{"id":7964,"date":"2011-05-16T23:00:00","date_gmt":"2011-05-16T21:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:45:55","modified_gmt":"2024-11-12T13:45:55","slug":"entre-o-16-e-o-17-de-maio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/05\/16\/entre-o-16-e-o-17-de-maio\/","title":{"rendered":"Entre o 16 e o 17 de maio"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhpkqgHqaJ6qFvH6KsNaiscTrfbjanPd-qwTrIx48oE2MSZFn4w-eSWORgIwIRHbwyw5QQb0qZRZZBRm7azUuc-1zLe3imxgXXvr5Ywr0zsDaIYFDBEgQqJ_sZaZdiGMiRLFImsgw\/s2048\/concerto+letras+Ribadeo+2011+b_.jpeg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhpkqgHqaJ6qFvH6KsNaiscTrfbjanPd-qwTrIx48oE2MSZFn4w-eSWORgIwIRHbwyw5QQb0qZRZZBRm7azUuc-1zLe3imxgXXvr5Ywr0zsDaIYFDBEgQqJ_sZaZdiGMiRLFImsgw\/s2048\/concerto+letras+Ribadeo+2011+b_.jpeg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgwchsCozZKOrQEDWkO7S8Gb7UuuZrI1nhUWF3tJUewesa9NF4IPymOlmlzBvxghCB2uTqJLcin9t3y0ciUt0_skPKznCZ99erPxliRp6fsiRMuTwreVecDFiUVQK42QNj1JpTOZg\/s2048\/concerto+letras+Ribadeo+2011+a_.jpeg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgwchsCozZKOrQEDWkO7S8Gb7UuuZrI1nhUWF3tJUewesa9NF4IPymOlmlzBvxghCB2uTqJLcin9t3y0ciUt0_skPKznCZ99erPxliRp6fsiRMuTwreVecDFiUVQK42QNj1JpTOZg\/s2048\/concerto+letras+Ribadeo+2011+a_.jpeg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Iste ano o concerto das letras galegas foi o 14 de maio. O por que, non o sei. E sendo unha homenaxe a Hern\u00e1n, que tivo o seu pasamento na noite entre o 16 e o 17, queda como algo raro. Participamos na \u00faltima peza m\u00fasicos que chegamos a tocar con Hern\u00e1n. Convertiuse as\u00ed no segundo acto das celebraci\u00f3ns deste ano na s\u00faa lembranza, despois da inauguraci\u00f3n da exposici\u00f3n de Chenchu que a\u00ednda contin\u00faa e \u00e1 que corresponden as fotos de embaixo. Por certo, que respecto \u00e1 foto do tam tam, o movemento ven dado en parte polo mal xeito de facer a foto, pero en parte da idea do propio 3D do cartel nunha exposici\u00f3n que coido que \u00e9 a mellor disposta das que se fixo na vella oficina de turismo.<\/p>\n<p>Embaixo deixo tam\u00e9n unhas palabras que lin antes do comezo da m\u00fasica que queda reflectida no programa \u00e1 beira.<\/p>\n<p>En canto \u00f3 concerto, gustoume, e coido que en xeral \u00f3 p\u00fablico asistente, que non chegou a encher o auditorio Hern\u00e1n Naval. Faltou a presentaci\u00f3n de Suso, que non a s\u00faa voz mediante unha gravaci\u00f3n (ligada embaixo), e foi complementado asemade coa voz de Toni Dea\u00f1o en Os teus ollos.<\/p>\n<p>Por ista volta, non hai gravaci\u00f3n,<\/p>\n<p>No X cabodano do pasamento de Hern\u00e1n<\/p>\n<p>No libro do 5\u00ba cabodano da banda aparece un artigo meu titulado &#8216;sonr\u00ede para hacer felices a los dem\u00e1s&#8217;. L\u00e9mbrome a cara que puxo Hern\u00e1n \u00f3 ler o t\u00edtulo, crendo por un momento que estaba redactado en castel\u00e1n. Parec\u00e9ndolle moita celebraci\u00f3n os actos daquela, dixo que a ver que se fac\u00eda no X cabodano. Coido de que todos nos aledamos de ter feito tanto non s\u00f3 por convencemento que que sobraban m\u00e9ritos para a celebraci\u00f3n, sen\u00f3n tam\u00e9n, a posteriori, porque no X cabodano xa non estaba Hern\u00e1n. Por certo, o t\u00edtulo non era o lema de Hern\u00e1n, pero cumpria con el \u00f3 seu xeito.