{"id":7955,"date":"2011-05-21T07:41:00","date_gmt":"2011-05-21T05:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:45:36","modified_gmt":"2024-11-12T13:45:36","slug":"unha-reflexion-para-xornada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/05\/21\/unha-reflexion-para-xornada\/","title":{"rendered":"Unha reflexi\u00f3n para a xornada"},"content":{"rendered":"<p>A\u00ednda que a ilusi\u00f3n dunha revoluci\u00f3n pac\u00edfica pode trastocar o sentido das elecci\u00f3ns, copio o que O Tes\u00f3n enviou (a comezos de semana) para ser publicado (hoxe, xa veremos se sae) na Comarca:<\/p>\n<p>Algunhas cousas para pensar<\/p>\n<p>Dende O Tes\u00f3n, como veci\u00f1os que somos, v\u00edmonos decatando de diversas cousas no transcorrer de Ribadeo. Unhas veces, reciben publicidade, outras, a maior\u00eda, tentamos sinxelamente de que se fagan realidade. Van de cousas pr\u00e1cticas a outras que sinxelamente afirman a Ribadeo, pero sempre, que repercuten na vida de t\u00f3dolos veci\u00f1os dun ou outro xeito, de tal maneira que creemos mellorar\u00edan a Ribadeo.<\/p>\n<p>Escribimos isto, d\u00edas antes de que remate a campa\u00f1a electoral, para facelo dun xeito xeral, e chamar a atenci\u00f3n s\u00f3 dun pu\u00f1ado de cousas -poder\u00edan ser outras- tentando que todos reflexionemos de cara \u00f3 que pode ser o d\u00eda de ma\u00f1\u00e1 en Ribadeo. D\u00eda de ma\u00f1\u00e1 que se pode extender durante catro anos.<\/p>\n<p>Dende O Tes\u00f3n estaremos pendentes para facer un seguemento dos programas, e, se \u00e9 o caso, unha cualificaci\u00f3n do cumprimento. Non \u00e9 a primeira vez que o faremos, a\u00ednda que non se fixera p\u00fablico nas anteriores ocasi\u00f3ns. As\u00ed, sinxelamente gardamos os programas destas elecci\u00f3ns o mesmo que o fixemos das anteriores, e lembrar\u00e9molos sen esperar \u00f3s catro anos, porque a democracia \u00e9o no d\u00eda \u00f3 d\u00eda, sen circunscribirse a un d\u00eda cada mil cincocentos.<\/p>\n<p>Dende hai anos pedimos unha interlocuci\u00f3n flu\u00edda entre os pol\u00edticos e os veci\u00f1os. O resultado foi un Regulamento de Participaci\u00f3n Cidad\u00e1, aprobado polo Pleno do Concello, que tratamos de axudar a facer sen que as nosas propostas acadaran a consideraci\u00f3n necesaria -antes dese momento- que foi alegado -despois-, e polo de agora est\u00e1 en paradoiro desco\u00f1ecido. Por outra banda, falamos de xeito informal con varios partidos, e o resultado non foi un compromiso real, sen\u00f3n s\u00f3 algunha idea para o programa electoral correspondente.<\/p>\n<p>O retorno do Xulgado, que empuxamos mediante unha recollida de sinaturas ata o mesmo 31 de decembro do pasado ano, fixo posible unha foto de conxunto dos representantes pol\u00edticos. Pero dende o 31 de decembro pasou moito tempo, e ata o momento, non hai un acordo do Pleno para apoiar as sinaturas enviadas a Madrid, nin tan sequera se fixeron xesti\u00f3ns para adecentar o actual edificio asignado \u00f3 Xulgado de Paz. Non estamos parados, non. Pero de novo parece que seguiremos a estar pouco acompa\u00f1ados, polos nosos representantes, para lograr que Ribadeo recobre algo que perdeu \u201cpor falta de jueces o aspirantes que puedan servirlo\u201d (B.O.E. 26-novembro-1965) \u00bfQue pasa, seguimos sin xuices e aspirantes? \u00bfOu \u00e9 que a creaci\u00f3n de demarcaci\u00f3ns totalmente novas est\u00e1 por riba das primixenias que sempre existiron? \u00bfComo \u00e9 posible que na mesma resoluci\u00f3n, se incorporaran \u00f3 xulgado de Mondo\u00f1edo os de Viveiro e Ribadeo, e o cabo dun tempo se devolvera \u00e1 existencia o de Viveiro, e o de Ribadeo non? \u00bfpor que esta descriminaci\u00f3n?.<\/p>\n<p>O nome da r\u00eda deu lugar \u00e1 nosa denuncia contra un medio de comunicaci\u00f3n asturiano. De novo, que Ribadeo figure ou non en sitios que deberan seguir a normativa oficial ou en lugares que se non son oficiais, son moi importantes para o noso turismo, como Google Maps, ou a asignaci\u00f3n de Ribadeo a Asturias nalgunha rede social, parece que non acapara nada m\u00e1is que atenci\u00f3n marxinal os nosos representantes. Temos documentos de actuaci\u00f3ns pasadas, e da normativa legal, pero oficialmente non somos n\u00f3s quenes debemos actuar. Creemos que incumbe, e moito, a Ribadeo e \u00f3s seus intereses. Pero non temos o\u00eddo moito do tema nesta campa\u00f1a electoral.