{"id":7938,"date":"2011-05-29T13:32:00","date_gmt":"2011-05-29T11:32:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:45:02","modified_gmt":"2024-11-12T13:45:02","slug":"unha-idea-de-o-teson-comunicado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/05\/29\/unha-idea-de-o-teson-comunicado\/","title":{"rendered":"Unha idea de O Tes\u00f3n. Comunicado"},"content":{"rendered":"<p>AVV O Tes\u00f3n<\/p>\n<p>Nota de prensa<\/p>\n<p>Ribadeo, 20110528<\/p>\n<p>Unha semana despois das elecci\u00f3ns municipais, a situaci\u00f3n pol\u00edtica en Ribadeo comprende dous partidos cun s\u00f3 representante. Nun dos casos xa se propuxo publicamente dende o primeiro momento a renuncia \u00e1 s\u00faa acta da persoa electa, e no outro, \u00f3 longa da semana, xurdiron na prensa e no pobo diversas informaci\u00f3ns que fan pensar nunha variaci\u00f3n total de propostas respecto a antes das elecci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Nesta situaci\u00f3n, a directiva da AVV O Tes\u00f3n quere aportar unha idea que non \u00e9 nova, pero que polo momento non se aplicou en Ribadeo. Noutros lugares, algunha formaci\u00f3n declarou antes e despois das elecci\u00f3ns que a s\u00faa misi\u00f3n principal no consistorio ser\u00eda observar e transmitir \u00e1 cidadan\u00eda o transcorrer diario do que al\u00ed ocorre, facendo transparente a pol\u00edtica municipal. Para poder facelo dun xeito ecu\u00e1nime, ter\u00edan que complementalo co aporte da s\u00faa opini\u00f3n m\u00e1is que con tratar de tomar a iniciativa nos plenos ou a outros niveis pol\u00edticos no respectivo concello.<\/p>\n<p>De igual xeito, en Ribadeo na actualidade, e antes de que co\u00f1ezamos como se clarifica a situaci\u00f3n final destes dous partidos, consideramos que ser\u00eda bo que algunha persoa, allea \u00f3 goberno e sen exercer tampouco como oposici\u00f3n belixerante, tomara unha iniciativa semellante: o manter \u00e1 cidadan\u00eda informada do que se coce no interior do Pazo de Ib\u00e1\u00f1ez, \u00e1 espera dun regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1 que permita realmente \u00e1 cidadan\u00eda isa participaci\u00f3n que se est\u00e1 a pedir cada vez m\u00e1is \u00f3 longo do estado. Evidentemente, o exercer unha misi\u00f3n as\u00ed, implica unha obxectividade que presup\u00f3n \u00e1 renuncia dalgunhas propostas previas que se soen asumir impl\u00edcitamente nos partidos. \u00c9 dicir, unha xenerosidade de cara \u00f3 pobo de Ribadeo que pedimos a ditos partidos que te\u00f1an en conta.<\/p>\n<p>Ribadeo, a 28 de maio de 2011.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2011\/05\/nota-prensa-20110528.html\">No blog de O Tes\u00f3n<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>AVV O Tes\u00f3n Nota de prensa Ribadeo, 20110528 Unha semana despois das elecci\u00f3ns municipais, a situaci\u00f3n pol\u00edtica en Ribadeo comprende dous partidos cun s\u00f3 representante. Nun dos casos xa se propuxo publicamente dende o primeiro momento a renuncia \u00e1 s\u00faa acta da persoa electa, e no outro, \u00f3 longa da semana, xurdiron na prensa e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[133,74,13],"class_list":["post-7938","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions-2011","tag-o-teson","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7938","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7938"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7938\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7938"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7938"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7938"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}