<\/p>\n<p>Como m\u00fasico e ex presidente de Amadores, recib\u00edn o encargo de dicir unhas verbas neste acto. Te\u00f1o claro que estamos aqu\u00ed reunidos por Hern\u00e1n. E pola m\u00fasica. Tam\u00e9n que cada quen dos que o co\u00f1ecimos ten unha experiencia diferente, unha visi\u00f3n propia, pero que Hern\u00e1n foi, \u00e9, \u00fanico, tanto no sentido de que esas visi\u00f3ns diferentes recaen sobre a mesma persoa como no da singularidade que todos n\u00f3s estimamos. A partir de a\u00ed, calquera verba non deixa de ser algo secundario, a\u00ednda que poda servir para centrar o conxunto deste cabodano nunha persoa a quen a\u00f1oramos. En canto a quen non o co\u00f1eceu, \u00e9 posible que lle custe entender o que sentimos.<\/p>\n<p>Quiz\u00e1is o mellor xeito de acometer este encargo sexa dar algunha pincelada arredor de aspectos de Hern\u00e1n que a\u00ednda que este\u00f1an relacionados coa s\u00faa m\u00fasica, son envolventes de aquela ou \u00f3 rev\u00e9s, son acubillados por ela, pero dalg\u00fan xeito separables. Iso tentarei, consciente de novo de que en calquera caso as verbas quedar\u00e1n escasas tanto en n\u00famero como en significado.<\/p>\n<p>Co\u00f1ec\u00edn a Hern\u00e1n &#8230; as\u00ed poder\u00eda comezar, refer\u00edndome a unha data determinada, cando andabamos facendo xesti\u00f3ns para o nacemento da banda. Pero non, o certo \u00e9 que f\u00famonos co\u00f1ecendo mellor pouco a pouco, e cabe dicir que entre todos, pois \u00e9 dif\u00edcil separar moitas veces a persoa do conxunto da s\u00faa obra e das outras persoas que acompa\u00f1aban, cos seus m\u00e1is e os seus menos, pero sempre cun apoio no contraste que reco\u00f1ec\u00eda a boa vontade e o traballo mutuo. Respecto a isto \u00faltimo, Hern\u00e1n era esixente. V\u00eda a esixencia como unha necesidade. E daba exemplo \u00f3 tempo que pod\u00eda disculpar os erros, pero non a falta de esforzo. Os que estabamos dirixidos pola s\u00faa batuta sab\u00edamos desa necesidade e do seu criterio. Aprend\u00edmolo no medrar dunha banda que tivo que comezar con pouco m\u00e1is que lembranzas de m\u00fasica popular doutros tempos, daquela vistos como gloriosos.<\/p>\n<p>Traballo e esforzo, a m\u00e1is de condici\u00f3ns naturais, claro, fundamentaron pola s\u00faa parte unha obra que non foi s\u00f3 musical, sen\u00f3n, e coido que sobre todo, social, nun entronque da s\u00faa adicaci\u00f3n vital \u00e1 m\u00fasica con ideas pol\u00edticas e filos\u00f3ficas que configuraron a s\u00faa vida tanto como aquela. Entre os que o tratamos na \u00e9poca ribadense, perdura o ritmo musical a car\u00f3n do marcado polos artigos no semanario e nos xornais, con mistura de ideas de acci\u00f3n e ideolox\u00eda con s\u00e1tira, historia ou pedagox\u00eda. O libro que est\u00e1 a sa\u00edr lembrar\u00e1 alg\u00fans puntos desta literatura que axuda a comprender a Hern\u00e1n tanto como a m\u00fasica, e que lle era tan necesaria como aquela para facerse comprender entre xente que non vivenciaba a m\u00fasica como el.