{"id":7952,"date":"2011-05-22T12:00:00","date_gmt":"2011-05-22T10:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:45:30","modified_gmt":"2024-11-12T13:45:30","slug":"unha-colaboracion-para-interpretar-os","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/05\/22\/unha-colaboracion-para-interpretar-os\/","title":{"rendered":"Unha colaboraci\u00f3n para (interpretar os resultados d)as elecci\u00f3ns &#8211; entrada 2 do d\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>Hai xa alg\u00fan tempo que fixen unha entrada que me requeiu <a href=\"http:\/\/municipaisribadeo11.wordpress.com\/\">Suso para o seu blog<\/a>, e que estar\u00e1 publicada hoxe nel. Reprod\u00fazoa hoxe aqu\u00ed como segunda entrada do d\u00eda, para ver como se reparten as cadeiras segundo o m\u00e9todo d&#8217;Hondt:<\/p>\n<p>Se hai 13 postos, e hai trece persoas dispostas, non debera haber problema &#8230;<\/p>\n<p>Se son 13 os lugares que hai dispostos e 14 persoas candidatas a ocupalos, hai que elixir. P\u00f3\u00f1ense condici\u00f3ns, criterios, e t\u00f3mase a decisi\u00f3n. E iso son as elecci\u00f3ns. Pero os votos, o que conta para elixir, s\u00f3 son parte do proceso. Outra parte, moi importante, son os criterios de asignaci\u00f3n do c\u00f3mputo de votos para enmarcalos nos postos existentes<\/p>\n<p>Nun caso concreto, en Ribadeo, nestas elecci\u00f3ns concorren 52 persoas (4 listas electorais, sen os suplentes) para 13 postos. Hai que elixir. Hai 9000 persoas inscritas como votantes, para facer a elecci\u00f3n, o que se fai dando un voto cada un dos electores a unha soa lista, encadrada por 13 persoas (novamente, m\u00e1is os suplentes en caso de que algu\u00e9n que conte como titular falle e sexa necesario remprazalo).<\/p>\n<p>Deixando a parte a confecci\u00f3n das listas, correspondendo cada unha a un partido ou coalici\u00f3n electoral, eses 13 postos en disputa est\u00e1n pensados para repartirse entre as listas que se presentan, como se se tratara de entidades que poideran ocupar cada unha delas varios postos.<\/p>\n<p>Hai varios sistemas de reparto, de asignaci\u00f3n deses votos para a ocupaci\u00f3n dos postos dispo\u00f1ibles. En Espa\u00f1a \u00fasase o m\u00e9todo d&#8217;Hondt, un deses sistemas. A soluci\u00f3n non \u00e9 perfecta, e o m\u00e9todo ten os seus detractores, que lle achacan principalmente que tende a favorecer \u00f3s partidos m\u00e1is votados, aumentando relativamente o valor de cada voto (como se trata de estat\u00edstica, hai veces que o m\u00e1is favorecido non \u00e9 o m\u00e1is votado, sen\u00f3n mesmo o menos votado).<\/p>\n<p>Voltando \u00f3 m\u00e9todo, a s\u00faa aplicaci\u00f3n \u00e9 de manual. En s\u00edntese, logo de escrutar todos os votos, e polo tanto, ter o n\u00famero deles que acadou cada lista, f\u00e1ise unha t\u00e1boa na que aparecen ditos n\u00fameros sucesivamente divididos por 1, 2, 3, 4, &#8230; ata o n\u00famero total de postos a repartir. Cada un deses n\u00fameros corresponde a un candidato da lista. As\u00ed, \u00f3 candidato n\u00ba 4 dunha lista que obtivera 2600 votos corresponder\u00edalle o n\u00famero 2600\/4 = 850. A partir de a\u00ed, v\u00e1nse collendo persoas para cada posto, dun xeito ordeado, correspondendo \u00f3s n\u00fameros m\u00e1is elevados, ata encher os postos dispo\u00f1ibles.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhuniNtlFrKJa5oQ155ZBJmibY74Dirop-q25i5-v0M_r4fOdGBYrKDFiNfyGvIEXxH2PpLhlio0hFhTDXYS-81kx3zO-x9DFHOeX5CI0WZKNAb8PNG4X50czzNeU5bisql1rHvcQ\/s2048\/distribucion+posible+concelleiros+Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"236\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhuniNtlFrKJa5oQ155ZBJmibY74Dirop-q25i5-v0M_r4fOdGBYrKDFiNfyGvIEXxH2PpLhlio0hFhTDXYS-81kx3zO-x9DFHOeX5CI0WZKNAb8PNG4X50czzNeU5bisql1rHvcQ\/s2048\/distribucion+posible+concelleiros+Ribadeo.