{"id":7943,"date":"2011-05-25T08:11:00","date_gmt":"2011-05-25T06:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:45:17","modified_gmt":"2024-11-12T13:45:17","slug":"pospolitica-como-politica-postelectoral","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/05\/25\/pospolitica-como-politica-postelectoral\/","title":{"rendered":"Pospol\u00edtica como pol\u00edtica postelectoral"},"content":{"rendered":"<p>Unha vez que falan os n\u00fameros, as consideraci\u00f3ns pol\u00edticas soen cambiar de aspecto. Tanto en xustificaci\u00f3ns como en temas, pasando tam\u00e9n por actitude. A nivel local ou nivel estatal e m\u00e1is al\u00f3. Non importa. Estamos ante unha pospol\u00edtica, pois a &#8216;pol\u00edtica&#8217; en si, a xusto anterior, xa non ser\u00edan as relaci\u00f3ns e actividades de goberno, sen\u00f3n de consecuci\u00f3n de votos do per\u00edodo previo \u00e1s votaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Manif\u00e9stase a nivel internacional: o primeiro que fixeron &#8216;os mercados&#8217; foi desconfiar ante unha situaci\u00f3n de debilidade do &#8216;Reino de Espa\u00f1a&#8217; por &#8216;non ter clara&#8217; a situaci\u00f3n pol\u00edtica posterior. E comezaron a intervir tanto no custe da d\u00e9beda como na bolsa ou a traverso de declaraci\u00f3ns de representantes diversos para &#8216;orientar&#8217; as futuras acci\u00f3ns do actual goberno do estado.<\/p>\n<p>Manif\u00e9stase a nivel estatal, co x\u00fabilo e algarab\u00eda duns e a desolaci\u00f3n doutros m\u00e1is que coa autocr\u00edtica sobre as propias acci\u00f3ns, que a\u00ednda que poden estar relacionadas, parece moitas veces aquelo de que &#8216;os cami\u00f1os do Se\u00f1or son inescrutables&#8217; cando se entra ver a relaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Pero as votaci\u00f3ns en Ribadeo, neste caso, eran a nivel local, con derviaci\u00f3n a nivel provincial na Deputaci\u00f3n. E, a iste nivel, atopamos unha cesi\u00f3n no \u00faltimo posto: a resignaci\u00f3n da cadeira do candidato polo PSOE. Deixemos a parte do tema da correspondente autocr\u00edtica ou mesmo xustificaci\u00f3n, que polo momento, esc\u00e1panseme, non as vin, e centr\u00e9monos no feito da resignaci\u00f3n: quen pode aceptala? O segundo da lista? a terceira? Cunhas elecci\u00f3ns levadas dun xeito personalista, estando as acci\u00f3ns anteriores durante catro anos levadas da man doutra xente que non aparece no novo listado porque xa estaba desgastada, e sendo novatos en pol\u00edtica os seguintes listeros, sendo unha \u00fanica cadeira a ocupar polo grupo, e polo tanto sen apoio, a cousa est\u00e1 complicada para elixir. Tanto como que un exalcalde se sente s\u00f3, illado nunha corporaci\u00f3n que abandoou hai 16 anos, e tras cambiar de grupo, e &#8230; Neste caso sinxelamente non hai &#8216;pospol\u00edtica&#8217;, sen\u00f3n outra cousa, interna.<\/p>\n<p>No seguinte partido en votos, a UPRi, chamoume a atenci\u00f3n o feito de &#8216;morrer matando&#8217; que aparentan as declaraci\u00f3ns de quen debera ocupar a \u00fanica cadeira obtida, \u00f3 seguir atacando despois das elecci\u00f3ns a conta do gabinete de prensa o concello, que, segundo el, ser\u00eda o gabinete do BNG e ter\u00eda feito a maior\u00eda de propaganda electoral. Se considere que \u00e9 ou non certo, \u00e9 seguir na mesma li\u00f1a que levou \u00f3s resultados vistos. Autocr\u00edtica ou construcci\u00f3n do futuro non aparecen, mentras de novo aparece a comidilla no pobo sobre un posible futuro cargo, neste caso nun goberno de Cascos en Asturias. As\u00ed, que pasar\u00eda coa s\u00faa acta de concelleiro? Como son s\u00f3 dimes e direites, mellor deixalo polo momento. Pero o caso \u00e9 que tam\u00e9n aqu\u00ed hai o deserto pol\u00edtico poselectoral.