<\/p>\n<p>Fixo da banda unha familia e unha instituci\u00f3n que rend\u00eda resultados. Pero primeiro, unha familia. Hai que lembrar que como en calquera familia, tam\u00e9n hab\u00eda broncas, pero como en toda familia ben avenida, pesaban m\u00e1is os b\u00f3s momentos. E iso trad\u00faxose en que a banda f\u00f3mola todos, e, \u00f3 tempo, con cari\u00f1o e orgullo. As\u00ed, se se plantexa a alternativa se naquel tempo hab\u00eda discusi\u00f3n ou charla amistosa, a cousa estar\u00eda solucionada de antem\u00e1n. De calquera xeito, d\u00e1ndose o caso, ser\u00eda unha discusi\u00f3n amistosa. Non \u00e9 unha contradicci\u00f3n o sinalar que non sempre era as\u00ed, lembrando que para quen ten as cousas claras o falar e actuar leva a moitos roces, que a\u00ednda que se pretenda que non sexan cortantes, \u00e1s veces s\u00f3no.<\/p>\n<p>Cunha tremenda ilusi\u00f3n levou \u00e1 banda a comezar unha vida musical co Coro de peregrinos do Tannh\u00e4user ou West Side Story, misturados cunha peza vencellada a Ribadeo como Katiuska e outras m\u00e1is tradicionais de banda&#8230; Hern\u00e1n fixo entrar a banda pola porta grande \u00e1 vida musical, cunha visi\u00f3n ampla, e as\u00ed a mantivo. Despois, esforzouse e mesmo, e como un detalle accesorio pero clarificador, c\u00f3nstame que puxo cartos do seu peto. Era a s\u00faa banda, coa que compart\u00eda a m\u00fasica. Era un ap\u00e9ndice del. Director da academia de m\u00fasica e logo da escola? Hern\u00e1n. Profesor? Hern\u00e1n. Director da banda? Hern\u00e1n. Tam\u00e9n era quen supl\u00eda ou complementaba moitas veces o traballo da directiva da Amadores&#8230;<\/p>\n<p>\u00c9 obvio que non todas as pezas musicais eran iguais para el. As\u00ed, podemos observar como un corte interno respecto \u00f3 himno galego: como s\u00edmbolo, non s\u00f3 era consciente da s\u00faa importancia e significado, sen\u00f3n que o asum\u00eda plenamente. Musicalmente, fac\u00eda a vista gorda: era unha peza m\u00e1is, en t\u00f3dolos sentidos.<\/p>\n<p>Un \u00faltimo comentario, a conto do cartel deste concerto. Lembroume que unha foto pode desencadear unha crise, alomenos en forma de faladur\u00edas. Mesmo cando non \u00e9 dun. E por motivos ben diversos. Dous exemplos que lle tocaron a Hern\u00e1n, amigo das imaxes e da imaxe -a\u00ed est\u00e1 a exposici\u00f3n de Chenchu para testemu\u00f1a- son a foto do cu no piano e a do primeiro CD, reproducida no cartel actual. A vista dun vello Mirasol contemplado por un home de costas deu p\u00e9 a que se falara que era el mesmo, que se proxectaba as\u00ed na foto a modo de autopromoci\u00f3n. A\u00ednda hoxe non sei quen pode ter sido, pero \u00e9 evidente que non pod\u00eda ser el, e, a\u00ednda no caso de ter podido ser, coido que o significado non ser\u00eda o deixar a s\u00faa imaxe, sen\u00f3n algo m\u00e1is achegado a que o interior, a m\u00fasica, \u00e9 de Ribadeo e dirixido \u00f3 amplo mundo \u00f3 que a mercador\u00eda pode chegar dende Mirasol. A outra, ilustrando o seu artigo para o libro do 5\u00ba cabodano da banda, suscitou naquel momento comentarios de indignaci\u00f3n por amosar o traseiro. Hoxe, unha vez pasado o episodio, queda sinxelamente como unha mostra de que a m\u00fasica pode ser algo de disfrute familiar.