{"id":791,"date":"2024-03-19T14:06:00","date_gmt":"2024-03-19T13:06:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T11:24:21","modified_gmt":"2024-10-23T09:24:21","slug":"a-preocupacion-das-empresas-enerxeticas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/03\/19\/a-preocupacion-das-empresas-enerxeticas\/","title":{"rendered":"A preocupaci\u00f3n das empresas enerx\u00e9ticas"},"content":{"rendered":"<p><span>A preocupaci\u00f3n das empresas enerx\u00e9ticas<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Falar de xeito xeral sobre un tema leva consigo que se podan escapar particularidades, \u00f3 tempo que permite trazar as li\u00f1as m\u00e1is claras f\u00f3ra desas excepci\u00f3ns. Coido que hai que ter iso en conta \u00f3 facer unha an\u00e1lise, por lixeira que sexa, dunha cita que atopei hai pouco nun xornal de difusi\u00f3n en Galicia. Traducida do castel\u00e1n, ser\u00eda: &#8220;<em>O autoconsumo e as medidas de eficiencia enerx\u00e9tica est\u00e1n baixando a demanda e isto comeza a preocupar \u00e1s empresas enerx\u00e9ticas<\/em>&#8216;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Cabe lembrar que as empresas enerx\u00e9ticas (polo menos, as grandes) levan tempo sendo subvencionadas e protexidas institucionalmente de diversos xeitos; en teor\u00eda, en base \u00f3 seu lugar estrat\u00e9xico na produci\u00f3n e consumo de calquera tipo de ben. Cabe lembrar que ditas empresas son das m\u00e1is beneficiadas por apa\u00f1os regulamentarios como a definici\u00f3n tarifaria. E cabe lembrar tam\u00e9n que est\u00e1n afeitas a cooptar pol\u00edticos nos movementos de &#8216;portas xiratorias&#8217; de todas as cores, formando \u00f3 tempo tanto un importante grupo de presi\u00f3n tanto a nivel europeo como, sobre todo, estatal, como un bosque de tarifas, redes empresariais e contactos con bufetes de avogados que fan que o cumprimento das s\u00faas obrigas coa xente e a s\u00faa relaci\u00f3n co fisco sexa &#8216;flu\u00edda&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Quen non tivo enfrontamento alg\u00fan cunha empresa enerx\u00e9tica? A dependencia de abastecemento, xunto coa desproporci\u00f3n de potencia econ\u00f3mica e recursos en xeral deriva nunha relaci\u00f3n que se pretende de submisi\u00f3n do consumidor fronte \u00e1 empresa distribuidora e en conxunto, \u00f3 conglomerado empresarial que controla a enerx\u00eda dende a s\u00faa produci\u00f3n ata o interior mesmo das nosas casas. Sen contar coa cantidade de xente que observou irregularidades nas facturas e nin reclamou ou non foi m\u00e1is al\u00f3 dos primeiros pasos (onde che din como resposta &#8216;si, \u00e9 as\u00ed, temos raz\u00f3n&#8217;, sen nin considerar os feitos), alg\u00fans fixemos a reclamaci\u00f3n, despois de varias idas e vidas, d\u00e9ronnos a raz\u00f3n, m\u00e1is adiante dun ou outro xeito restitu\u00edron os cartos en parte&#8230; Pero non me decato de co\u00f1ecer ningu\u00e9n a quen lle restitu\u00edran todos os cartos (inclu\u00eddos custes que &#8216;eles&#8217; cargan por operaci\u00f3ns das que non tes culpa), nin demoras, nin moito menos, restituci\u00f3n por prexu\u00edzos&#8230;<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E agora, despois de instigar \u00f3 goberno a, na pr\u00e1ctica, ter licenza para apropiarse dos excedentes de autoproduci\u00f3n dos particulares se queren ter conexi\u00f3n \u00f3 sistema el\u00e9ctrico, de crear complexas redes para ter impunidade na nova instalaci\u00f3n de artefactos de produci\u00f3n a partir de fontes renovables, despois de estimular a demanda en contra das petici\u00f3ns da terra que non quere ser espoliada nin contaminada, despois de ganancias que cada ano marcan un novo m\u00e1ximo, comezan a preocuparse porque est\u00e1 baixando a demanda. M\u00e1is a\u00ednda cando en pleno aumento do parque de veh\u00edculos el\u00e9ctricos, ou dos aparellos de aire acondicionado, ou do tama\u00f1o dos televisores, non parece que, se a baixada \u00e9 real, non sexa m\u00e1is que conxuntural ou localizada.<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Agora, \u00e9 hora de lembrar o que puxen \u00f3 comezo. Pregunto: excepci\u00f3ns? E tam\u00e9n: quiz\u00e1is se poidera ama\u00f1ar con empresas comunitarias ou p\u00fablicas? Ou, volvendo \u00e1 cita que fixen, \u00e9 tan malo que se consuma menos?<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A preocupaci\u00f3n das empresas enerx\u00e9ticas &nbsp;&nbsp;&nbsp; Falar de xeito xeral sobre un tema leva consigo que se podan escapar particularidades, \u00f3 tempo que permite trazar as li\u00f1as m\u00e1is claras f\u00f3ra desas excepci\u00f3ns. Coido que hai que ter iso en conta \u00f3 facer unha an\u00e1lise, por lixeira que sexa, dunha cita que atopei hai pouco nun [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9],"class_list":["post-791","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/791","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=791"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/791\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=791"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=791"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=791"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}