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p>Como demostraci\u00f3n para ver como se aplica, tomemos o caso das elecci\u00f3ns municipais do 2007 en Ribadeo. Hab\u00eda 13 cadeiras dispo\u00f1ibles, a ocupar por xente de 4 listas de 13 persoas (m\u00e1is suplentes). Os resultados res\u00famense na seguinte t\u00e1boa:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhsA8xxE5AJVF6XMmLHpLmOHX_BDJRmwEoQJ735G3WSa3Yc3ZN30OUVe8Xw8kvw2dNCc-nUJziKgGvox1wK5yMJ42WucAPT0IsoGPPfCG5bQFG38UjsIzCL7qUf0Ok4n7wXGWmisQ\/s2048\/matematicaselecitorais.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"104\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhsA8xxE5AJVF6XMmLHpLmOHX_BDJRmwEoQJ735G3WSa3Yc3ZN30OUVe8Xw8kvw2dNCc-nUJziKgGvox1wK5yMJ42WucAPT0IsoGPPfCG5bQFG38UjsIzCL7qUf0Ok4n7wXGWmisQ\/s2048\/matematicaselecitorais.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>A parte esquerda da t\u00e1boa corresponde \u00f3s votos obtidos por cada opci\u00f3n, e porcentaxes sobre censo, sobre o total de votos emitidos, sobre o total de votos a partidos, etc. Hai que ter en consideraci\u00f3n que os votos que contan s\u00f3n s\u00f3 os que reciben os partidos, non contando para o reparto nin a abstenci\u00f3n (principal opci\u00f3n electoral individualizada como pode verse na t\u00e1boa) nin os votos en branco, nin os nulos.<\/p>\n<p>A parte dereita da t\u00e1boa \u00e9 o resumo de aplicaci\u00f3n do m\u00e9todo d&#8217;Hondt. Aparecen nela os n\u00fameros correspondentes \u00e1s divisi\u00f3ns entre 1, entre 2, etc (non po\u00f1o todas as divisi\u00f3ns por non ser necesario, unha vez cubertos os postos) dos votos de cada partido. A orde de consecuci\u00f3n de concelleiros por cada grupo foi:<\/p>\n<p>1\u00ba concelleiro: BNG<\/p>\n<p>2\u00ba: PP<\/p>\n<p>3\u00ba: PSOE<\/p>\n<p>4\u00ba: 2\u00ba concelleiro do BNG<\/p>\n<p>5\u00ba: 2\u00ba concelleiro do PP<\/p>\n<p>6\u00ba: UPRi<\/p>\n<p>7\u00ba: 2\u00ba concelleiro do PSOE<\/p>\n<p>8\u00ba: 3\u00ba concelleiro do BNG<\/p>\n<p>9\u00ba: 3\u00ba concelleiro do PP<\/p>\n<p>10\u00ba: 3\u00ba concelleiro do PSOE<\/p>\n<p>11\u00ba: 4\u00ba concelleiro do BNG<\/p>\n<p>12\u00ba: 4\u00ba concelleiro do PP<\/p>\n<p>13\u00ba: 2\u00ba concelleiro da UPRi<\/p>\n<p>As\u00ed, gardando a mesma ordeaci\u00f3n que na t\u00e1boa anterior, os postos foron conseguidos nesta orde:<\/p>\n<p>Onde aparecen en vermello os concelleiros efectivamente obtidos e en azul a orde de asignaci\u00f3n dos catro m\u00e1is que se obter\u00edan se o concello tivera asignados 17 concelleiros, como se baraxou que pod\u00eda suceder nestas elecci\u00f3ns 2011. P\u00f3dese ver que corresponden a ordeaci\u00f3n dos n\u00fameros en vermello na t\u00e1boa de resultados.<\/p>\n<p>Nesta \u00faltima t\u00e1bo p\u00f3dese observar que co mesmo n\u00famero de votos, pero diferente n\u00famero total de concelleiros, a representaci\u00f3n cambia sen ser de xeito proporcional, tendendo a favorecer \u00f3s partidos m\u00e1is votados como se dixo m\u00e1is enrriba. Igual pasar\u00eda se o n\u00famero de cadeiras dispo\u00f1ibles fora 12, tendo quedado  nese caso UPRi cun s\u00f3 concelleiro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai xa alg\u00fan tempo que fixen unha entrada que me requeiu Suso para o seu blog, e que estar\u00e1 publicada hoxe nel. Reprod\u00fazoa hoxe aqu\u00ed como segunda entrada do d\u00eda, para ver como se reparten as cadeiras segundo o m\u00e9todo d&#8217;Hondt: Se hai 13 postos, e hai trece persoas dispostas, non debera haber problema &#8230; [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[133,13,9],"class_list":["post-7952","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions-2011","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7952","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7952"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7952\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7952"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7952"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7952"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}