<\/p>\n<p>Poder\u00edanse dicir moitas cousas m\u00e1is, en relaci\u00f3n \u00e1 literatura, \u00e1 pol\u00edtica, \u00e1 m\u00fasica, pero alomenos para os que aqu\u00ed estamos non \u00e9 necesario repetilas. Que conste \u00fanicamente que Hern\u00e1n non estaba s\u00f3, pero \u00f3 partir, deixounos m\u00e1is s\u00f3s \u00f3s que quedamos.<\/p>\n<p>Antonio Gregorio Montes, Ribadeo 14 de maio de 2011<\/p>\n<p><object height=\"132\" width=\"353\"><embed src=\"http:\/\/www.goear.com\/files\/external.swf?file=0c04f5a\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" wmode=\"transparent\" quality=\"high\" width=\"353\" height=\"132\"><\/embed><\/object><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhU9Vnr-LultwOriYTZv118MrQsVg-RKlLyn9RZ9CwoR2DqC2knCQahRn5MNC-T4TjaGT3uw1sUdNMhLPMK8JXGhMTaUtDgSBu-TOfytU6QDbKcH6rKB1u4-codyyboy4ImVLjskg\/s2048\/Chenchu+0.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhU9Vnr-LultwOriYTZv118MrQsVg-RKlLyn9RZ9CwoR2DqC2knCQahRn5MNC-T4TjaGT3uw1sUdNMhLPMK8JXGhMTaUtDgSBu-TOfytU6QDbKcH6rKB1u4-codyyboy4ImVLjskg\/s2048\/Chenchu+0.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgB-fAf0vwtmsLRWcgQkQmptNsl5ePCIo23ux9Dy-6ChHlgO4frucdtqN0U4lkwLqvpB6I7lpDT1JPRQtQ4BTtlht6NnCF-hfC4tDoHgYGPat4gUN4KlR82OkIn2Rls8y6IExC7kg\/s2048\/Chenchu+2.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgB-fAf0vwtmsLRWcgQkQmptNsl5ePCIo23ux9Dy-6ChHlgO4frucdtqN0U4lkwLqvpB6I7lpDT1JPRQtQ4BTtlht6NnCF-hfC4tDoHgYGPat4gUN4KlR82OkIn2Rls8y6IExC7kg\/s2048\/Chenchu+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh6RNdSbYwnYi2MEmtnBY2sIX89A7e9jjaw27HGPMReL-GkO-ZFfRSbeQSzId0l_N3SJRcu4Xr4Zeb1OYd3AXv_-D1kA8F2rOeTJd7_XIF1Vxufnc26WWabIT2X17YfJAD36PfxgA\/s2048\/Chenchu+3.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh6RNdSbYwnYi2MEmtnBY2sIX89A7e9jjaw27HGPMReL-GkO-ZFfRSbeQSzId0l_N3SJRcu4Xr4Zeb1OYd3AXv_-D1kA8F2rOeTJd7_XIF1Vxufnc26WWabIT2X17YfJAD36PfxgA\/s2048\/Chenchu+3.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjMz3oMywO6t6rQVyY4rkngL77hdEzTAAKGLXqkekRS3T3vzAc-cmp7RQrby_GSYyOxSXFTxG9Ro6wFpxu0Y4TGe3riOaoqo8H7jGaCGqGvXgeXokcXhQCCviNm4UcaK0YwvOtJMg\/s2048\/Chenchu+1.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjMz3oMywO6t6rQVyY4rkngL77hdEzTAAKGLXqkekRS3T3vzAc-cmp7RQrby_GSYyOxSXFTxG9Ro6wFpxu0Y4TGe3riOaoqo8H7jGaCGqGvXgeXokcXhQCCviNm4UcaK0YwvOtJMg\/s2048\/Chenchu+1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Iste ano o concerto das letras galegas foi o 14 de maio. O por que, non o sei. E sendo unha homenaxe a Hern\u00e1n, que tivo o seu pasamento na noite entre o 16 e o 17, queda como algo raro. Participamos na \u00faltima peza m\u00fasicos que chegamos a tocar con Hern\u00e1n. Convertiuse as\u00ed no [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51,9],"class_list":["post-7964","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7964","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7964"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7964\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7964"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7964"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7964"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}