<\/p>\n<p>No PP parece que se tomou o resultado cunha certa decepci\u00f3n, pero coa veci\u00f1anza \u00e1 realidade que representou unha estabilidade en votos e porcentaxe. E ca visi\u00f3n clara de que non foi que o grupo &#8216;perdera as elecci\u00f3ns&#8217;, sen\u00f3n que houbo un balance de forzas, un conxunto de perdas que foi compensada por unha ganancia do BNG sen pasar por eles. Polo dem\u00e1is, hai unha continuidade nos ditos de antes das elecci\u00f3ns e despois, configur\u00e1ndose como unha &#8216;leal oposici\u00f3n&#8217; que dir\u00edan os ingleses.<\/p>\n<p>En canto \u00f3 BNG, \u00f3 x\u00fabilo hai que sumarlle a prudencia, cousa que o pobo agradece despois de ter visto en ocasi\u00f3ns pasadas como \u00f3s alcaldes e \u00f3 equipo de goberno se lles sobe \u00e1 cabeza unha segunda victoria, e m\u00e1is se \u00e9 in crescendo, con maio\u00eda absoluta de cadeiras. Neste caso parece que a cousa poidera ser diferente a tenor das declaraci\u00f3ns iniciais. Ser\u00eda algo bo para todos, inclu\u00eddo para o alcalde, equipo de goberno e partido. Polo mome, a menos se me escapara algo, foi o \u00fanico que falou de futuro, coa aprobaci\u00f3n do PXOM na mente, e quiz\u00e1is coa claridade de que un mandato con maior\u00eda asoluta non \u00e9 s\u00f3 unha tranquilidade, sen\u00f3n tam\u00e9n unha responsabilidade.<\/p>\n<p>Despois do anterior, coido que as posturas poselectorais coinciden abondo ben co n\u00famero de votos obtidos, de xeito que mesmo se poder\u00eda dicir que os votos ser\u00eda consecuencia delas, e non \u00f3 rev\u00e9s&#8230;<\/p>\n<p>Por outra banda, a outras esferas, parece que non vai a ter os tres niveis en mans opositoras, sen\u00f3n que por pouco, a Deputaci\u00f3n vai a seguir sendo &#8216;aliada&#8217;, por unha Xunta &#8216;opositora&#8217; e un Goberno que polo momento \u00e9 &#8216;de transici\u00f3n&#8217;, cos tres adxetivos entrecomillados tanto polo que representan como polo que non deberan representar. Niveis que est\u00e1n relacionados cunha \u00faltima consideraci\u00f3n de hoxe: a econom\u00eda. Estando menos endebedado que hai uns anos, o efecto \u00e9 maior pola dificultade actual do cr\u00e9dito, e polo tanto, as relaci\u00f3ns con outros niveis de direcci\u00f3n pol\u00edtica son m\u00e1is importantes tam\u00e9n que hai uns anos. Pero coido que isto Fernando xa o sabe e tratou de aplicalo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha vez que falan os n\u00fameros, as consideraci\u00f3ns pol\u00edticas soen cambiar de aspecto. Tanto en xustificaci\u00f3ns como en temas, pasando tam\u00e9n por actitude. A nivel local ou nivel estatal e m\u00e1is al\u00f3. Non importa. Estamos ante unha pospol\u00edtica, pois a &#8216;pol\u00edtica&#8217; en si, a xusto anterior, xa non ser\u00edan as relaci\u00f3ns e actividades de goberno, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[133,13],"class_list":["post-7943","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions-2011","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7943","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7943"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7943\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7943"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7943"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7943"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}