<\/p>\n<p>Do que si se falou algo, foi do tr\u00e1fico e accesibilidade. Pero un plan para as bicis, por exemplo, non parece que ningu\u00e9n o te\u00f1a claro m\u00e1is al\u00f3 de ver o bo que ser\u00eda telo. E, polo medio, xa se leva realizado en estado m\u00e1is ou menos adiantado, un par de estudos que incluir\u00edan algo relacionado co conxunto de accesibilidade e tr\u00e1fico. Iso s\u00ed, hai unha permisidade manifesta, do tr\u00e1fico semipesado, practicamente en t\u00f3dalas r\u00faas peatonais: bicis non, furgonetas s\u00ed.<\/p>\n<p>Levamos reclamado durante xa medio ano, sobre a destrucci\u00f3n das vidrieiras da capela do cimeterio, e a\u00ednda estamos perplexos de que non se saiba nada. Creemos que algo se debe estar a facer, pero dubidamos do que se est\u00e1 cocendo cando todos os partidos calan mentras pasa o tempo. Haber\u00e1 algo que se nos este\u00f1a escapando e que os partidos nos este\u00f1an perdoando para non ter que reconvirnos p\u00fablicamente? Se \u00e9 as\u00ed, que non se preocupen, que nos digan que pasa, con claridade, pois queremos esas explicaci\u00f3ns, son necesarias para evitar m\u00e1is futuras barbaries e que queden impunes. N\u00f3s somos veci\u00f1os, e trat\u00e1ndose das vidrieiras, un ben patrimonial de todos, levamos un longo cami\u00f1o na escuridade, do que queremos sair.<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/castro%20das%20Grobas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Castro das Grobas<\/a> ten reclamado a nosa atenci\u00f3n m\u00e1is dunha vez, pois creemos que ser\u00eda doado aproveitalo de xeito tur\u00edstico. Algunha sinal para acceder a el, o dese\u00f1o dunha ruta e un folleto, ser\u00edan puntos b\u00e1sicos para iniciar un aproveitamento que polo momento non se vislumbra. Poucos cartos, pero de novo m\u00e1is de esquecemento que de seguir adiante, a\u00ednda tendo en conta a limpeza que se fixo ou as catas, que se fixeron con gasto de recursos p\u00fablicos, e das que se dixo se ofrecer\u00edan os resultados &#8230; hai ano e medio, e non se divulgaron. Non hai que esquecer que novamente est\u00e1n implicadas administraci\u00f3ns controladas por varios partidos, pero que te\u00f1en que ser requeridas polo Concello, para que den as explicaci\u00f3ns pertinentes.<\/p>\n<p>Reclamamos sentidi\u00f1o nas propostas, nos programas, e realismo para adxuntar a cada programa un plan para levalo a cabo. Sen\u00f3n, todos e cada un dos programas, en maior ou menor medida, non ser\u00e1 crible: ser\u00e1 incrible.<\/p>\n<p>Ben, din na Biblia que o n\u00famero sete \u00e9 moi grande xa. Por iso, aqu\u00ed rematamos, a\u00ednda que, como dixemos \u00f3 comezo, somos conscientes de que haber\u00eda moitas outras cousas: como un exemplo m\u00e1is, a ansiada Residencia de Maiores, na que non vemos que as ideas dos partidos evolucionen a pesares do movemento veci\u00f1al.<\/p>\n<p>En fin, s\u00f3 lembrar que o de hoxe \u00e9 un d\u00eda como calquera outro para reflexionar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A\u00ednda que a ilusi\u00f3n dunha revoluci\u00f3n pac\u00edfica pode trastocar o sentido das elecci\u00f3ns, copio o que O Tes\u00f3n enviou (a comezos de semana) para ser publicado (hoxe, xa veremos se sae) na Comarca: Algunhas cousas para pensar Dende O Tes\u00f3n, como veci\u00f1os que somos, v\u00edmonos decatando de diversas cousas no transcorrer de Ribadeo. Unhas veces, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[73,133,74,13,9],"class_list":["post-7955","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-castro-das-grobas","tag-eleccions-2011","tag-o-teson","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7955","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7955"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7955\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7955"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7955"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7955"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}