pol\u00edtica. E o ben mandado que non serve para nada m\u00e1is al\u00f3 do aparello. Estes d\u00e9ixano todo perdido e as\u00ed nos vai.<\/p>\n<p>Hai outros. O que segue sendo un paisano, traballador, cos amigos de sempre, vivindo como adoitaba. O alcalde que considera m\u00e1is importante a rede de rede de sumidoiros, que non se ve, pero se nota. A estes, todos lles deixariamos a chave das nosas casas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(publicado en castel\u00e1n na Voz de Galicia) A democracia comeza nos concellos En 1911, na s\u00faa cidade natal de Alcal\u00e1 de Henares, don Manuel Aza\u00f1a estr\u00e9ase como orador cunha conferencia titulada &#8216;O problema espa\u00f1ol&#8217;. Este home, cuxa vida transcorre entre a influencia da contorna para un intelectual metido na pol\u00edtica e a achega da s\u00faa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[14,13,9],"class_list":["post-7982","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-pablo-mosquera","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7982","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7982"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7982\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7982"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7982"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7982"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}